Mostrando entradas con la etiqueta Programa de Inmersión Inglés 2014. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Programa de Inmersión Inglés 2014. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de abril de 2014

AXUDAS A ALUMNOS/AS DE ESO E BACHARELATO PARA FORMARSE EN INGLÉS 2014

A Consellería de Educación acaba de convocar axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2014, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

REQUISITOS:

Estar cursando 1º, 2º, 3º ou 4º de ESO, ou 1º e 2º de Bacharelato no curso 2013/2014.
Ter superadas todas as materias do curso 2012/2013 e ter acadado un mínimo de "ben" na materia de lingua inglesa. 
No ter concedida outra axuda coa mesma finalidade para o presente curso. 

SOLICITUDES: 

As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a travé do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es . Para o cal é necesario ter DNI electrónico.
Poderase cubrir en liña o formulario electrónico que corresponda en función da actividade en que desexan participar, a través da aplicación dispoñible desd a páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle, unha vez cuberto este formulario, gravarán os datos na aplicación en liña, o que xerará un documento en formato Adobe Acrobat que a persoa interesada deberá imprimir, asinar e entregar coa documentación correspondente nalgún rexistro.
Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario.

PRAZO DE SOLICITUDE: Do 28 de marzo ao 29 de abril. 


PERÍODO DAS ACTIVIDADES: Dende a última semana de xuño ata finais de agosto de 2014. 


PRAZAS OFERTADAS: 


ENLACE CON TODA A INFORMACIÓN: Convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

jueves, 6 de marzo de 2014

PROGRAMA DE INMERSIÓN LINGÜISTICA EN INGLÉS: XULLO 2014

Dende hoxe ata o 14 de marzo podes solicitar unha das 2.200 prazas do programa, cunha duración de dúas semanas en xullo en distintos puntos de España.
Os requisitos para solicitar estas colonias son:
  • Cursar 5º ou 6º de Educación Primaria, ou ben, 1º ESO (é unha condición necesaria).
  • Ter obtido, como mínimo, notable como nota media do curso 2012/13 (este é o primeiro criterio para a adxudicación dunha praza).
  • Ter obtido, como mínimo, notable en Inglés no curso 2012/13 (é o segundo criterio para a adxudicación dunha praza).
  • Non superar os 13 anos a data do 31 de decembro de 2014 (é o terceiro criterio en caso de empate).
  • Non ter sido beneficiario da axuda en convocatorias anteriores (é un criterio excluínte).
Establécense dúas quendas de asistencia en réxime de internado (os gastos de transporte non están incluídos):

Primeira quenda. Do 29 de xuño ao 13 de xullo:

Grupo I: 660 prazas que deben pagar 50 euros. Pertencen a este grupo os solicitantes en orfandade absoluta, ou que pertenzan a familia numerosa, monoparental, con algún membro con minusvalía, ou cuxo sustentador se encontre en situación de desemprego ou con incapacidade permanente absoluta.
Grupo II: 440 prazas que deben pagar 200 euros.

Segunda quenda. Do 13 ao 27 de xullo de:

Grupo I: 660 prazas que deben pagar 50 euros. Pertencen a este grupo os solicitantes en orfandade absoluta, ou que pertenzan a familia numerosa, monoparental, con algún membro con minusvalía, ou cuxo sustentador se encontre en situación de desemprego ou con incapacidade permanente absoluta.
Grupo II: 440 prazas que deben pagar 200 euros.
A solicitude debe encherse nesta páxina web (podes seguir as seguintes instrucións). Ao final terás que imprimir o documento xerado pola aplicación e presentalo no centro educativo no que estea matriculado o alumno.

Aquí tes a páxina web oficial, así como o texto oficial da convocatoria, aínda que se tes máis dúbidas podes consultar no teléfono 913277681.