Mostrando entradas con la etiqueta Acoso escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Acoso escolar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de noviembre de 2015

RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O BULLYING NA ESCOLA

Silvina Paricio recolle no seu Blog a publicación "10 Recursos educativos para combatir el Bullying" que se fai no blog Educación y TIC (Tiching). Estes 10 recursos agrupanse nos seguintes bloques:

  • Artículos de Información xeral
  • Artículos de Información para os mozos/as
  • Artículos de Información para as familias
  • Artículos para o profesorado
  • Artículos clasificados por autores
  • Homenaxe a Jokin
Para acceder aos artículos pincha na imaxen.

jueves, 26 de marzo de 2015

CIBERACOSO: DECÁLOGO PARA FAMILIAS

O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo elaborou unha serie de pautas para actuar en caso de ciberacoso escolar. Trátase dun breve "decálogo" dirixido a pais e nais, un breve documento con pasos a seguir unha vez se confirmou que o noso fillo/a sofre de acoso.



Decálogo de Actuación para Pais e Nais.

martes, 28 de octubre de 2014

TIPOS DE ACOSO ESCOLAR

Interesante artículo de Santiago Moll sobre os tipos de acoso escolar no seu BLOG, esta clasificación ven acompañada dun pequeno vídeo dirixido ao alumnado no que en pouco mais de 100 segundos plasma os diferentes tipos de acoso.

miércoles, 15 de octubre de 2014

CIBERBULLYNG. PREVIR E ACTUAR. GUÍA DE RECURSOS DIDÁCTICOS PARA CENTROS EDUCATIVOS


José Antonio Luengo Latorre, autor da guía, actualiza os contidos da editada hai tres anos pola Oficina do Defensor do Menor, como ferramenta de utilidade para a acción titorial nos centros educativos.

Engade unha versión electrónica que se pode descargar a través da web  www.copmadrid.org




domingo, 6 de julio de 2014

BULLYING: CURTOS

Cortometraje realizado por Camila ToledoAgustina Fernández y Melisa Olaguibet, coa colaboración de Florencia Sesto, alumnas dO ColeXio Normal 9-001 de San Martín (Mendoza, Argentina). Foi o gañador, de entre 48 propostas, do Primeiro Concurso Sobre Violencia Escolar da Zona Este "Jóvenes, Aulas y Comunidad en Paz", organizado pola Escola Nº 4-208 Prof. Domínguez de Junín.


Vídeo para reflexionar sobre o Acoso Escolar

Tamén son moi interesantes as entradas seguintes de Creaconlaura .

miércoles, 4 de diciembre de 2013

CAMPAÑA: TODOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

#NOALACOSOESCOLAR
Promovida polo Corpo de Policía Nacional



INDICACIÓNS XERAIS:
- Se es vítima dalgún tipo de acoso por parte de
un compañeiro, cóntallo a un adulto: pide axuda.

- Non estás só: pais, profesores e, se fose
necesario, en casos constitutivos de delito ou falta,
están contigo para frear esa situación

- Se como pai ou profesor detectas que o teu fillo/a ou alumno/a mostra cambios de
humor, está triste,  finxe enfermidades para non ir ao colexio ou non ten
amigos, intenta falar con el para saber que acontece e como poder intervir

-  Se debe concienciar á vítima de que non é inferior a ninguén e crear pautas
correctas para responder ás ameazas, humillacións ou maltrato do acosador

- Se es testemuña dun caso de acoso: non sexas cómplice. O teu silencio engrandece ao
maltratador e ratifícalle na súa conduta. Implícate e denuncia

- Se recibes arquivos, vídeos ou fotos nas que se humilla a un compañeiro, ou son
de carácter íntimo e privado, non participes na súa difusión: denuncia.

- Se crees que es vítima dun delito ou falta no teu centro escolar, ou coñeces a
alguén que está a ser vexado ou acosado por outros compañeiros, podes achegar a túa
información á seguinte conta de correo atendida por especialistas de



Nota deprensa

lunes, 2 de diciembre de 2013

ACOSO ESCOLAR: A CADEA DO SILENCIO

A Cadea do silencio é un documental sobre o acoso escolar que se emitiu no programa "Crónicas" de RTVE o 11 de abril de 2013. Nos 45 minutos de duración podemos coñecer experiencias de rapaces/ás que foron vítimas durante anos e de como puideron superalo. Un dos temas centrais é a principal dificultade para rematar co acoso, o silencio das vítimas e de todos os que as rodean.

Vía:Orientación


martes, 12 de noviembre de 2013

GUÍA DE ACTUACIÓN CONTRA O CIBERACOSO

Guía de actuación contra o ciberacoso.  Pais e educadores VV.AA.
Instituto Nacional de las Tecnologías de la Información. 
Ministerio de Industria, Energía y Turismo, 2013
Para descargala pincha na imaxe

domingo, 28 de abril de 2013

REVISTA CONVIVES Nº 3: ACOSO ENTRE IGUAIS-CIBERACOSO

A asociación CONVIVES, a través do número tres da súa revista, aborda nesta ocasión os procesos relacionados co acoso a través dos dispositivos dixitais e nos ámbitos virtuais, as consecuencias que provocan e as estratexias que poden previlos e sexan adecuadas para tratar de eliminalos.

miércoles, 11 de abril de 2012

QUE É O CIBERBULLIYNG?



 Neste video podemos ver cómo serían "persoalmente" as accións de acoso que se realizan na web:

 

 Estes 2 intentan facer unha equivalencia entre as " molestias" con TIC e cómo se sentirían na vida real:

 
 Un video que serve para visualizar como se sente o protagonista ante as distintas agresións, como as sofre e como fai para poder superalas.


 E... unha entrevista a un rapaz (e a súa familia) que sofreu toda a súa vida coas agresións e terminou "facendo xusticia pola súa man"... (este lamentablemente é un caso real):

 

Enlaces útiles:

jueves, 9 de febrero de 2012

O MALTRATO ENTRE ESCOLARES


de 


O Defensor do Menor de Madrid publica estas Guías de Isabel Fernandez sobre as distintas formas de maltrato entre escolares. 

Está dirixida a familias e alumnado pero tamén interesa ao profesorado pola súae claridad conceptual e para o seu posible uso como material de traballo. 




GUÍA PARA FAMILIAS

GUÍA PARA XÓVENES