viernes, 21 de diciembre de 2012

BO NADAL

A todos os que nos seguides, dende o Departamento de Orientación desexamosvos unhas moi felices festas e un venturoso Ani Novo.






jueves, 13 de diciembre de 2012

PROTOCOLO DE INCAUTACIÓN DE SUSTANCIAS ILEGAIS

Seguro que nalgunha ocasión ao longo dos anos de profesión detectamos consumo ou circulación de sustancias ilegais no noso entorno educativo, e nestas ocasión tivemos dúbidas acerca de como actuar ou si os procedementos que seguimos serían os máis adcuados. Pois ben, o Goberno de Extremadura acaba de publicar un PROTOCOLO de ACTUACIÓN  a seguir nestes casos que pode servirnos de modelo cando nos atopemos con estas situacións.

AVANZA EN TU CARRERA

Novo portal sobre formación superior. Asesora sobre a búsqueda de estudos e traballo. . AVANZA EN TU CARRERA é un portal de formación de INFOEMPLEO que ofrece información sobre distintos tipos de cursos e estudos, especialmente os superiores. Contén información sobre cursos de FP, formación universitaria de grado....  Tamén hai moita información sobre cursos privados, centros educativos e de formación, distintos estudos, saídas profesionais, oposicións,…
Unha vantaxe é que se pode seguir a información e as novidades dende a súa pàxina oficial, blogfacebooktwitter,…
Destacan alguns especiais que editan periódicamente e, sobre todo, os vídeos sobre o desenvolvemento profesional na sección de AvanzaTV.

SALÓN DE ORIENTACIÓN UNIVERSITARIA EN VIGO


NO PALACIO DE CONGRESOS DO MAR DE VIGO O DÍA 18 DECEMBRO DO 2012 DE 9:30 a 13:30 e de 15:00 a 16:30

Centros Participantes
 · BAU, Escuela Superior de Diseño de Barcelona
 · CESUGA - University College Dublin (La Coruña)
 · CUNEF
 · ELISAVA Escuela Superior de Diseño e
   Ingeniería de Barcelona
 · ESADE
 · Escuela de Negocios Novacaixagalicia
 · ESIC Business & Marketing School
 · IE University
 · Les Roches International School of
   Hotel Management
 · Nebrija Universidad
 · SHMS Swiss Hotel Management School
 · Universidad Alfonso X El Sabio
 · Universidad Camilo José Cela
 · Universidad Católica de Ávila
 · Universidad CEU San Pablo
 · Universidad de Deusto
 · Universidad de León
 · Universidad de Navarra
 · Universidad de Oviedo
 · Universidad de Salamanca
 · Universidad de Vigo
 · Universidad Europea de Madrid
 · Universidad Europea Miguel de Cervantes
 · Universidad Pontificia Comillas
 · Universidade da Coruña
 · Universitat Internacional de Catalunya
 · Villanueva Centro Universitario


ESTAMOS A TEMPO


Moitos nenos e nenas reciben montóns de xoguetes nesta época do ano. Sen embargo, hai outros nenos que non poden desfrutar do seu regalo de Reyes pola falta de recursos económicos da súa familia. Sabías que a pobreza infantil tradúcese nunha falta de oportunidades e exclusión social nun futuro? 

Este Nadal… gustaríanos que todos os nenos tiveran o seu xoguete e que puideran desfrutar do seu dereito a xogar, desfrutar e soñar!

Neste mapa atoparedes diferentes empresas, entidades ou grupos de persoas que fan recollida de xoguetes. Aínda estás a tempo de levar xoguetes en bon estado ou novos a algunha destas direccións.
Se na túa familia hai pequenos explícalles porque é importante que todos os nenos teñan o seu xoguete en Reis …Tamén podes pedirlle que escolla un xoguete que xa non utiliza e que te acompañe a facer a doación. 
Tratase de facer un pouco de xusticia e ofrecer solidaridade e xenerosidade gratuita.


Ver ¿Dónde puedo donar juguetes cerca de mi casa? en un mapa más grande

Tamén podes facer as túas doacións en ONGs como Cáritas, Cruz Roxa... 

jueves, 6 de diciembre de 2012

OPERACIÓN QUILO

Xa quedan poucos días para rematar a campaña deste ano de recollida de alimentos, que entregaremos ao Banco de alimentos dos servizos sociais do Concello que traballan con persoas desfavorecidas. Tratamos con isto de fomentar no alumnado os valores de solidariedade e de axuda, mais necesarios que nunca nestes tempos nos que a CRISE afecta xa a moitas familias que sofren por iso grandes dificultades.

IMOS MOI BEN E A RESPOSTA ESTÁ SENDO MOI POSITIVA PERO NECESITAMOS MÁIS, SABEDES QUE O OBXECTIVO É AO MENOS 1 KG POR FAMILIA.

REMATAMOS O DÍA 12 AS 13:00 
NON VOS ESQUEZADES¡¡¡¡ GRAZAS


TRABALLOS ALUMNADO VIOLENCIA DE XÉNERO

SECUNDARIA
1º ESO



Open publication - Free publishing


PRIMARIA
 1º de EP : As súas apreciacións nun mural.


25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A violencia de xénero é a máxima e máis cruel manifestación da relación de desigualdade entre homes e mulleres na sociedade. É un problema social de primeiro nivel e por desgracia de máxima actualidade. Por iso no CPI de Panxón apostamos decididamente pola sensibilización/educación do noso alumnado como solución a medio prazo desta grave lacra social. 


A continuación presentamos a programación de actividades que se desenvolveo no centro os días 22, 23 e 26 de novembro.


RECURSOS DO E.O.E ESPECIALIZADO DE CÁDIZ





Inclue protocolos e materiais sobre altas capacidades, atención temprana, discapacidade auditiva, discapacidade motórica, trastornos xeneralizados do desenvolvemento, trastornos graves de conducta, traballo social e orientación vocacional-profesional.

Fonte: Marta Rodríguez (Blog Con O de Orientación) - http://con-o-deorientacion.blogspot.com.es/2012/12/recurso-para-orientadoresas.html ;

martes, 4 de diciembre de 2012

ESTRATEXIAS DE LECTURA: VIDEOS

Completo percorrido polo proceso de aprendizaxe da lectura o que realiza Isabel Solé nos vídeos que están colgados na Web de leer.es. Podedes velos se pinchades na imaxe.





CONTO: LETRAS DIFERENTES

Como sabedes no CPI este curso estamos desenvolvendo un proxecto de Fomento lector coas TICs entre o alumnado de 1º de ESO e o alumnado da EEI “AS DUNAS” 5 anos. 


Neste 3 de decembro en que conmemoramos O Día Internacional da Discapacidade os alumnos/as de 1º de Eso non esqueceron aos seus compañeiros de Dunas. A partir dun traballo interdisciplinar entre o Departamento de orientación, que se encargou de sensibilizar ao alumnado coas discapacidades, o Departamento de Sociais que traballou cunha Unidade didáctica a película “Intocable”, xurde dende o Departamento de Lingua a creación dun conto sobre discapacidade “Letras diferentes” para que o alumnado de Infantil 5 anos, traballe este día da discapacidade.

 ¡¡¡¡¡Enhoraboa rapaces polo voso esforzo e bo facer¡¡¡¡¡



lunes, 3 de diciembre de 2012

EL LABERINTO AUTISTA

Interesante programa de TV sobre o Autismo que proxectou onte RTVE en Documentos TV ," El laberinto autista", Documentos TV - RTVE.es A la Carta http://www.rtve.es/v/1598182/.

domingo, 2 de diciembre de 2012

NIN MÁIS NIN MENOS:A DISCAPACIDADE EXPLICADA AOS NENOS


Cadernos de Educación en Valores nº 4 - Por preguntar que noN quede - Colección editada por FETE UGT
Nadie é igual a nadie e ése é o noso tesoiro. Mira ao redor e escoita o canto do colibrí, a mirada repousada da lechuza, o camiñar da gacela,o facer da abella... Cada animal ten a súa forma de vivir, de camiñar, de mirar… Tí eres unha persoa única: sabes o que quieres, sabes cómo xogar, aprender ou conversar... ¡A túa maneira!
Textos: Luz Martínez Ten; Asesoría en discapacidade: Blanca Leyva San Juan
Colaboración especial: Maite Ruano López, alumna co síndrome de Smith Magenis
Ilustración e deseño: Mauricio Maggiorini Tecco (Gen); Cartel: Lucía Sagredo Miller