martes, 19 de abril de 2016

GUÍA DE AXUDAS SOCIAIS E SERVIZOS PARA AS FAMILIAS

O Goberno de España, as Comunidades Autónomas e as corporacións locais ofrecen axudas sociais ás familias españolas tal e como establece a distribución competencial do Estado nesta materia.
No caso das competencias do Goberno de España, as axudas ás familias tramítanse a través de diferentes organismos, como a Seguridade Social ou a Axencia Tributaria.
Algunhas das principais axudas ás familias que conceden as diferentes administracións en España podédelas ver na nova guía que se publicou e que podedes descargar picando AQUÍ !!



martes, 5 de abril de 2016

viernes, 1 de abril de 2016

PROTOCOLO DE PROTECCIÓN DE DATOS

O  protocolo de protección de datos é un documento que aborda unha serie de pautas dirixidas a toda a comunidade educativa, co fin de gozar de maior seguridade xurídica na xestión e tratamento de datos persoais.
Céntrase, sobre todo, nas dúbidas máis frecuentes manifestadas por directores e docentes sobre cuestións como a utilización de imaxes ou o emprego de cámaras de videovixilancia, entre outros.

CONTOS TRASTORNO DO ESPECTRO AUTISTA (TEA)

O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Este ano, 2016, co tema "O Autismo e a Axenda 2030: inclusión e neurodiversidad". Convidámosvos a visitar unha colección de contos sobre o autismo en Pinterest, recopilados por Pilar Fernández. Este material pode facilitar a sensibilización cara aos nenos con Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), e polo tanto a súa inclusión tanto a nivel educativo como social. Podes visitar a recopilación de contos sobre autismo AQUÍ.