Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Premios. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2015

FINAL DE PROXECTO: PREMIO Á MELLOR EXPOSICIÓN VOZ NATURA 2015

O Proxecto deste curso "DA HORTA AO PRATO" non poido rematar mellor, con el conseguimos o premio á mellor exposición VOZ NATURA 14-15. Queremos dar as gracias a toda a Comunidade educativa pola súa colaboración no desenvolvemento deste proxecto, xa que sen eles non o poderíamos levar a cabo, de maneira especial damos grazas aos alumnos/as polo magnifico traballo e implicación no proxecto o cal permitiu levar a cabo un gran número de documentos de elaboración propia que todos a partir deste luns poderedes ver expostos na biblioteca.

GRACIAS E ENHORABOA¡¡¡¡¡¡¡¡



miércoles, 3 de abril de 2013

PREMIO VERSÁTILE BLOGGER

QUE ILUSIÓN¡¡¡ outra noticia especial¡¡¡, as compañeiras e orientadoras, Mónica Díz no seu blog Orienta  e Natalia Longo dende o seu blog Orientacioncondesa acaban de conceder a este blog o premio  VERSÁTILE BLOGGER  xunto con 10 compañeiros mais.
As normas deste simbólico sinalan que teño que contar algo persoal e conceder o premio a outros10 blogs.

Non é facil falar dun mesmo pero unha das cousas que me gusta facer e compartir e aprender.  Este o motivo do blog.  O traballo de orientadora educativa resultame estimulante, sorprendente e motivador.

Seguindo o obxectivo do premio, algúns dos meus blogs favoritos son os seguintes:  -Dou a miña felicitación a os que os administran con paciencia e sabiduría-. Son todos os que están, anque no están todos os que son:  só 10, que poden levar a cabo a misma acción, propagando a iniciativa.
1º Os blogs do meu cole
Juego de palabras
A Pega Rabilonga
Sociais CPI de Panxón
Inglés Primaria
Inglés Secundaria
e por suposto non me esquezo do blog PequesEso, esforzo colaborativo do alumnado de 1º de ESO na Materia de lingua Castelá e os tartarugas de 5 anos da escola deEducación Infantil de Dunas.

2º Blogs de Orientación
Con O de orientación
Orientación Los Pedroches
Departamento de Orientación Quiroga
El Orientador de Guardia

lunes, 1 de abril de 2013

PREMIO LIEBSTER BLOG AWARDS

Hoxe cando cheguei a casa das vacacións atopeime cunha grata sorpresa que quero compartir con todos vos. A compañeira  Isabel García no seu Blog "Las Tic en primaria acaba de conceder os premios LIEBSTER BLOG AWARDS a este blog xunto con 10 compañeiros mais.


Síntome moi agradecida xa que sempre é unha satisfacción comprobar que o traballo que realizas e compartes con ilusión é valorado por outras persoas.

Liebster Blog Award  concédese entre blogueiros coa finalidade de dar a coñecer pequenos blogss. Ao recibir o premio aceptas cumplir unha serie de condicións:
  • Nomear e agradecer o premio a ou as persoas que o concederon.
  • Responder ás once preguntas que te formulen.
  • Conceder o premio a outros once blogs que te gusten e que estén empezando.
  • Formular once preguntas para que respondan os blogueros aos que premias.
  • Visitar os blogs que foron premiados xunto co teu.
  • Informar a os blogueiros do seu premio.
Así que para cumprir con estes requisitos, contestaréi as once preguntas que me formulan:


1. Por qué decidiches crear un blog e cándo empezaches?
Iniciei o meu blog despois de facer o primeiro curso como coordinadora Abalar fai tres anos. Plantexeimo  como un reto profesional, para poder compartir tanto o meu traballo como cousas de Psicoloxía  ou relacionadas que me gustasen e as considerase útiles.
 2. Qu te aporta ter un blog?
Circula unha frase polos medios que dí: "se non tes un blog, eres un sin teito dixital, todo  o día tirado nas redes sociais". Se quero compartir algo que considero interesante teño onde facelo,  e tamén onde soñar... e senteste acompañada polos que pasan por aquí.
Ademais da facilidade que supón no traballo ter organizados os recursos.
3. Cal foi o post do teu blog que máis éxito tivo? A qué o atribues?
Os post que mais exito teñen no meu blog son os que fan referencia a técnicas e métodos de lectura así como os contos para traballar co alumnado.Penso que o éxito está en que ambos temas son tamén os que mais me gustan a min.

4. Utilizas as redes sociais?
Sí, bastante facebook para comunicarme cos amigos, twitter mais como unha rede profesional xa que encantame compartir e coñecer novidades continuamente, é unha das maneiras de estar actualizada. 
5. Para ti, ¿qué significa educar?
Relacionando coas miñas frases faoritas sobre educación, para min educar e xerar o desexo de aprender.
6. Viviches algún feito importante a través do blog?
Si bastantes momentos, para mín é moi importante que xente que non coñeces expresete o agradecemento nos seus comentarios, cheguei a facer amigos que neste momento son moi importantes para mín. E por exemplo este mesmo premio é algo moi especial ven de dúas presoas que non coñezo persoalmente pero as que sigo a través das redes.
7. Onde te nace a inspiración para escribir e continuar co blog?
Das persoas que me animan e comentanme o que leron nos meus posts. É certo que costa, e máis nos comenzos, pero daste conta que abandonar sería unha pena asi que seguir e continuar é a única opción posible.
8. Que  aprendiches a nivel personal ou profesional no  último año?
Son das que penso que nunca deixas de aprender tanto no ámbito personal como profesional, pero algo que confirmo cada día e que o esforzo sempre ten unha recompensa.
9. Cal é a túa frase favorita sobre educación?

Teño dúas frases favoritas, a primeira é "Ensinar é aprender dúas veces" de Joseph Joubert, a outra é de Arturo Graf e dí: "Excelente maestro é aquel que, ensinando pouco, fai nacer no alumno un desexo grande de aprender
10. Que consello darías as persoas sobre o mundo dos blogs?

Ten que gustarlle escribir e desfrutar compartindo sobre os temas que mais lle gusten. Necesitase paciencia e moita ilusión.
11. Casi todos os que temos un blog, escribimos sobre o que realmente nos gusta ou motiva, cómo lle explicarías a alguén a importancia da vocación por algo, de perseguir os soños...?
Supoño que te refires a pasión, entusiasmo...iso que te sae de dentro, que expresas a través dos sentidos....Involucrarte, emocionarte e contaxiar aos demais , hai algo mellor?
AS ONCE PREGUNTAS
  1. Que opinas do premio.
  2. Describe o teu blog e cando o creaches e porqué?.
  3. Que aprendiches a nivel personal ou profesional no último ano?.
  4. Que é o que mais te gusta do noso sistema educativo.
  5. E o que menos.
  6. Como o mellorarías.
  7. Viviches algún feito importante a través do blog?
  8. Cara onde imos nas redes sociais.
  9. Cales son as que mais te gustan.
  10. Por que estás nesto da educación.
  11. Engade o que queiras.
OS MEUS ONCE BLOGS PREMIADOS CO LIEBSTER BLOG AWARDS

Para ¿QuéduQué- QuéduCuándo? de Alberto del Mazo, pola súa implicación no ámbito da orientación psico-pedagóxica e educación.

Para Juego de palabras polo tempo e esforzo que Eva Vázquez realiza nel. É un blog a seguir.
Para El Orienta Blog por un traballo moi ben feito
Para Aula Tic, Encantame é visual, está moi ben feito e cumpre a función de información familia-escola. Ana parabens polo teu esforzo.
Para Orientatierra, un blog de referencia na orientación.
Para Guía de Información académica e profesional, pola súa profesionalidade e manter ao longo destes anos sempre a información actualizada, o mestre de todos os orientadores.
Para Orientación CEE de Panxón, Tere gran compañeira e amiga que ben realizando unha excelente labor no Centro de Conduta de Panxón, e que podedes coñecer a través do seu blog.
Para Psicomont de Montse garcía aporta información interesante do campo da psicoloxia.
Para Familia y cole de Jesús jarque
Para Profe PT por un bo traballo que comparte cada día con nós.
Para Un Lector Indiscreto de Fran, comentarios sobre Literatura
Enhoraboa a todos/as, foi complicado facer unha selección, pero esta é a miña proposta. Un abrazo a todos/as os/as  premiados/as!!!
Espero que siga esta roda de premios!!!


martes, 1 de mayo de 2012

MAIS DE PREMIOS

Está sendo una ponte fantástica, xa temos un novo premio¡¡ esta vez de Miren do Blog "La clase de Miren ", que fai o seu regalo a todos os blogs colaboradores dun "PROXECTO ENTRE TODOS" . 
¡MOITAS GRAZAS!



O requisito deste premio e darllo a outros Blogs e esta vez o meu premio e para Blogs do Departamento de Orientación en galego por estar empezando neste mundillo.
Susana: http://orientacioneducativaytutoria.blogspot.com.es
Charo: http://orientaasbarxas.blogspot.com.es/
Fran: http://orientador123.blogspot.com.es
Ana: http://orientatexpress.blogspot.com.es/


¡Espero que vos guste¡

lunes, 30 de abril de 2012

PREMIO BLOG ORIXINAL

Hoxe tivemos unha grande alegría xa que carmela  do Blog talleresdecarmela.blogspot.com  acordouse de nós   e concedeunos este  premio.


A Carmela agradezolle de maneira moi especial  a concesión deste premio. Ao aceptalo teño que cumplir tres requisitos.
1º Nomear a quen pensou en nós para darnos o premio.
2º Decir unha frase que me defina.
Pois sinceramente non sei que dicir, a min o de autodefinirme dáseme bastante mal, prefiro que sexan outros os que o fagan, pero...quizá a frase que mais me carácteriza é "Son o que digo e expreso", si o que mellor me califica é o que digo, o que escribo, e a miña maneira de actuar.
3º Enviar este premio a outros dez blogs.
Por suposto os meus 5 primeros premios son para as abalar-blogcpidepanxón, coas que ademais de traballo uneme unha amistade.
Eva: http://juegodepalabrascpidepanxon.blogspot.com.es/
Eva: http://estelas4epcpidepanxon.blogspot.com.es/
Andrea: http://inglesesocpidepanxon.blogspot.com.es
Montse: http://sociaiscpidepanxon.blogspot.com.es/
Yoli: http://apegarabilongacpidepanxon.blogspot.com.es/
O resto de premios son para a xente que admiro polo seu bo facer na escola.
Emilia: http://infantildeigrexa.blogspot.com.es
EEI Dunas: http://tartarugasdepanxon.blogspot.com.es/
Ana: blog http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/
Tonecho: http://cadernodetonecho.blogspot.com.es 
 Orientación: http://orientacionfriol.blogspot.com.es/
Un mais para: http://mestraprimariablog.blogspot.com.es/ 
Por último non podo esquezerme de dar as grazas a creadora deste premio: