lunes, 24 de marzo de 2014

PROTOCOLO PARA A PREVENCIÓN E O CONTROL DO ABSENTISMO ESCOLAR EN GALICIA

Instrucións do 31 de xaneiro de 201


Resume do Protocolo presentado pola Consellería de Educación o 31 de xaneiro de 2014, é de aplicación tanto na Educación Primaria como na Educación Secundaria Obrigatoria, dita as instruccións básicas que poden seguir os centros ante as situacións de absentismo escolar. Este documento forma parte do Plan de Atención á Diversidade do centro e deben ser incluidas accións no Plan de Acción Titorial.

Fonte: Portal da Consellería

ENLACES AO DOCUMENTO E ANEXOS.

ANEXO I: Convocatoria de reunión
ANEXO II: Acta de reunión
ANEXO III: Inicio do expediente de absentismo
ANEXO IV: Rexistro de contactos do centro escolar
ANEXO V: Convocatoria de reunión
ANEXO VI: Acta de reunión
ANEXO VII: Convocatoria de reunión
ANEXO VIII: Acta de reunión
ANEXO IX: Rexistro de cumprimento das actuacións
ANEXO X: Notificación do expediente de absentismo
Instrucións do 31 de xaneiro de 2014 da DX de Educación
Protocolo de absentismo
Presentación protocolo de absentismo

jueves, 13 de marzo de 2014

CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES

O cine levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Educación 3.0 recompilou cinco curtametraxes pensadas non só para traballar en clase, senón tamén na casa para educar en valores ao alumnado e que reflexione sobre diferentes temas como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo...
1. Cuerdas: O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que se recoñeceu recentemente co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.
El vendedor de humo
2. El vendedor de humo: Este curto animado formula diferentes cuestións arredor das cales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, como en ocasións lle damos demasiada importancia ás aparencias...


El hombre orquesta

A factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia de traballar en grupo. Así mesmo, reflicte que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ao extremo e isto implica danar o resto de compañeiros.

El viaje de Said
Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta curtametraxe musical de animación feita con plastilina. Nel formúlase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidariedade.



Pipas5.Pipas
Avalada por diferentes premios e coñecementos, Pipas reflicte a importancia de aprender e mostra o fracaso escolar da sociedade a través da mirada de dúas rapazas novas.



jueves, 6 de marzo de 2014

NOVO CURRICULUM EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Publicado o Real Decreto 126/2014, de 28 de febreiro, polo que se establece o currículo básico da Educación Primaria.

Podes consultalo pinchando AQUÍ.

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜISTICA EN INGLÉS: XULLO 2014

Dende hoxe ata o 14 de marzo podes solicitar unha das 2.200 prazas do programa, cunha duración de dúas semanas en xullo en distintos puntos de España.
Os requisitos para solicitar estas colonias son:
  • Cursar 5º ou 6º de Educación Primaria, ou ben, 1º ESO (é unha condición necesaria).
  • Ter obtido, como mínimo, notable como nota media do curso 2012/13 (este é o primeiro criterio para a adxudicación dunha praza).
  • Ter obtido, como mínimo, notable en Inglés no curso 2012/13 (é o segundo criterio para a adxudicación dunha praza).
  • Non superar os 13 anos a data do 31 de decembro de 2014 (é o terceiro criterio en caso de empate).
  • Non ter sido beneficiario da axuda en convocatorias anteriores (é un criterio excluínte).
Establécense dúas quendas de asistencia en réxime de internado (os gastos de transporte non están incluídos):

Primeira quenda. Do 29 de xuño ao 13 de xullo:

Grupo I: 660 prazas que deben pagar 50 euros. Pertencen a este grupo os solicitantes en orfandade absoluta, ou que pertenzan a familia numerosa, monoparental, con algún membro con minusvalía, ou cuxo sustentador se encontre en situación de desemprego ou con incapacidade permanente absoluta.
Grupo II: 440 prazas que deben pagar 200 euros.

Segunda quenda. Do 13 ao 27 de xullo de:

Grupo I: 660 prazas que deben pagar 50 euros. Pertencen a este grupo os solicitantes en orfandade absoluta, ou que pertenzan a familia numerosa, monoparental, con algún membro con minusvalía, ou cuxo sustentador se encontre en situación de desemprego ou con incapacidade permanente absoluta.
Grupo II: 440 prazas que deben pagar 200 euros.
A solicitude debe encherse nesta páxina web (podes seguir as seguintes instrucións). Ao final terás que imprimir o documento xerado pola aplicación e presentalo no centro educativo no que estea matriculado o alumno.

Aquí tes a páxina web oficial, así como o texto oficial da convocatoria, aínda que se tes máis dúbidas podes consultar no teléfono 913277681.

REAL DECRETO DE FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA 2014


No BOE do 5 de marzo de 2014 publícase o Real Decreto 127/2014 do 28 de febreiro, polo que se regulan aspectos específicos da Formación Profesional Básica das ensinanzas de formación Profesional do sistema educativo proposto na LOMCE.
Apróbanse os catorce títulos básicos e fíxanse os currículos.

Para ler o Real Decreto: R.D. Formación Profesional Básica 2014