viernes, 27 de mayo de 2011

TODAS AS CLAVES PARA A SELECTIVIDADE 2011


Unha vez mais Consumer Eroski resolvenos moitas dudas e orientanos.
Captura de pantalla 2011-05-27 a las 14.32.32
Asimesmo recomendo http://www.selectividad.tv/index.php onde poderás atopar unha colección de cerca de 1000 problemas e exercicios resoltos de 10 asignaturas.

martes, 24 de mayo de 2011

VOTA A TÚA PALABRA FAVORITA

500 millóns de persoas falamos español.



                                 O Instituto Cervantes é unha institución pública creada  en 1991  para a promoción e a ensinanza da lingua española e para a difusión da cultura española e hispanoamericana. Os seus centros están situados nos cinco continentes.
O 18 de xuño celebra "EL Día E" é unha das iniciativas para este día é a de elixir a  palabra mais bonita en español.
Entra na súa páxina a través da imaxe que tes enriba e vota a túa palabra favorita.

Recursos educativos en liña


Recursos educativos en líña elaborados a través do Convenio Internet no Aula, entre o MEC e as Comunidades Autónomas

Infantil

Enlace


Primaria

E.S.O.


Bachillerato

NNEE

Enlace

Interniveles

Francés para tres niveles


lunes, 23 de mayo de 2011



Toporopa é un excelente recurso. A través de preguntas poderemos ampliar coñecementos sobre xeografía e historia de Europa.

Posibilidade de elección de idioma

Destinado a Secundaria e adultos en xeral.

Probao, gustarache !!

Becas MEC para o curso 2011 / 2012


Xa podes consultar o Real Decreto que regula os umbrais de renta yepatrimonio familiar, así como as cuantías das becas  e axudas ao estudo do Ministerio de Educación (becas MEC) para os alumnos/as que cursen estudos oficiais de formación profesional no curso 2011/2012.



Tes  toda a información sobre as becas MEC no BOE nº 121 do 21/05/2011.

domingo, 22 de mayo de 2011

MOVEMENTO 15M VISTO POR JOSÉ LUIS SAMPEDRO



A xuventude de España e a Sociedade española, non traga mais contos de políticos nin acepta o cepo do neoliberalismo. Está farta e ocupa prazas e conciencias para que “os de enriba” sintan temblar a terra que crían tan segura. E non hai escapatoria. O prodixio de síntese dos carteis e pancartas dinno  ben clariño:  “Xuventude sen futuro: sen casa, sen curro, sen pensión e sen medo.” “Mais pan e menos chourizos.”, ou “Os dereitos conquistanse.”
A praza do SOL, ao igual que outras tantas prazas de España simbolizan a conciencia de tanta e tanta xente que está farta. A xente leva "reflexionando dende fai anos" e por fin, de maneira pacífica e coas cosas mo claras faise oir. 
Queda moito por dicir, e queda moito por oir.


Engado acuarelas dixitais colgadas en flickr, sobre SOL e outras sobre os carteis e lemas destes días.


1º EN forma de presentación
2º: Algunha delas de maneira individual.
                                     

                                                                           



Moitas veces os orientadores/as e titores/as rompémonos a cabeza pensando en actividades motivadoras para  desenvolver na titoría co alumnado.
Deixovos un vídeo co que podemos analizar e traballar a realidade, estou segura que lle sacades moito partido.

DIRAE (O DICCIONARIO INVERSO)





DIRAE,  é unha iniciativa desenvolta por Gabriel Rodríguez Alberich que contanos como usalo.

Permite búsquedas mais complexas que os diccionarios normalmente usados ata a data. Non é preciso recordar con  exactitude o término que buscas xa que basta con poñer parte do seu significado, incluso con abreviaturas, e  ofrecete un amplío abanico de posibilidades, dende unha definición extraída directamente do DRAE, a sinónimos, usos, e palabras cuxa expresión é aproximada á que buscabas.
 Como ben nos apunta José Antonio Millán Dirae permite buscar por:

jueves, 19 de mayo de 2011

COMO PODEMOS UTILIZAR A PDI?

Interesantísima presentación sobre as novas maneiras de ensinar, moi relacionada coa adquisición de competencias, non podo mais que dar as gracias a Raul Diego por compartila, nela podemos aprender moito.

miércoles, 18 de mayo de 2011

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO (AVALDIA)


A totalidade do alumnado que cursa 4º de Primaria na nosa Comunidade,  realizará a proba de Avaliación Diagnóstico AVALDIA para avaliar as súas  competencias linguistica, matemática e Competencia para o coñecemento e interacción co medio físico.
Esta avaliación  realizaráse todos os anos e permitirá comprobar os niveis de adquisición de competencias de comunicación lingüística en lingua Castelá e Galega, abarcando a comprensión lectora e a expresión escrita, e o razoamento matemático alcanzados polo alumnado que finaliza o segundo ciclo de Educación Primaria. 
Todos os escolares de 4º de Primaria deberán completar un caderniño de exercicios. A proba realizaráse maña xoves 19 e o 20 de maio nas primeiras sesións lectivas da mañá.

A proba consta tamén dun cuestionario de contexto dirixido ao alumnado, familias, dirección do centro educativo e profesorado titor dos grupos avaliados.

 A realización da proba AVALDIA responde á implantación dunha cultura da avaliación como garantía da mellora efectiva da educación xa que permite, á luz dos resultados obtidos, adoitar decisións que incidan no proceso educativo. 

martes, 17 de mayo de 2011

WEB PARA FP






Esta páxina foi elaborada no Grupo de Traballo de Orientadores e Orientadoras do Campo de Gibraltar (La Línea) coa finalidade de que sexa útil ao alumnado dos seus centros e a calquera outra persoa interesada nos ciclos formativos de formación profesional.
Pincha aquí para acceder á web.
Traballo como este poñen de manifesto o bo facer, dende eiquí damoslles as gracias a este grupo de Orientadores  por compartir con todos o seu traballo.

domingo, 15 de mayo de 2011

Premio Principe de Asturias ás Intelixencias Múltiples

O Premio Principe de Asturias das Ciencias Sociais 2011 foi otorgado a Howard Gardner (Scranton, Estados Unidos, 1943). Xenio das intelixencias múltiples,  que ven a dicir que temos que buscar as aptitudes e pasións dos nosos fillos/a e  alumnos/as, orientándolles para darlles valor para que así teñan mais posibilidades de éxito e o mais importante, que sexan felices ao dedicar a súa vida a o que lles apasiona, ao que son mais capaces!!!

NATUREZA DOS ABUSOS SEXUAIS A MENORES

Naturaleza de los abusos sexuales a menores y consecuencias en la salud mental de las víctimas.
M.R. Cortés Arboleda, J. Cantón Duarte y D. Cantón-Cortés
Gaceta Sanitaria, vol  25, nº 2, 2011

sábado, 14 de mayo de 2011

WIKIOFICIOS

Este proxecto pretende proporcionar un recurso de cara a valorar posibles saidas profesionais dos estudos elexidos. Explora perfís de oficios que se corresponden cos teus intereses e habilidades. (Pincha na imaxe)



É un interesante recurso para obter información sobre unha ampla variedade de profesións (actualmente a mais de 1000 perfís distintos) e un test vocacional de carácter dinámico para o profesorado e o alumnado.

OPERACIÓN SONRISA

de 


O tweet de exemplo que está divulgando a campaña é:

Escoiten rír aos nenos de Operación Sonrisa, Pepsi doará US$0,50 por Play para facer posibles mais sorisas #os_pepsi     http://on.fb.me/kCMvR4

Para ter mais informacións acerca de Operación Sonrisa pode visitar o sitio oficial http://www.operationsmile.org.br/novo/   e  ademais en YouTube pode ver videos con algunhas historias de nenos asistidos pola  organización: http://www.youtube.com/user/CreateSmiles.

CONVOCATORIA DE PROBAS PARA OBTER O TÍTULO DE GRADUADO/A EN E.S.O.



CONVOCATORIA DE PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO/A EN EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS NAS CONVOCATORIAS DE XUÑO E SETEMBRO (D.O.G. 11 DE MAIO DE 2011)

Centro e lugar de celebración das probas
PONTEVEDRA
       Provincia de Pontevedra:
–Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1º, Vigo.
–Centro EPA Río Lérez, avda. de Buenos Aires, s/n, Pontevedra.       

Prazos de matrícula
Proba de xuño: 16 ao 27 de maio, ambos os dous incluídos
Proba de setembro: 1 e 2 de setembro, , ambos os dous incluídos
Datas das probas
14 de xuño
9 de setembro
Chamamento para acceso aos espazos de realización da proba
Entre as 8.30 e as 9 horas

viernes, 13 de mayo de 2011

CONVOCATORIA PRAZAS DE RESIDENCIA

No Diario Oficial de Galicia do día 12 de maio de 2011 podemos ler a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense  e Vigo (986 262 500) para cursar estudos de ensinanzas postobrigatorias non universitarias no próximo curso académico 2011/2012.
O prazo de presentación de solicitudes é dun mes contado desde o día seguínte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.


lunes, 9 de mayo de 2011

MATERIAIS PARA A EDUCACIÓN EN DEREITOS HUMANOS

Pinchando nas imaxes podedes acceder a materiais didácticos editados polas distintas fundacións   para traballar os dereitos humanos.


MATERIAIS PARA TRABALLAR OS DEREITOS HUMANOS A TRAVÉS DO CINE.

Na  plataforma Aula Abierta  (Consejería de educación de Castilla-La Mancha) colgaron diversos materiais e unidades didácticas para traballar os dereitos humanos a través do Cine. Estes materiais están dispoñibles no microsite de Educación para a Cidadanía e no de Ciencias Sociais.

martes, 3 de mayo de 2011

COMO DAR CLASE A OS QUE NON QUEREN

No Blog de orientación de Isabel Ibarrola, orientadora nun IES de Navarra, atopamos numerosos materias moi interesantes. Como mostra aquí temos dúas presentacións nas que  facilitansenos uns resumes do fantástico libro de Juan Vaello Orts “Cómo dar clase a los que no quieren” e de outro libro do mesmo autor: “El profesor emocinalmente competente”.



Tres  recomendacións:
  1. JUAN VAELLO (2009) “EL PROFESOR EMOCIONALMENTE COMPETENTE” Ed.Graó. Barcelona
  2. DANIEL PENNAC (2007) “MAL DE ESCUELA” Ed.Mondadori. Barcelona
  3. FRANK McCOURT (2006)  EL PROFESOR Ed. Maeva.  Madrid
……………………………………………………………………

lunes, 2 de mayo de 2011

GUÍA DE NOVAS OCUPACIÓNS

Guía de novas ocupacións en versión multimedia e en versión de texto.


Tratase de ocupacións emerxentes provocadas por diversas causas, novas demandas do mercado laboral, evolución de ocupacións tradicionais, etc. En total  presentase información de 200 ocupacións cunha ficha de información por ocupación, cada ficha abarca os seguintes contidos:
  • descrición
  • tarefas
  • vías de acceso
  • formación complementaria
  • tendencias do mercado

domingo, 1 de mayo de 2011

GUIA DE TRASTORNOS DE APRENDIZAXE

www.fundacionnce.org
A Fundación Nuevas Claves Educativas de Vitoria-Gasteiz, ten unha páxina moi atractiva para orientadores/as, profesorado PT e familias que é á vez unha guía sobre os trastornos específicos do aprendizaxe mais importantes como aa Lectura (dislexia), aa escritura (disgrafía), as matemáticas (discalculia) e os trastornos do comportamento mais significativos como o TDAH (Trastorno do Desarrollo da Atención e Hiperactividade). Completa con desenvolvementos, tratamento, diagnósticos, vídeos, etc.

Temas educativos de interes para as familias

                                                 INFANTIL                      PRIMARIA

                                                                      SECUNDARIA
Pdf’s publicados por FAPAR, en colaboración co Goberno de Aragón. (Ver as publicacións pulsando sobre as imaxenes).
Detállanse as características mais relevantes en cada etapa, conflitos mais frecuentes e temas de interés:
En Infantil: Hábitos de sono. Alimentación. Control de esfínteres. Celos. Rabietas, pataletas, berrinches. Medos e fobias. Uso da televisión na idade infantil. Consellos para elixir un xoguete.  Organización das vacacions.
En Primaria Motivación polo estudo.  Hábitos de estudo. A autoestima dos nosos nenos/as.  Identidade sexual e tipificación.  Trastornos na alimentación: obesidade, anorexia, bulimia .  Os nenos agresivos. ¿Por qué desobedecen os rapaces/zas. Uso e abuso da televisión.  Actividades extraescolares .
En Secundaria: Deficiencias escolares: os primeiros suspensos. A depresión. A asertividade.  Anorexia, bulimia.  Obesidade.  Consumo de drogas, alcohol e tabaco .  Ocio e tempo libre .  A sexualidade.