jueves, 6 de marzo de 2014

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜISTICA EN INGLÉS: XULLO 2014

Dende hoxe ata o 14 de marzo podes solicitar unha das 2.200 prazas do programa, cunha duración de dúas semanas en xullo en distintos puntos de España.
Os requisitos para solicitar estas colonias son:
  • Cursar 5º ou 6º de Educación Primaria, ou ben, 1º ESO (é unha condición necesaria).
  • Ter obtido, como mínimo, notable como nota media do curso 2012/13 (este é o primeiro criterio para a adxudicación dunha praza).
  • Ter obtido, como mínimo, notable en Inglés no curso 2012/13 (é o segundo criterio para a adxudicación dunha praza).
  • Non superar os 13 anos a data do 31 de decembro de 2014 (é o terceiro criterio en caso de empate).
  • Non ter sido beneficiario da axuda en convocatorias anteriores (é un criterio excluínte).
Establécense dúas quendas de asistencia en réxime de internado (os gastos de transporte non están incluídos):

Primeira quenda. Do 29 de xuño ao 13 de xullo:

Grupo I: 660 prazas que deben pagar 50 euros. Pertencen a este grupo os solicitantes en orfandade absoluta, ou que pertenzan a familia numerosa, monoparental, con algún membro con minusvalía, ou cuxo sustentador se encontre en situación de desemprego ou con incapacidade permanente absoluta.
Grupo II: 440 prazas que deben pagar 200 euros.

Segunda quenda. Do 13 ao 27 de xullo de:

Grupo I: 660 prazas que deben pagar 50 euros. Pertencen a este grupo os solicitantes en orfandade absoluta, ou que pertenzan a familia numerosa, monoparental, con algún membro con minusvalía, ou cuxo sustentador se encontre en situación de desemprego ou con incapacidade permanente absoluta.
Grupo II: 440 prazas que deben pagar 200 euros.
A solicitude debe encherse nesta páxina web (podes seguir as seguintes instrucións). Ao final terás que imprimir o documento xerado pola aplicación e presentalo no centro educativo no que estea matriculado o alumno.

Aquí tes a páxina web oficial, así como o texto oficial da convocatoria, aínda que se tes máis dúbidas podes consultar no teléfono 913277681.

No hay comentarios:

Publicar un comentario