Mostrando entradas con la etiqueta Solidariedade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Solidariedade. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de marzo de 2013

ACCIÓNS E MENSAXES EN POSITIVO

Video sobre boas accións desinteresadas e improvisadas que facemos polos demais e o  efecto que teñen en aqueles que son testigos de iso.

jueves, 13 de diciembre de 2012

ESTAMOS A TEMPO


Moitos nenos e nenas reciben montóns de xoguetes nesta época do ano. Sen embargo, hai outros nenos que non poden desfrutar do seu regalo de Reyes pola falta de recursos económicos da súa familia. Sabías que a pobreza infantil tradúcese nunha falta de oportunidades e exclusión social nun futuro? 

Este Nadal… gustaríanos que todos os nenos tiveran o seu xoguete e que puideran desfrutar do seu dereito a xogar, desfrutar e soñar!

Neste mapa atoparedes diferentes empresas, entidades ou grupos de persoas que fan recollida de xoguetes. Aínda estás a tempo de levar xoguetes en bon estado ou novos a algunha destas direccións.
Se na túa familia hai pequenos explícalles porque é importante que todos os nenos teñan o seu xoguete en Reis …Tamén podes pedirlle que escolla un xoguete que xa non utiliza e que te acompañe a facer a doación. 
Tratase de facer un pouco de xusticia e ofrecer solidaridade e xenerosidade gratuita.


Ver ¿Dónde puedo donar juguetes cerca de mi casa? en un mapa más grande

Tamén podes facer as túas doacións en ONGs como Cáritas, Cruz Roxa... 

jueves, 6 de diciembre de 2012

OPERACIÓN QUILO

Xa quedan poucos días para rematar a campaña deste ano de recollida de alimentos, que entregaremos ao Banco de alimentos dos servizos sociais do Concello que traballan con persoas desfavorecidas. Tratamos con isto de fomentar no alumnado os valores de solidariedade e de axuda, mais necesarios que nunca nestes tempos nos que a CRISE afecta xa a moitas familias que sofren por iso grandes dificultades.

IMOS MOI BEN E A RESPOSTA ESTÁ SENDO MOI POSITIVA PERO NECESITAMOS MÁIS, SABEDES QUE O OBXECTIVO É AO MENOS 1 KG POR FAMILIA.

REMATAMOS O DÍA 12 AS 13:00 
NON VOS ESQUEZADES¡¡¡¡ GRAZAS


domingo, 17 de abril de 2011

MIL GRULLAS POR JAPÓN

As grullas de origami (papiroflexia) fixironse famosas a nivel mundial coa historia da nena Sadako Sasaki, víctima da bomba atómica de Hiroshima durante a II Guerra Mundial. Supervivinte da explosión, aos nove anos caeu enferma de leucemia. Unha amiga recordoulle a tradición dos origamis e  propusose completar as mil para pedir como desexo a curación dos afectados e a paz. Pero Sadako no o consiguiu e faleceu Sen embargo, nacera un símbolo para todos. Os seus compañeiros de clase completaron as figuras de papel que faltaban e anos despois Hiroshima levantou un monumento no seu recordo no Parque da Paz, epicentro da explosión e onde aún un edificio en ruinas recorda aquela traxedia. A súa emotiva historia rápidamente fixose famosa en Japón e occidente. Hoxe miles de grullas de papel reposan baixo o monumento como unha continuación do sono de Sadako.

Hoxe volven a ter todo o seu simbolismo pola catastrofe actual.


Dende o CPI de Panxón solidarizamonos con Japón enviando  grullas feitas polas familias, alumnado e profesorado.