miércoles, 28 de mayo de 2014

REQUISITOS ACADÉMICOS DAS BOLSAS XERAIS DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN

Fuente: Mónica Diz
Se estás a estudar e vas solicitar unha bolsa para o próximo curso académico, debes coñecer o antes posible cales son os requisitos académicos mínimos para poder obtela.

Consulta aquí os requisitos académicos mínimos para conseguir a Bolsa xeral do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Recorda que o prazo da última convocatoria foi do 20 de agosto ao 30 de setembro, de 2013.

INFORMACIÓN OBTIDA DE: Web dudasbecasmec.com

Para Bacharelato

1º de Bacharelato: Esíxese un 5,5 de nota media en 4º de ESO para optar a todas as bolsas. Todas as materias contan igual para a media.

2º de Bacharelato: Podes ter bolsa se pasas só cunha suspensa de todas as de 1º. Se aprobas todas tes bolsa seguro.

Para FP Medio
1º de FP medio: esíxese un 5 no curso anterior, xeralmente 4º de ESO, aínda que pode ser outro. Todas as materias contan igual.

2º de FP media: Podes ter bolsa se pasas só cunha suspensa de todas as de 1º. Se aprobas todas tes bolsa seguro.

Para FP superior:
1º de FP superior: esíxese un 5,5 no curso anterior, por exemplo, en segundo de bacharelato ou en 2º de FP medio. Todas as materias contan igual.

2º de FP superior: Podes ter bolsa se pasas só cunha suspensa de todas as de 1º. Se aprobas todas tes bolsa seguro.

A partir de aquí, distinguiremos das bolsas pola matrícula (aquela que paga os créditos de 1º matriculación, non os que repitas, pero que o MEC ingresa á universidade) da bolsa monetaria (aquela que leva consigo un ingreso na túa conta de diñeiro por calquera concepto).

Para acceso á UNIVERSIDADE:

Dende Bacharelato:

Para ter bolsa de matrícula debes ter un 5,5 na media que se realiza coa cualificación da parte xeral de selectividade (40%) e a media de todo o bacharelato ( 60%). Non conta a parte específica en ningún caso.
Para a bolsa monetaria debes ter un 6,5 de media como describimos no punto anterior.

Dende FP superior e outros:

Para bolsa de matrícula debes ter un 5,5 da nota coa que accedes á universidade, é dicir, coa que rematas o FP (normalmente dous anos). A media realízase tendo en conta as materias, o número, non as horas de cada unha.
Para a bolsa monetaria debes ter un 6,5 de media como describimos no punto anterior.
No caso de que teñas tanto FP superior coma Selectividade, a nota que se terá en conta é aquela coa que accedas á universidade (presentarás unha ou outra á hora de inscribirte). É algo que o MECpregunta á universidade sen que ti interveñas en nada cando presentas a bolsa. Por iso convenche entrar coa que sexa máis alta.

Para 2º de carreira e seguintes cursos:

Para bolsa de matrícula débese aprobar as seguintes porcentaxes, sen ter en conta a nota media:

90% - Artes, humanidades, ciencias sociais e xurídicas.
80% - Ciencias da saúde
65% - Ciencias, enxeñarías e arquitecturas.

Para bolsas monetarias, podes cumprir unha das dúas seguintes opcións (unha ou outra):
1º opción, sen ter en conta a nota media, debes aprobar:
100% créditos - Artes, humanidades, ciencias sociais e xurídicas, ciencias da saúde e ciencias.
85% créditos - Enxeñarías e arquitecturas.
2º opción (se non cumpres a anterior), as porcentaxes baixan, pero esíxese nota media:
90% e 6,5 de media - Artes, humanidades, ciencias sociais e xurídicas.
80% e 6,5 de media - Ciencias da Saúde
80% e 6 de media - Ciencias
65% e 6 de media - Enxeñarías e arquitecturas.

Anotacións importantes ao respecto:
  • A media faise de forma ponderada (por número de créditos) con só as materias aprobadas, non coas suspensas. Ao final deste artigo tedes unha ferramenta que vos axuda a calculala.
  • Os créditos que se contan son todos menos os validados (os de libre elección si contan) onde dá igual que sexan de distintos cursos, por exemplo, dúas materias de segundo e todas as demais de terceiro. O número de créditos é o que importa.
  • Aquelas materias ás que non te presentes contan como suspensas, pero non che van quitar a bolsa polo feito de presentarte ou non, senón polos % esixidos. Non obstante, xa sabes que para a media só conseguen as aprobadas, polo que as non presentadas non contan.
  • Se, por exemplo, esixen un 6,5 e o teu tes un 6,48 é moi probable que cha deneguen pero non imposible, polo que presenta sempre a bolsa.

Para os de Máster.
  • 1º de Máster: Tanto para a bolsa de matrícula como a monetaria, se esixe ter aprobado o 100% de créditos da carreira coa que se accede e ter sacado un 7 de media na carreira no caso de másteresque non habilitan para o exercicio profesional e un 6,5 daqueles que si habilitan.
  • 2º de Máster: Esíxese un 7 de media en 1º de Máster e o 100% no caso de que sexa un máster que non habilite para unha profesión regulada, en cambio esta media baixa a un 6, pero mantense o 100% de aprobado, nos másteres que habiliten para unha profesión regulada



miércoles, 14 de mayo de 2014

GUÍA DE DIFICULTADES DE APRENDIZAXE RELACIONADAS COA LECTURA

A Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais do Alumnado (CEAPA) ten Editado a Guía de Dificultades de Aprendizaxe Relacionadas coa Lectura (...)

Vía Alberto del Mazo:
 Recomendada Por La psicóloga @ María del Camino

Enlace directo á Guía, editada en decembro de 2013.