domingo, 30 de noviembre de 2014

TARARÍ QUE TE VIH


Mañá conmemórase o DIA MUNDIAL CONTRA A SIDA. Compartimos con vós este recurso didáctico, por se vos resulta de interés para a aula, sobre a problemática da sida desde unha perspectiva global e pluridisciplinar. Está dirixida a alumnos de 1º de Bacharelato, pode ser utilizada para tratar o tema da SIDA en tItoría e en Bioloxía noutros cursos da ESO.
unidade divídese en cinco secuencias didácticas.
1.- Aproximación á problemática das pandemias a través da película “And the band played on” Roger Spottiswoode.
2.-  Visualización comentada de catro vídeos da sección “¡Hacia la erradicación del sida!” do portal educativo europeo sobre investigación biomédica de vangarda Xplore Health.
3.-  Profundización no tema da SIDA desenvolvendo catro traballos en grupo para obter unha visión integral da SIDA.
4.-  Desenvolvemento do xogo “Tararí que te VIH” realizado polos axentes de saúde do Centro Penitenciario de Monterroso en Lugo.
5.- Debate sobre como previr a infección por VIH, o acceso ao tratamento e como evitar o estigma
e a discriminación das persoas infectadas a partir da análise de varias afirmacións e situacións que se presentan no xogo sobre cuestións sociais e éticas relacionadas co VIH e a SIDA.

Fuente: Educa Barrié

CORTOS E OUTROS RECURSOS ( Fuente: educarex.es)

"Cortos que animan" É unha orixinal e innovadora campaña de prevención de VIH dirixida aos xóvenes.


"Sexteen"
Diario de Juan "Historia intima de VIH"
Alejo y Valentina "School Project"  

CONTO INTERACTIVO: COMIENDOTE A BESOS

miércoles, 26 de noviembre de 2014

ENREDADAS NO MEDO: TRABALLANDO DENDE AS AULAS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste día faise máis necesario que nunca recordar a importancia de levar a cabo accións que fomenten a igualdade de xénero e axuden a previr a violencia.

No CPI de Panxón realizamos durante esta semana actividades coas que tratamos de  eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario. 
A continuación achegamos algúns dos resultados que tiveron as nosas propostas para previr a violencia de xénero dende a escola.

5º e 6º de Primaria: ENREDADAS NO MEDO


1.- A partir dunha exposición de fotos estabrecemos un coloquio sobre o tema:

2.- Investigamos nos medios de comunicación

3.- Puxemos en común  noticias que trouxemos a clase e as clasificamos en diferentes tipos de violencia
4- Deseñamos a nosa fotografía
5.- Realizamos as  fotografías
e....... o resultado foi a seguinte exposición, enhoraboa  polo voso traballo 



domingo, 23 de noviembre de 2014

martes, 11 de noviembre de 2014

RECOMPILACIÓN DOCUMENTAIS VIOLENCIA DE XÉNERO

                                                                     
 Documentos TV – Mamá, duérmete que yo vigilo


RECOMPILACIÓN CINE PARA REFLEXIONAR: 17 PELÍCULAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Material moi útil sobre o Cine e a Violencia de Xénero editado pola Fundación 1º de Maio e con Trindad Núñez Domínguez e Yolanda Troyano Rodríguez como coordinadoras. Neste traballo podes encontrar un gran número de películas para traballar o tema a través do cine.

PROPOSTA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA, 1º E 2º DE ESO: VIOLENCIA DE XÉNERO

 I CONCURSO FOTOGRÁFICO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

1. Consolidar actitudes positivas cara a igualdade entre homes e mulleres.

2. Desenvolver accións preventivas para evitar situacións de discriminación e violencia contra a muller.

3. Lograr o desenvolvemento das Competencias básicas:  tratamento da información, a comunicación, a autonomía persoal, a cidadanía e a expresión artística.

4. Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE: 
  • DOCUMENTO GUÍA PARA O ALUMNO

  • A partir dunha exposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha chuvia de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:
    •  Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas? 
    • Que entendemos por violencia? 
    •  Parecenos importa xeitar a violencia?
    •  Hai distintas clases de violencia? 
    • Por que cren que é necesario un día conmemorativo contra a violencia á muller?





  • 2-   Investigamos nos medios de comunicación
    • Propoñeremos os nosos alumnos e alumnas que traian para a seguinte sesión noticias nas que se reflicta algunha forma de violencia. complementaráse con outras noticias de prensa variadas que poden obterse en Internet ou ser achegadas polo profesor ou profesora.
    3- Posta en común das noticias e clasificación en diferentes tipos de violencia
    ·         Cada alumno ou alumna presentará á clase a noticia que trouxo. Entre todos as clasificaremos en diferentes tipos de violencia, colgándose despois nun panel, destacando como unha das categorías a violencia contra a muller.
    4- Deseño da fotografía
    • Cada un dos equipos tomará as decisións necesarias para o deseño da súa fotografía: intención comunicativa, ambientación, escena, situación, expresión de emocións, mensaxes implícitas, etc., así como a organización de recursos materiais e persoais. Recollerán os acordos alcanzados nunha acta do grupo.
    5- Realización da fotografía
    • Cada un deles elixirá un espazo do centro para a escenificación da mensaxe e fará varios ensaios coa cámara de fotos ou co teléfono móbil. 
    • Finalmente prepararán un lema e un texto explicativo da fotografía do seu grupo.
    5.-  Exposición das fotos nalgún lugar visible do centro

  • Actividade adaptada do programa Educar para a igualdade que desenvolve o Goberno de Canarias

  • PROPOSTA DE TRABALLO 3º E 4º PRIMARIA: VIOLENCIA DE XÉNERO

    PROPOSTA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

    O conto " Hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa? traballa os estereotipos e roles de xénero. 

    Para ler o conto pincha na imaxe.

    Podemos escoitalo no seguinte enlace: hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa?

    Grazas á Plataforma da Infancia e a Elena Zapico e Tamara Corral, podemos desfrutar deste conto en Lingua de signos. (é interesante facer unha visualización )




    Deste conto fisoxe unha segunda edición e nela a súa autora, Raquel Díaz, ofrecenos a ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos sonos, desexos e aspiracións da princesa.



    - Despois da lectura do conto podemos facer un debate na clase, as observación e as opinións do alumnado seguro que nos sorprenden.

    - No seu Blog Raquel Díaz, proponnos elaborar un atrapa sonos porque todos podemos ser o que queiramos ser, e soñar espertos é o primeiro paso para conseguir o soñando...


    PROPOSTA 4 EDUCACIÓN PRIMARIA: 
    • A partir dunha exposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha choiva  de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:
      •  Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas? 
      • Que entendemos por violencia? 
      •  Parecenos importa xeitar a violencia?
      •  Hai distintas clases de violencia? 
      • Por que cren que é necesario un día conmemorativo contra a violencia á muller?
    • Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as, Cada alumno/a debuxa a súa man e as accións positivas que podemos facer con elas e o mesmo coa boca, debateran sobre a resolución de conflitos, as diferenzas de xénero.
    • Material a empregar
    •  
    •  O resultado do traballo pode ser un mural similar ao seguinte.
    Proposta tomada de Kika Fumero e Amaya Díaz

    PROPOSTA DE TRABALLO: 25 dE Novembro 1º E 2º DE EDUCACION PRIMARIA

    PROPOSTA 1: CONTO ARTURO E CLEMENTINA (2º EP)


    Adela Turín escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade. Apoyaremosnos nel como guía para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero.

    Para a sesión utilizaremos:

    - O vídeo do conto relatado e adaptado por Beatriz Montero, gravado no espazo Cuentacuentos do programa infantil La Merienda.



    O conto en si, podemos velo a través do ordenador ou da pizarra dixital. (subido a rede por Isabel Nieto



    Arturo y Clementina from isabel Nieto

    O libro orixinal, pódese solicitar na Libraría "Libros para soñar" en Vigo.


    Despois de ver o vídeo ou facer a lectura do conto, falaremos co alumnado das impresións e sentimentos que lles xurdiron. Reflexións sobre a historia de Arturo e Clementina:

    Como é Clementina?
    Por que cren que Clementina non era feliz?
    Como é Arturo?
    Se fosen Clementina, Que farían no seu lugar?
    Que lles parece o final do conto? Esperaban que rematase así?
    Que é o que máis lles gustou da historia?
    Que cren que aprendemos con esta historia?

    Posibles actividades a realizar despois das reflexións: 


    - Manualidades: Creación dos personaxes para representar o conto e empatizar cos sentimentos destes. En cada enlace explícase o paso a paso para realizar esta manualidade.


    TARTARUGAS CON BOTELLAS DE PÁSTICO E CARTULINA



    TARTARUGA FEITA CON CARTÓN DE OVOS


    - Realizar un debuxo que represente o máis significativo da historia para o noso alumnado.

    - Por grupos ou ben de maneira individual pedirémoslle ao alumnado que reescriban a historia e o comportamento dos personaxes para favorecer a igualdade entre xéneros e o bo trato.

    - Continúa a historia: Por grupos ou ben de forma individual pedirémoslle ao alumnado que continúe a historia, Que terá pasado con Clementina? Que estará a facer? Como se sentirá? Que pasou con Arturo? ... Poden ilustrar a súa historia, relatala como un novo conto, un cómic, etc.

    - Analizamos os sentimentos e comportamentos dos personaxes: Dividimos o alumnado en pequenos grupos e a cada un deles entregámoslle unha ficha cunha das frases do conto para que debatan sobre ela e escriban a súa opinión de forma xustificada.





    PROPOSTA 2: CONTO ROSA CARAMELO 1º EP

    Poderemos traballar o sexismo de mans do conto Rosa Caramelo de Adela Turín, Investigadora italiana afincada en Francia, cofundadora da asociación non gobernamental Du Coté des Filles.

    Poden gozar desta historia a través da versión flash do conto picando na imaxe




    Guia de lectura; Rosa Caramelo

     
    Rosa Caramelo from guest67eb21

    Webquest elaborada por M. Rocío Cabanillas Magro, mestra do CEIP “Alcalde J.J.Rebollo”, para realizar actividades a o longo de cinco ou seis sesións.


    - Mural sobre o conto
    -Mural sobre xogos sexistas e no sexistas
    - Realización de Manualidades
    En blanco y negro,Plantilla II en blanco y negroPlantilla en colorI, Plantilla II en color

    Máscaras de elefantes de cores: Pica na imaxe para ver esta manualidade paso a paso en Krokotak.




    Resumen do conto



    As actividades son adaptadas das deseñadas por Kika Fumero e Amalia Padilla

    sábado, 8 de noviembre de 2014

    MEDOS INFANTÍS E LITERATURA

    Interesante recopilación de Isabel Bermejo sobre a temática do MEDO:

    - LOS MIEDOS Y EL APRENDIZAJE DE LA VALENTÍA: José Antonio Marina,

    Contén un caderno con actividades para facer cos nenos. Enlazo o libro coa web do autor:


    Artigos e monografías sobre o tema:

    O medo nos nenos e as súas características, da páxina Familia ecole.

    O medo na Literatura infantil, interesante artigo sobre "Contos de medo e personaxes terroríficos, son recomendables? " de Paula Mara Moreno, publicado na revista Suite101

    O coco e o medo no neno, de Francisco Cillán Cillán, Revista Folclore, Fundación Joaquín Díaz, Deputación de Valladolid. Descargar o artigo AQUÍ (hai outro artigo antes deste)

    Un fantástico monográfico da Fundación 
    Germán Sánchez Ruipérez:

    Textos sobre personaxes de medo, para ler, debuxar, aprender e traballar coas nenas e nenos, de Carmen Gil, no Portal de Literatura Infantil.





    viernes, 31 de octubre de 2014

    EDUCACIÓN EMOCIONAL: DI O QUE SENTES

    Di o que sentes é un itinerario deseñado para explorar a dimensión emocional do neno en particular e de calquera persoa en xeral permite que aprendan a identificar as súas emocións, a expresalas e a xestionalas de forma saudable. Consta de cinco compoñentes:


    1.- Emocionario: O diccionario de emocións  é unha proposta para traballar aCompetencia emocional describe, de maneira  sinxela, corenta e dous estados emocionais para que o neno (e o adulto) aprenda a identificalos e, así, poida dicir o que realmente sente. 



    2.- A Guía de explotación lectora é un instrumento de apoio para pais, profesores e educadores. Nela ofrécense pautas de lectura para adaptar o contido do Emocionario a persoas de distintas idades e para empregalo en diferentes contextos. Ademais, propóñense formas de combinar o uso do Emocionario co Diario da gratitude e as Fichas de actividades.

    3.- FICHAS DAS ACTIVIDADES

    4.- OBRADOIRO SOBRE EMOCIÓNSbaseado no Emocionario
    Ficha do obradoiro :Ficha
    Guía do obradoiro:Guía
    Material gráfico:1 - 2 - 3 - 4
    Material adicional:Definición 1
    Definición 2
    Definición 3
    Recapitulación
    Diploma:Diploma







    5.- DIARIO DA GRATITUDE

    Libro-caderno no que se pode escribir o que se sente cada día e, tamén, que motivos atopamos para estar agradecidso. Contén, ademais, unha animación gráfica e oitenta e cinco frases motivadoras.

    FONTE: Palabrasaladas

    jueves, 30 de octubre de 2014

    CONTOS INTERACTIVOS PARA FOMENTAR A LECTURA

    Dende Educación 3.0 fan unha proposta moi interesante para fomentar a lectura no alumnado consistente en optar pola utilización de contos interactivos nos que se combinan textos e elementos visuais, así como exercicios e actividades para que o alumnado se implique nas tramas narradas. Se picades na imaxen podedes acceder aos,  diversos contos interactivos que non propoñen e a  varias aplicacións gratuítas para iOS e Android dirixidas aos estudantes de Primaria.



    martes, 28 de octubre de 2014

    TIPOS DE ACOSO ESCOLAR

    Interesante artículo de Santiago Moll sobre os tipos de acoso escolar no seu BLOG, esta clasificación ven acompañada dun pequeno vídeo dirixido ao alumnado no que en pouco mais de 100 segundos plasma os diferentes tipos de acoso.

    CONTO PARA TRABALLAR O RESPETO. El reloj de las burlas

    Con este conto educativo preténdese traballar na aula o valor do respeto.


    Desgraciadamente está máis de moda o ser duro e agresivo co resto dos/as compañeiros/as que ser amable e recoñecer as virtudes e achegas dos/as demais.



    Neste conto pódese reflexionar sobre a importancia do respecto nas relacións cos/as demais


    Publish at Calameo or read more publications.


    Cuestionario para traballar:

    Por que se para o reloxo?
    Cres que as relacións nas que non hai respeto tamén morren?
    Como arranxa Agnes o reloxo?
    Por que non se preocupan cando empezan a rir do cuco?
    Riches algunha vez dos/as demais pensando que estabas a salvo?
    Gustaríate que se recoñecese máis o que fas polos/as demais?
    Por que está avergonzada a agulla minuteiro?
    Cal crees que pode ser o final da líder dun grupo que a súa estratexia consiste en que non haxa respeto cara aos máis débiles?
    Explica por que o respeto é como o aceite nas relacións.
    Propón unha acción na túa aula que faga que todo o mundo sexa recoñecido polas súas achegas ao grupo.

    Fonte: JonHernandez

    domingo, 26 de octubre de 2014

    CONTOS PARA TRABALLAR A EDUCACIÓN EMOCIONAL

    Educar a intelixencia emocional dos nosos alumnos/as converteuse nunha tarefa necesaria no ámbito educativo, traballando a educación emocional axudamos aos nosos alumnos/as a ser pacientes, participativos, empáticos, aprendendo a recoñecer e regular as súas propias emocións.

    Os obxectivos que se intentan conseguir co traballo sobre educación emocional na aula, son os seguintes:
    -Favorecer o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
    -Construír unha actitude empática como base da solidariedade.
    -Sentir pracer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
    -Afianzar o desenvolvemento da linguaxe.
    -Desenvolver conceptos matemáticos.
    -Adquirir vocabulario emocional.
    -Identificar as propias emocións e sentimentos.
    -Recoñecer os sentimentos e emocións dos demais.
    Os contos están deseñados para facilitar o dialogo cos nenos e nenas sobre temas educativos que é importante tratar preventivamente xa dende a infancia. O conto, é un marco de xogo que se adapta á linguaxe e o xeito de pensar.
    A continuación recollo unha serie de contos para que traballar a educación emocional na aula.


    Educación Infantil: 0 a 6 anos.

    1. O Peixe Arcoiris

    Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano, coas súas preciosas escamas de mil cores. Pero a pesar da súa beleza séntese moi só. Por que os demais peixes non queren xogar con el? Un libro belamente ilustrado que nos ensina a importancia de saber compartir.






    2. Cando estou enfadado
    Os nenos necesitan saber que o enfado é un sentimento normal, sempre que non se faga dano a ninguén e Elena Ballesteros nos presenta o conto Cuando estou enfadado que nos axudará a xestionar o enfado na aula.



    3. Miedo





    4. Paula e o seu pelo multicolor.

    Conto co que poderemos traballar as emocións: alegría, enfado, medo e tristura.A través dos cambios do pelo de Paula o lector visualmente vai identificando as emocións que sente. Ao mesmo tempo explícase o que provoca esa emoción, que o fai sentir e que debe facer para enfrontala.





    Educación Primaria: 6 a 12 anos

    1. Un bico antes de almorzar. Raquel Díaz Reguera.
    Cada mañá, unha nai dá un bico de despedida á súa filla antes de irse a traballar. Pero un día ese bico, revoltoso, sae por aí e cámbiao todo: unha veciña refunfuñona comeza a sorrir, os paxaros énchense de cores e as árbores énchense de froitos. Unha historia coa que se poderá traballar o mundo emotivo dos nenos, a tenrura e a capacidade para dar e recibir cariño.




    2. Gustavito, el Superdeditos
    Proxecto de conto musical para traballar no segundo ciclo de Ed. Primaria a relación entre a música e as emocións, a importancia de saber identificalas e xestionalas, e incidir especialmente en dúas delas, o autocoñecemento e a autoestima.




    3. A Flor Más Grande del Mundo
    Nun mundo onde prevalece o egoismo a falta de solidariedade de amor á vida en calquera das súas formas, o conto destaca os valores esenciais, e o que teñen de xigantes os pequenos actos solidarios, aquilo que nos fai verdadeiramente grandes. Pero ademais, a viaxe que fai o neno pode intepretarse como unha viaxe interna onde este busca dentro seu aquilo que lle axudará a crecer e a darlle un sentido á súa vida, e a súa infancia será sempre aquel lugar para reencontrarse co mellor de si.

    José Saramago




    4. El  Monstruo de los Colores
    Coñeces as túas emocións? Este é o vídeo do conto "O monstro de cores", ideal para traballar as emocións na aula.





    Educación Secundaria: 12 a 18 anos

    1. Palabras no aire. Sylvain Vincendeau




    2. El  Arbol Umdoni
    No corazón de Sudáfrica, Nandi e a súa filla Mbali viven soas e traballan moi duro nos campos. Un día, a súa rutina verase interrompida por algo que lles cambiará a vida para sempre...



    3. Oktapodi conta a historia de 2 polbos namorados, que un día son separados. A femia é adquirida por alguén que traballa nun restaurante de mariscos. Isto leva o macho nunha grande aventura para rescatar a súa parella. Fará de todo por volver coa súa amada


    Outros enlaces de interés para traballar a Educación emocional

    sábado, 25 de octubre de 2014

    Guía práctica para explicar a Identidade de xénero e a Orientación sexual para peques e persoas con diversidade funcional

    Nesta pequena guía tratanse temas como:

    1.- Presentación: pequena dinámica para comezar o taller

    2.- O sexo biolóxico: fala sobre os nosos corpos e como nos asignan un sexo. o respecto á diversidade.

    3.-  temas como a intimidade, a prevención de abusos sexuais, de violencia de xénero, o bo trato nas parellas...

    4.- A identidade de xénero, a transexualidade: explicanse os conceptos e aproveitase para falar de roles de xénero asignados, dos dereitos das persoas transexuais...

    5.- A Orientación sexual: 

    Materiais:

    - Powerpoint

    - Explicación práctica e dinámicas da Guía Identidade de xénero e Orientación sexual

    - Anexos ás actividades
      - Ficha 1 
      - Ficha 2
      - Ficha 3
      - Ficha 4


    Fonte: Orientación Condesa

    viernes, 17 de octubre de 2014

    MAMÁ SE VA A LA GUERRA: DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA III

    Este é un conto nacido dende o corazón e do amor, que con tenrura e sentido do humor achegará luz a moitas persoas.
    Érase unha vez un reino gobernado por unha raíña querida e respetada, que recibe a terrible noticia de que o seu territorio foi invadido. Ela é unha muller valente e decidida, á que nada asusta, polo que estará disposta a afrontar esta loita con tesón. Haberá que pelexar duro, gañar moitas batallas, pero ela non está soa, conta con dous príncipes dispostos a defendela de calquera perigo e o mellor equipo de aliados.
    Esta conmovedora metáfora sobre a enfermidade do cancro, foi fraguada por Irene Aparici para explicarlles aos seus fillos de 10 e 12 anos que remataban de dignosticarlle cancro de mama, preparándoos para o que lle quedaba por pasar sen asustarlles. Conta Irene que o que se vive no conto é unha representación do que a súa familia vive, e que o día que reuniu a súa familia, os seus fillos e o seu exmarido, para darlles a noticia, utilizou a súa mellor arma, a "confianza e á palabra", utilizando unha linguaxe que puidesen comprender e que lles proporcionase seguridade. "Eu son partidaria de non lles mentir, e así acordámolo a miña ex parella e eu dende o principio. Intentamos modular a verdade ao seu nivel para que fose comprensible para eles; pero sen mentirlles"

    Mamá se va a la guerra saíu á luz por un cúmulo de casualidades e grazas ao exército de amigos que ten Irene, cos que mantén unha comunicación fluída a través do seu blog persoal Efecto Luminoso.
    Un conto cheo de valentía, solidariedade, pero sobre todo, de esperanza. Está editado por Cuento de Luz







    De interés:
    Institucións Relacionadas:
    Moi Interesante: 
    Sete Relatos sobre Cáncro de Mama. Material Interactivo da AECC
       Irene Aparici transformou a súa dura realidade en enerxía positiva. A ela e a todas as mulleres valentes que afrontan esta dura enfermidade, dedicamoslles esta preciosa canción.