viernes, 31 de octubre de 2014

EDUCACIÓN EMOCIONAL: DI O QUE SENTES

Di o que sentes é un itinerario deseñado para explorar a dimensión emocional do neno en particular e de calquera persoa en xeral permite que aprendan a identificar as súas emocións, a expresalas e a xestionalas de forma saudable. Consta de cinco compoñentes:


1.- Emocionario: O diccionario de emocións  é unha proposta para traballar aCompetencia emocional describe, de maneira  sinxela, corenta e dous estados emocionais para que o neno (e o adulto) aprenda a identificalos e, así, poida dicir o que realmente sente. 



2.- A Guía de explotación lectora é un instrumento de apoio para pais, profesores e educadores. Nela ofrécense pautas de lectura para adaptar o contido do Emocionario a persoas de distintas idades e para empregalo en diferentes contextos. Ademais, propóñense formas de combinar o uso do Emocionario co Diario da gratitude e as Fichas de actividades.

3.- FICHAS DAS ACTIVIDADES

4.- OBRADOIRO SOBRE EMOCIÓNSbaseado no Emocionario
Ficha do obradoiro :Ficha
Guía do obradoiro:Guía
Material gráfico:1 - 2 - 3 - 4
Material adicional:Definición 1
Definición 2
Definición 3
Recapitulación
Diploma:Diploma







5.- DIARIO DA GRATITUDE

Libro-caderno no que se pode escribir o que se sente cada día e, tamén, que motivos atopamos para estar agradecidso. Contén, ademais, unha animación gráfica e oitenta e cinco frases motivadoras.

FONTE: Palabrasaladas

jueves, 30 de octubre de 2014

CONTOS INTERACTIVOS PARA FOMENTAR A LECTURA

Dende Educación 3.0 fan unha proposta moi interesante para fomentar a lectura no alumnado consistente en optar pola utilización de contos interactivos nos que se combinan textos e elementos visuais, así como exercicios e actividades para que o alumnado se implique nas tramas narradas. Se picades na imaxen podedes acceder aos,  diversos contos interactivos que non propoñen e a  varias aplicacións gratuítas para iOS e Android dirixidas aos estudantes de Primaria.



martes, 28 de octubre de 2014

TIPOS DE ACOSO ESCOLAR

Interesante artículo de Santiago Moll sobre os tipos de acoso escolar no seu BLOG, esta clasificación ven acompañada dun pequeno vídeo dirixido ao alumnado no que en pouco mais de 100 segundos plasma os diferentes tipos de acoso.

CONTO PARA TRABALLAR O RESPETO. El reloj de las burlas

Con este conto educativo preténdese traballar na aula o valor do respeto.


Desgraciadamente está máis de moda o ser duro e agresivo co resto dos/as compañeiros/as que ser amable e recoñecer as virtudes e achegas dos/as demais.



Neste conto pódese reflexionar sobre a importancia do respecto nas relacións cos/as demais


Publish at Calameo or read more publications.


Cuestionario para traballar:

Por que se para o reloxo?
Cres que as relacións nas que non hai respeto tamén morren?
Como arranxa Agnes o reloxo?
Por que non se preocupan cando empezan a rir do cuco?
Riches algunha vez dos/as demais pensando que estabas a salvo?
Gustaríate que se recoñecese máis o que fas polos/as demais?
Por que está avergonzada a agulla minuteiro?
Cal crees que pode ser o final da líder dun grupo que a súa estratexia consiste en que non haxa respeto cara aos máis débiles?
Explica por que o respeto é como o aceite nas relacións.
Propón unha acción na túa aula que faga que todo o mundo sexa recoñecido polas súas achegas ao grupo.

Fonte: JonHernandez

domingo, 26 de octubre de 2014

CONTOS PARA TRABALLAR A EDUCACIÓN EMOCIONAL

Educar a intelixencia emocional dos nosos alumnos/as converteuse nunha tarefa necesaria no ámbito educativo, traballando a educación emocional axudamos aos nosos alumnos/as a ser pacientes, participativos, empáticos, aprendendo a recoñecer e regular as súas propias emocións.

Os obxectivos que se intentan conseguir co traballo sobre educación emocional na aula, son os seguintes:
-Favorecer o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
-Construír unha actitude empática como base da solidariedade.
-Sentir pracer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Afianzar o desenvolvemento da linguaxe.
-Desenvolver conceptos matemáticos.
-Adquirir vocabulario emocional.
-Identificar as propias emocións e sentimentos.
-Recoñecer os sentimentos e emocións dos demais.
Os contos están deseñados para facilitar o dialogo cos nenos e nenas sobre temas educativos que é importante tratar preventivamente xa dende a infancia. O conto, é un marco de xogo que se adapta á linguaxe e o xeito de pensar.
A continuación recollo unha serie de contos para que traballar a educación emocional na aula.


Educación Infantil: 0 a 6 anos.

1. O Peixe Arcoiris

Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano, coas súas preciosas escamas de mil cores. Pero a pesar da súa beleza séntese moi só. Por que os demais peixes non queren xogar con el? Un libro belamente ilustrado que nos ensina a importancia de saber compartir.






2. Cando estou enfadado
Os nenos necesitan saber que o enfado é un sentimento normal, sempre que non se faga dano a ninguén e Elena Ballesteros nos presenta o conto Cuando estou enfadado que nos axudará a xestionar o enfado na aula.



3. Miedo





4. Paula e o seu pelo multicolor.

Conto co que poderemos traballar as emocións: alegría, enfado, medo e tristura.A través dos cambios do pelo de Paula o lector visualmente vai identificando as emocións que sente. Ao mesmo tempo explícase o que provoca esa emoción, que o fai sentir e que debe facer para enfrontala.





Educación Primaria: 6 a 12 anos

1. Un bico antes de almorzar. Raquel Díaz Reguera.
Cada mañá, unha nai dá un bico de despedida á súa filla antes de irse a traballar. Pero un día ese bico, revoltoso, sae por aí e cámbiao todo: unha veciña refunfuñona comeza a sorrir, os paxaros énchense de cores e as árbores énchense de froitos. Unha historia coa que se poderá traballar o mundo emotivo dos nenos, a tenrura e a capacidade para dar e recibir cariño.




2. Gustavito, el Superdeditos
Proxecto de conto musical para traballar no segundo ciclo de Ed. Primaria a relación entre a música e as emocións, a importancia de saber identificalas e xestionalas, e incidir especialmente en dúas delas, o autocoñecemento e a autoestima.




3. A Flor Más Grande del Mundo
Nun mundo onde prevalece o egoismo a falta de solidariedade de amor á vida en calquera das súas formas, o conto destaca os valores esenciais, e o que teñen de xigantes os pequenos actos solidarios, aquilo que nos fai verdadeiramente grandes. Pero ademais, a viaxe que fai o neno pode intepretarse como unha viaxe interna onde este busca dentro seu aquilo que lle axudará a crecer e a darlle un sentido á súa vida, e a súa infancia será sempre aquel lugar para reencontrarse co mellor de si.

José Saramago




4. El  Monstruo de los Colores
Coñeces as túas emocións? Este é o vídeo do conto "O monstro de cores", ideal para traballar as emocións na aula.





Educación Secundaria: 12 a 18 anos

1. Palabras no aire. Sylvain Vincendeau




2. El  Arbol Umdoni
No corazón de Sudáfrica, Nandi e a súa filla Mbali viven soas e traballan moi duro nos campos. Un día, a súa rutina verase interrompida por algo que lles cambiará a vida para sempre...



3. Oktapodi conta a historia de 2 polbos namorados, que un día son separados. A femia é adquirida por alguén que traballa nun restaurante de mariscos. Isto leva o macho nunha grande aventura para rescatar a súa parella. Fará de todo por volver coa súa amada


Outros enlaces de interés para traballar a Educación emocional

sábado, 25 de octubre de 2014

Guía práctica para explicar a Identidade de xénero e a Orientación sexual para peques e persoas con diversidade funcional

Nesta pequena guía tratanse temas como:

1.- Presentación: pequena dinámica para comezar o taller

2.- O sexo biolóxico: fala sobre os nosos corpos e como nos asignan un sexo. o respecto á diversidade.

3.-  temas como a intimidade, a prevención de abusos sexuais, de violencia de xénero, o bo trato nas parellas...

4.- A identidade de xénero, a transexualidade: explicanse os conceptos e aproveitase para falar de roles de xénero asignados, dos dereitos das persoas transexuais...

5.- A Orientación sexual: 

Materiais:

- Powerpoint

- Explicación práctica e dinámicas da Guía Identidade de xénero e Orientación sexual

- Anexos ás actividades
  - Ficha 1 
  - Ficha 2
  - Ficha 3
  - Ficha 4


Fonte: Orientación Condesa

viernes, 17 de octubre de 2014

MAMÁ SE VA A LA GUERRA: DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA III

Este é un conto nacido dende o corazón e do amor, que con tenrura e sentido do humor achegará luz a moitas persoas.
Érase unha vez un reino gobernado por unha raíña querida e respetada, que recibe a terrible noticia de que o seu territorio foi invadido. Ela é unha muller valente e decidida, á que nada asusta, polo que estará disposta a afrontar esta loita con tesón. Haberá que pelexar duro, gañar moitas batallas, pero ela non está soa, conta con dous príncipes dispostos a defendela de calquera perigo e o mellor equipo de aliados.
Esta conmovedora metáfora sobre a enfermidade do cancro, foi fraguada por Irene Aparici para explicarlles aos seus fillos de 10 e 12 anos que remataban de dignosticarlle cancro de mama, preparándoos para o que lle quedaba por pasar sen asustarlles. Conta Irene que o que se vive no conto é unha representación do que a súa familia vive, e que o día que reuniu a súa familia, os seus fillos e o seu exmarido, para darlles a noticia, utilizou a súa mellor arma, a "confianza e á palabra", utilizando unha linguaxe que puidesen comprender e que lles proporcionase seguridade. "Eu son partidaria de non lles mentir, e así acordámolo a miña ex parella e eu dende o principio. Intentamos modular a verdade ao seu nivel para que fose comprensible para eles; pero sen mentirlles"

Mamá se va a la guerra saíu á luz por un cúmulo de casualidades e grazas ao exército de amigos que ten Irene, cos que mantén unha comunicación fluída a través do seu blog persoal Efecto Luminoso.
Un conto cheo de valentía, solidariedade, pero sobre todo, de esperanza. Está editado por Cuento de Luz







De interés:
Institucións Relacionadas:
Moi Interesante: 
Sete Relatos sobre Cáncro de Mama. Material Interactivo da AECC
   Irene Aparici transformou a súa dura realidade en enerxía positiva. A ela e a todas as mulleres valentes que afrontan esta dura enfermidade, dedicamoslles esta preciosa canción.


TIEMPO PARA MÁS CUENTOS: DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA II


Tiempo para más Cuentos nárranos un episodio importante na vida de dúas irmás, Manuela e Valentina. A súa vida transcorre con normalidade, xogan, van ao cole, son felices cos seus pais.


Cando finaliza a xornada diaria, encántalles que a súa nai lles lea contos, a pesar de que esta non dispón de moito tempo a causa das obrigas diarias. E mentres o desfroitan, encántalles acariciar o seu precioso pelo.




A súa nai ten unha longa melena loura que é admirada por todo o mundo, polas súas fillas, as súas amigas, o seu home. Pero un día, a vida de Manuela e Valentina cambia. A súa nai ponse enferma e deben trasladarse a vivir á casa dos seus tíos. Alí non hai contos para ler, nin a súa nai está para que llos lea, posto que debe pasar unha tempada no hospital para recuperarse e o seu pai coidará dela.


Ao cabo dun tempo, a súa nai regresa á casa, xa saíu do hospital. E aínda que se sorprenden ao vela máis delgada e sen a súa longa melena loura, se decatan de que segue sendo a súa nai. Unha aperta devólvelles o seu olor a primaveira.


E o máis importante, que ata que lle creza a melena, gañaron algo que sempre desexaron: ter tempo para máis contos.
O conto está escrito por Cocha de la Hoz e ilustrado belamente por Pieruz. Tanto palabras coma ilustracións trasládannos a unha situación que moitos nenos e nenas están a vivir a diario. Para eles é difícil entender o proceso desta enfermidade que chega a trastornar o seu ritmo de vida habitual e lles produce incerteza ou soidade. A pesar de que non se nomea a palabra cancro ao longo do conto, adiviñámolo vendo só a portada. Título e portada non deixan dúbida sobre o punto de vista que se pretende transmitir. Pode parecer unha historia moi triste, pero en realidade trasládanos unha mensaxe de esperanza e optimismo en cada unha das súas palabras.
Tempo para máis Contos está editado pola Editorial Pintar-Pintar.

Booktrailer do Conto


EL ÁLBUM DE MAMÁ. DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA


#súmatealrosa

"El álbum de mamá" é un conto infantil presentado por Novartis, que pretende converterse nunha ferramenta de axuda para as nais con cancro de mama metastásico á hora de explicar a enfermidade aos seus fillos, así como as súas consecuencias.


Trátase dunha emotiva historia protagonizada por Mateo, un neno especial que polo seu segundo aniversario recibe un regalo aínda máis especial: Veloz, un cabalo balancín, que ao longo do conto lle vai axudando a comprender todas as fases da enfermidade que padece a súa nai.

A través de VelozMateo encontrará respostas á nova situación de mamá como a caída do pelo, o cansacio de mamá, a estanza no hospital.


"El álbum de mamá" conta co aval da Federación Española de Cancro de Mama (FECMA) e distribuirase en hospitais e asociacións de pacientes de toda España.

Cada nai con cancro de mama metastásico ten a súa propia historia e a súa propia percepción da enfermidade, polo que este conto lles ofrece a visión da situación a través dos ollos dun neno utilizando unha linguaxe común que facilitará a comunicación entre nai e fillo.

A continuación, podedes acceder ao conto integramente na seguinte aplicación:




VÍDEO CONTO "EL ÁLBUM DE MAMÁ"

FECMA: Manifesto Día Internacional do Cancro de Mama. 19 de outubro

miércoles, 15 de octubre de 2014

CIBERBULLYNG. PREVIR E ACTUAR. GUÍA DE RECURSOS DIDÁCTICOS PARA CENTROS EDUCATIVOS


José Antonio Luengo Latorre, autor da guía, actualiza os contidos da editada hai tres anos pola Oficina do Defensor do Menor, como ferramenta de utilidade para a acción titorial nos centros educativos.

Engade unha versión electrónica que se pode descargar a través da web  www.copmadrid.org