jueves, 22 de enero de 2015

CONVOCADAS PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DA ESO. CONVOCATORIA 2015

A Consellería de Educación convocou as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro do 2015.


MATRÍCULA:
 - Convocatoria de maio: 16 de marzo ao 27 de marzo de 2015, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 ao 10 de xullo de 2015, ambos os dous incluídos.
 As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

 DATAS DOS EXAMES: 29 de maio e 9 de setembro para as respectivas convocatorias (sesión de mañá e tarde).

REQUISITOS :
  • Ter cumpridos dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.
  • Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.  
  • Non estaren inscritos para a superación das materias de 4º curso de educación secundaria obrigatoria establecidas no artigo 7, número 5 da Orde do 21 de decembro de 2007 (DOG do 7 de xaneiro de 2008).
  • Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2014/15 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria ou no segundo curso dun programa de cualificación profesional inicial. 
  • O alumnado matriculado durante o curso 2014/15 na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións: 

             -  Para acudir á primeira convocatoria, o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre. Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
         - Para inscribirse na segunda convocatoria, o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

DOCUMENTACIÓN:

a. Solicitude de inscripción 
b. DNI o pasaporte
c.Copia cotexada, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias ou a certificación académica de ámbitos ou materias superados.
d. Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no
caso de que se solicite a exención de lingua galega.
e. Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento
de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da 
Xunta de Galicia ou non se autorice a súa consulta.


ORGANIZACIÓN DA PROBA:

A proba consta de tres exames:
Ámbito científico-tecnolóxico: abrangue contidos de matemáticas, de ciencias da natureza e de tecnoloxía.
Ámbito social: inclúe contidos de ciencias sociais, xeografía e historia, de música e de educación plástica e visual.
Ámbito lingüístico: abrangue contidos de lingua galega, de lingua castelá e dunha lingua estranxeira (inglés ou francés).
Os exames son de resposta pechada (tipo test) e haberá unha redacción en lingua galega e outra en lingua castelá. 

MÁIS INFORMACIÓN:

Se tes intención de presentarte, convén que consultes os seguintes enlaces:

  • Resolución pola que se convocan as probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria 2015


  • viernes, 9 de enero de 2015

    AVALIACIÓN DO 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


    No artigo 20.3 da LOE/LOMCE establécese a realización dunha avaliación, de carácter diagnóstico, en terceiro curso da Educación Primaria, indicando que "os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de Educación Primaria". Esta avaliación desenvolverase segundo dispoñan as administracións educativas e "comprobará o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática".

    O Ministerio de Educación, coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa, ofrece un modelo de probas completas para a avaliación de terceiro curso de Educación Primaria, e o Marco Xeral desta avaliación desenvolvido en colaboración coas Comunidades Autónomas.

    Neste enlace e pinchando na imaxe podedes acceder ás probas e a outros exemplos de preguntas liberadas para 4º curso de Educación Primaria.