Mostrando entradas con la etiqueta Fomento lector. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fomento lector. Mostrar todas las entradas

miércoles, 24 de abril de 2013

COLECCIÓN FAMILIAS LECTORAS

A Colección "Familias Lectoras", é unha publicación dixital multimedia da Junta de Andalucia composta de dez cadernos cuxas autoras e autores -expertos nesta materia- percorren a lectura dende diferentes formatos e diversos puntos de vista.

Así o primeiro caderno pon de manifesto que "o ámbito familiar e social onde crecen os nenos, onde afianzan os seus gustos e pensamentos, incide de modo sobresaínte, tamén no campo da lectura, nos seus logros e nas súas deficiencias,".

No segundo caderno márcanse unhas pautas a propósito da lectura: "o noso obxectivo prioritario debe ser converter o libro nun obxecto cotián co que o neno conviva a diario e que asuma como parte da súa existencia".

No seguinte título indícase que "probablemente quen como pai ou nai quere saber algo máis sobre "Ler na adolescencia" o que espera é un puñado de títulos que poidan estimular, desenvolver a afección dos seus adolescentes á lectura,". Por iso a autora presenta unhas liñas de lecturas que poden ser de grande utilidade á hora de adquirir un libro, sexa no formato que sexa.

A novas alfabetizacións e a súa desmitificación trátanse no caderno cuarto. "Efectivamente hai perigos na rede e non habemos de desdeñalos, pero son tantas as posibilidades que quizais sería mellor internarnos da man dos nosos fillos e eles da nosa nese mundo imaxinario que divirte e ensina". Así, a autora diríxenos a uns enlaces informativos moi interesantes.

Se pasamos ao caderno quinto, entramos na socialización da lectura: "Cando dous ou máis persoas -Club de lectores- comparten e gozan belos textos, créanse vínculos e constrúese sentido".

Non pode faltar a biblioteca escolar -caderno número seis- "que se posiciona hoxe como ámbito de encontro entre a cultura dixital e a cultura imprimida, nun lugar vivo de experiencias lectoras e aprendizaxe".

No caderno número sete destácase que "a literatura infantil e xuvenil, ademais de facernos gozar, de emocionarnos, de conmovernos, de arrancarnos gargalladas, axuda a enfrontarse con situacións novas e favorece a empatía".

Chegamos á comprensión lectora no caderno número oito. Ás "10 escusas para non ler" e ao "decálogo de como odiar ler", respóndese con "agora si, pautas para ler", de extraordinaria axuda.

E os temidos videoxogos! Están tamén presentes nesta colección -número nove- e coméntasenos que "o uso de videoxogos educativos nas aulas, e como reforzo educativo nas casas, permite mellorar a motivación do alumnado e a cantidade de tempo que dedica a aprender"
No último caderno, en relación coas TIC, o autor dinos "temos que acompañar aos nosos fillos e fillas no proceso de inmersión na lectura e nas TIC, que permiten traballar un aspecto da comunicación esquecido frecuentemente: a oralidade".

martes, 4 de diciembre de 2012

CONTO: LETRAS DIFERENTES

Como sabedes no CPI este curso estamos desenvolvendo un proxecto de Fomento lector coas TICs entre o alumnado de 1º de ESO e o alumnado da EEI “AS DUNAS” 5 anos. 


Neste 3 de decembro en que conmemoramos O Día Internacional da Discapacidade os alumnos/as de 1º de Eso non esqueceron aos seus compañeiros de Dunas. A partir dun traballo interdisciplinar entre o Departamento de orientación, que se encargou de sensibilizar ao alumnado coas discapacidades, o Departamento de Sociais que traballou cunha Unidade didáctica a película “Intocable”, xurde dende o Departamento de Lingua a creación dun conto sobre discapacidade “Letras diferentes” para que o alumnado de Infantil 5 anos, traballe este día da discapacidade.

 ¡¡¡¡¡Enhoraboa rapaces polo voso esforzo e bo facer¡¡¡¡¡