Educar a intelixencia emocional dos nosos alumnos/as converteuse nunha tarefa necesaria no ámbito educativo, traballando a educación emocional axudamos aos nosos alumnos/as a ser pacientes, participativos, empáticos, aprendendo a recoñecer e regular as súas propias emocións.
Os obxectivos que se intentan conseguir co traballo sobre educación emocional na aula, son os seguintes:
-Favorecer o desenvolvemento da confianza básica como sustento para a formación da persoa.
-Construír unha actitude empática como base da solidariedade.
-Sentir pracer coas demostracións das propias emocións e sentimentos.
-Afianzar o desenvolvemento da linguaxe.
-Desenvolver conceptos matemáticos.
-Adquirir vocabulario emocional.
-Identificar as propias emocións e sentimentos.
-Recoñecer os sentimentos e emocións dos demais.
Os contos están deseñados para facilitar o dialogo cos nenos e nenas sobre temas educativos que é importante tratar preventivamente xa dende a infancia. O conto, é un marco de xogo que se adapta á linguaxe e o xeito de pensar.
A continuación recollo unha serie de contos para que traballar a educación emocional na aula.
Educación Infantil: 0 a 6 anos.
1. O Peixe Arcoiris
Arcoiris é o peixe máis fermoso do océano, coas súas preciosas escamas de mil cores. Pero a pesar da súa beleza séntese moi só. Por que os demais peixes non queren xogar con el? Un libro belamente ilustrado que nos ensina a importancia de saber compartir.
2. Cando estou enfadado
Os nenos necesitan saber que o enfado é un sentimento normal, sempre que non se faga dano a ninguén e Elena Ballesteros nos presenta o conto Cuando estou enfadado que nos axudará a xestionar o enfado na aula.
3. Miedo
4. Paula e o seu pelo multicolor.
Conto co que poderemos traballar as emocións: alegría, enfado, medo e tristura.A través dos cambios do pelo de Paula o lector visualmente vai identificando as emocións que sente. Ao mesmo tempo explícase o que provoca esa emoción, que o fai sentir e que debe facer para enfrontala.
Educación Primaria: 6 a 12 anos
1. Un bico antes de almorzar. Raquel Díaz Reguera.
Cada mañá, unha nai dá un bico de despedida á súa filla antes de irse a traballar. Pero un día ese bico, revoltoso, sae por aí e cámbiao todo: unha veciña refunfuñona comeza a sorrir, os paxaros énchense de cores e as árbores énchense de froitos. Unha historia coa que se poderá traballar o mundo emotivo dos nenos, a tenrura e a capacidade para dar e recibir cariño.
2. Gustavito, el Superdeditos
Proxecto de conto musical para traballar no segundo ciclo de Ed. Primaria a relación entre a música e as emocións, a importancia de saber identificalas e xestionalas, e incidir especialmente en dúas delas, o autocoñecemento e a autoestima.
3. A Flor Más Grande del Mundo
Nun mundo onde prevalece o egoismo a falta de solidariedade de amor á vida en calquera das súas formas, o conto destaca os valores esenciais, e o que teñen de xigantes os pequenos actos solidarios, aquilo que nos fai verdadeiramente grandes. Pero ademais, a viaxe que fai o neno pode intepretarse como unha viaxe interna onde este busca dentro seu aquilo que lle axudará a crecer e a darlle un sentido á súa vida, e a súa infancia será sempre aquel lugar para reencontrarse co mellor de si.
4. El Monstruo de los Colores
Coñeces as túas emocións? Este é o vídeo do conto "O monstro de cores", ideal para traballar as emocións na aula.
Educación Secundaria: 12 a 18 anos
1. Palabras no aire. Sylvain Vincendeau
2. El Arbol Umdoni
No corazón de Sudáfrica, Nandi e a súa filla Mbali viven soas e traballan moi duro nos campos. Un día, a súa rutina verase interrompida por algo que lles cambiará a vida para sempre...
3. Oktapodi conta a historia de 2 polbos namorados, que un día son separados. A femia é adquirida por alguén que traballa nun restaurante de mariscos. Isto leva o macho nunha grande aventura para rescatar a súa parella. Fará de todo por volver coa súa amada
Outros enlaces de interés para traballar a Educación emocional
No hay comentarios:
Publicar un comentario