domingo, 26 de febrero de 2012

ADMISIÓN 2012-13

Aquí vos deixo a información necesaria para presentar a solicitude de admisión nos centros públicos e privados para o vindeiro curso.



PRAZO: dende 0 1 de marzo ata o 10 de abril.


instruccions_admision_2012

sábado, 25 de febrero de 2012

COMO ESTUDAR E EDUCAR

Excelente páxina para alumnado, familias, titores e profesorado con moitos recursos didácticos interesantes na tarefa de educar e ensinar. Concretamente para o alumnado dispón de boas técnicas e estratexias de aprendizaxe dirixidas aos últimos cursos da ESO e Bacharelato. Ten un boleín de novedades ao que podedes suscribiros.
como estudiar
educar

jueves, 23 de febrero de 2012

ITEPASAS

ItePasas é unha ferramenta do portal Educastur para a orientación académico e profesional que ten como finalidade facilitar ao alumnado a toma de decisións relacionada coa súa formación, ofrecéndolle a posibilidade de recorrer todas as opcións formativas que ofrece o sistema educativo (loxicamente incide mais no asturiano) unha vez finalizados os estudos de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato ou Formación Profesional.
Tamén permite ao alumnado, a través dun cuestionario de autoavaliación, acercarse aos sectores productivos e grupos ocupacionais máis axustados aos seus intereses, competencias e capacidades.
Para iso conta con tres grandes bloques que poderás examinar:
  • Autoanálise. Mediante un breve test de autoavaliación axuda a ter máis claro o tipo de profesión ao que lle gustaría dedicarse e saber qué estudos se necesitan para poder exercer esa profesión, o que require o posto de traballo en canto as competencias e capacidades.
  • Grupos ocupacionais e sectores. Ofrece un amplo listado de ocupacións e sectores de actividade para que os coñezas con detalle. Esta información vaite a resultar moi útil para elixir qué actividade profesional encaixa coas túas capacidades e coas túas preferencias.
  • Itinerarios Formativos. Orientate sobre todas as opcións formativas que tes unha vez finalizados os estudos de ESO, Bacharelato e Formación Profesional para axudarte a tomar a mellor decisión en función dos teus obxectivos.

miércoles, 22 de febrero de 2012

MÁIS CINE.....COMO APOIO AO ENSINO

El color del paraíso. Rang-e khoda/The color of paradise
1999. Irán. 90 min.
Dirección y guión: Majid Majidi.
Producción: Mehdi Karimi.
Música: Alireza Kohandairi.
Fotografía: Mohammad Davoodi.
Montaje: Hassan Hassandoost.

Tema apasionante: a educacion para a inclusión dos nenos/as con discapacidade, neste caso visual. 
Mohammad é un neno  cego de oito anos que estuda nun colexio especial de Teherán. Intelixente e hipersensible, desenvolveu extraordinariamente os demáis sentidos e sofre coa rudeza do seu pai, un carbonero viudo que ve a o seu fillo como unha maldición de Dios. Esta frialdade marca as vacacións de Mohammad no seu pobo natal, unha preciosa aldea perdida nas terras altas do norte de Irán. Alí, o rapaz intenta ganarse ao seu pai que está obsesionado con volver a casarse ,mentras disfruta da natureza e do cariño das súas irmáns e da súa avoa, unha muller traballadora, vitalista e relixiosa.
A ficha para traballar con ela, atopámola AQUÍ, tamén se poden tomas ideas para traballar a película AQUÍ
En Youtube está a película dividida en 9 partes e en moi boa calidade.

martes, 21 de febrero de 2012

O FUTURO DO ENSINO-APRENDIZAXE

de Ánibal de la Torre

CINE COMO APOIO AO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE


Eula é un proxecto de innovación pedagóxica que pretende apoiar os procesos de ensino e aprendizaxe con contidos cinematográficos e audiovisuais, para lograr aprendizaxes significativos, relevantes e atractivos, potenciando as competencias básicas de forma lúdica e motivadora. Ademáis do contido curricular, Eula fomenta o coñecemento de outras linguas e culturas e aproveita o potencial das Tecnoloxías da Información e a Comunicación á búsqueda da atención, a vinculación e a emoción dos estudantes.

sábado, 18 de febrero de 2012

RECURSOS PORTAIS DE CONVIVENCIA


de 

Adxuntamos enlaces aos recursos dos portais de convivencia de distintas comunidades autónomas.
Word - 12.6 KB
Portales de convivencia

viernes, 17 de febrero de 2012

REFORMA LABORAL 2012


Texto completo da reforma laboral, o  Real Decreto-ley 3/2012, de 10 de febrero, de medidas urgentes para la reforma del mercado laboral. Ademais deixamos uns enlaces onde poderedes obter unha explicación práctica e sinxela e cun vocabulario claro e directo, sobre as implicacións deste texto normativo:
Agardo que resulten esclarecedores para comprender todos os cambios que esta nova norma supón para os traballadores.

PROGRAMA ESCOLAR DE DESARROLLO EMOCIONAL

Coas siglas P.E.D.E. denominan ao Programa Escolar de Desarrollo Emocional que creou a Consellería de Educación do Principado de Asturias. Este material editouse en xuño do 2011 e pretende contribuir a que os alumnos e alumnas de Educación Primaria saiban manexar eficazmente as súas EMOCIÓNS, manexo que redundará positivamente no seu rendemento escolar, nas relacións cos demáis e en definitiva, en conseguir máis éxito persoal. O material contén un libro-guía e tres cadernos de actividades.

- Guía do Programa Escolar de Desarrollo Emocional. Guía PEDE.

- Actividades para o alumnado na aula.

- Actividades para o alumnado na casa.

- Actividades para pais e nais.

jueves, 16 de febrero de 2012

COMO PODEN AS FAMILIAS CONTRIBUIR AO ÉXITO DO ALUMNADO

Que os fillos/as teñan éxito na escola depende de moitos factores, o contexto inmediato da familia, o esforzo, as aptitudes do profesorado, condicións da escola......Nesta guía atoparedes información sobre todos os factores que poden repercutir no éxito escolar aportando ás familias recursos e propostas para axudar aos seus fillos/as nos estudos.


martes, 14 de febrero de 2012

GUÍA PARA FAMILIAS CON ADOLESCENTES

O Equipo Técnico Provincial para a Orientación Académico e Profesional da Provincia de Jaén en coordinación coa  Responsable da Área de Apoio aá Función Titorial e Asesoramento para a Convivencia e en colaboración con varios Orientadores de Dptos. de Orientación  publicaron esta Guía para familias con adolescentes. Pincha aquí 
Vía: Biblioteca del IES Guadalentín de Pozo Alcón (Jaén). 

domingo, 12 de febrero de 2012

COMEZA A ALFABETIZACIÓN DIXITAL DE ADULTOS: 14 de Febreiro


No cpi de panxón temos claro que somos unha comunidade educativa e que na educación do noso alumnado temos que implicarnos pais, nais, profesorado e, por suposto eles mesmos.

A partir do martes 14 de febreiro e durante 4 semáns o alumnado de 4º da eso, dentro do programa de voluntariado impartirá formación TIC os martes e xoves de 16:00 a 18:00 a 17 adultos seleccionados polo concello de nigrán.
Previamente o alumnado recibiú formación por parte da asociación Abertal en dinámica de grupos.
Dende aquí desexámoslle sorte nesta nova andadura e agradecémoslle a súa colaboración. 


sábado, 11 de febrero de 2012

DINÁMICAS PARA PREVIR O ACOSO ESCOLAR

Dinámicas de grupo para desenvolver no aula co obxectivo de previr conductas e actitudes violentas no grupo de alumnos/as. Cada unha va enfocada a un criterio como:coñecer as cualidades de cada un, o valor da amistade, fomentar habilidades sociais, crear un ambiente de armonía, partir de motivacións diferentes, a cooperación, dinámicas de grupos, etc.
- Dinámica de cualidades
- Dinámica da amistade
- Dinámica do barco
- Dinámica do compañeiro/a
- Dinámica da árbore e o vento
- Dinámica do abrazo
- Dinámica da motivación
- Dinámica de formación de grupos
- Dinámica do lavacoches
- Dinámica "gañe canto poida"
de la junta de extremadura (Campaña Si te molestan, no calles)

jueves, 9 de febrero de 2012

XOGOS PARA MELLORAR A ATENCIÓN

Se tedes problemas nos exames por causa da pouca atención que poñemos. Propoño estes xogos. Ademais de axudaros a concentraros podedes pasalo moi ben.


DIFERENCIAS
LÓXICA
TEST DE ATENCIÓN
XOGO DE PARELLAS

O MALTRATO ENTRE ESCOLARES


de 


O Defensor do Menor de Madrid publica estas Guías de Isabel Fernandez sobre as distintas formas de maltrato entre escolares. 

Está dirixida a familias e alumnado pero tamén interesa ao profesorado pola súae claridad conceptual e para o seu posible uso como material de traballo. 




GUÍA PARA FAMILIAS

GUÍA PARA XÓVENES

sábado, 4 de febrero de 2012

GUÍA PARA FAMILIAS SEPARADAS

Interesante publicación, editada polo goberno de Navarra, para saber como actuar cos fillos/as no momento da separación.

LOS LIBROS FANTÁSTICOS DE VUELO DEL SEÑOR MORRIS LESMOORE

Curtametraxe de animación baseado no huracán Katrina, Buxter Keaton, o mago de Oz , e o amor polos libros.......Tratáse dunha historia sobre xente que adica a súa vida aos libros e como estes lles devolven o favor. Preciosa historia nominada aos Oscars 2011.

miércoles, 1 de febrero de 2012

QUE ESTUDAR E ONDE?

Web do Ministerio de Educación onde atopar toda a oferta educativa das distintas etapas do sistema educativo, dende Infantil ata bacharelato, ciclos formativos, ensinanzas artísticas, de idiomas, deportivas, etc.