sábado, 30 de noviembre de 2013

MANUEL DOCENTE PARA APLICAR NO AULA A INTELIXENCIA EMOCIONAL

O Manual divídese en tres partes: teoría, experiencias colectivas de aula e a abordaxe individual do alumno con problemas de aprendizaxe mediante casos prácticos reais.
O asesor do Centro de Formación, Innovación e Recursos Educativos (Cefire) de EldaAgustín Caruana, foi o encargado de coordinar e escribir parte da obra «Intelixencia emocional aplicada ás dificultades de aprendizaxe», no que colaboraron 40 profesionais e pais e nais de alumnos. Podedes acceder ao manual pinchando na imaxe.


Compartido por Mábel Villaescusa

viernes, 29 de noviembre de 2013

GUÍA DE INTEGRACIÓN PARA O ALUMNADO CON TEA EN AULAS ORDINARIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Para acceder pica na imaxe
Guía elaborada por Mª del Mar Gallego, en colaboración coa Unidade asistencial de Autismo da Universidade de Salamanca.

Vía Orientación y Atención a la Diversidad

lunes, 25 de noviembre de 2013

"Outra vez é #25n"

Vídeo realizado para mostrar o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres.
Edición: http://trafegandoronseis.blogspot.com Atopado en Talleres de Aprender a Aprender


 

Comparto tamén este video que encontrei nun fantástico post de Lola Urbano (@nololamento), e que se titula " Outra vez é #25n", en clara referencia ao día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ao igual que acontecía a semana pasada coa infancia, non se trata de feitos que hai que reinvidicar un só día senón que é necesario traballalo nas aulas no día a día.

 

domingo, 24 de noviembre de 2013

PINTEMOS O COLEXIO DE LARANXA

Por que este Día internacional?
Debido a que:

  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos,
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis coma na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.

Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.

No cole ímonos sumar a esta iniciativa, adornándonos durante estes dezaseis días cunha prenda ou unha cinta laranxa.

Convidámosvos a coñecer e a reflexionar sobre esta tremenda lacra cos datos e o vídeo que nos proporciona a ONU: 



Por contar nun blog (baixo pseudónomo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguíu recuperarse das feridas recibidas. 

Esta mesma semana, Malala recibiu o Premio Sajarov á liberdade de conciencia que outorga o Parlamento Europea por defender o Dereito á Educación das nenas paquistaníes. 

Podedes seguir a crónica deste acontecemento neste enlace: 


Nós quedámonos con dúas das súas frases: 
  • Algúns nenos non queren consolas, queren un libro e un bolígrafo para ir ó colexio.
  • Non quero ser coñecida como chica á que dispararon os talibáns, senon chica que loita pola educación, quero adicar a miña vida a esta causa.

Únete ó laranxa e, con Malala Yousafzai, loita contra o maltrato e a favor da Educación das Mulleres. 

lunes, 18 de noviembre de 2013

APRENDIZAXE COOPERATIVO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Comparto este fantástico documento do Departamento de Educación do Goberno de Navarra sobre a aprendizaxe cooperativa en Educación Primaria. Fonte: Orientacionandujar

Pica na imaxe para descargar

APRENDE A PROTEXERTE EN INTERNET CON "de aquÍ no pasas."

Save the Children presenta "¡De aquí no pasas! " unha iniciativa onde os adolescentes dunha forma amena e ilustrada poden aprender a protexer a súa privacidade en Internet.


martes, 12 de noviembre de 2013

RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA

A dislexia é unha dificultade específica para a linguaxe que impide recoñecer e comprender as palabras escritas. Por sorte, hoxe en día, temos ao noso alcance moitos recursos que permiten mellorar esta dificultade para a aprendizaxe da lectoescritura dos nosos alumnos.



RECURSOS EDUCATIVOS PATA TRABALLAR 


  1. Reino de las sílabas. Divertido xogo interactivo para traballa as sílabas a a fonoloxía das palabras.
  2. Fichas para descargar.Especialmente indicadas para as etapas preescolar, infantil e primaria.
  3. Las letras y yo. Libro interactivo que conta a historia dunha nena con dislexia. Consigue que os nenos que a sofren se identifiquen coa protagonista. Ademáis constitue unha interesante guía para pais e docentes.
  4. Bingo de sílabas. Material imprimible para crear un bingo de sílabas directas. As letras son de caligrafía e reforzan o aprendizaxe da lectoescritura.
  5. Dyseggxia. Aplicación que permite combinar hasta 5 tipos de exercicios para adaptala as dificultades de lectoescritura. Indicada para personas de 13 a 35 anos.
  6. Katamotz. Sitio donde podes descargar un programa específico con exercicios, actividades e xogos diseñados especialmente para traballar a dislexia e outros problemas de aprendizaxe da lectoescritura.
  7. 11 Guías útiles para docentesEncontrarás material moi útil en función das dificultades dos vosos alumnos con Necesidades Educativas Especiais (NEE).
Sabías que as características da dislexia son variables en función da idade? Coñece todas as diferenzas nesta magnífica presentación. Ademais, nestes vídeos poderás observar útiles recursos para traballar con nenos con dislexia. En Dislexia e Familia ofrecen información moi ampla para tratar esta dificultade do xeito máis axeitada e construtiva.

Se vos interesa o tema, nno deixedes de visitar estos blogs, conteñen útiles recursos educativos: Orientación Andujar o Dislexia Breal.

GUÍA DE ACTUACIÓN CONTRA O CIBERACOSO

Guía de actuación contra o ciberacoso.  Pais e educadores VV.AA.
Instituto Nacional de las Tecnologías de la Información. 
Ministerio de Industria, Energía y Turismo, 2013
Para descargala pincha na imaxe

ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO EN CONTEXTOS EDUCATIVOS

A Consellería de educación do Principado de Asturias publicou unha serie de guías que orientan sobre como se ppode intervir nas alteracións de comportamento dende a escola  e familia.  
Dar resposta educativa ás alteracións do comportamento que se observan no contexto educativo actual require un proceso de reflexión sobre o coñecemento actual respecto ao comportamento humano, as súas características e as interaccións presentes no ámbito das relacións sociais.

Ficha de publicación:

TÍTULO: ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO EN CONTEXTOS EDUCATIVOS

AUTORÍA: Profesorado do Equipo Específico Alteraciones del Comportamiento e Profesorado do programa "Trampolín".

ÁREA: Orientación educativa e necesidades educativas especiais

NIVEL EDUCATIVO: Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria

TIPO DE MATERIAL: Carpeta que contén 6 libros e un CD

EDITOR: Consellaría de Educación e Ciencia.

DATA DE EDICIÓN: Xuño 2011

LOCALIZACIÓN: Servizo de Atención á Diversidade, Orientación Educativa e Participación. Equipo Específico de Alteracións do Comportamento



Resumo do contido:

Libro 1: Bases teóricas das alteracións do comportamento. Comportamento e alteracións. Modelos explicativos dende o ámbito escolar. Factores de risco.
Caderno 2: Intervención educativa. Medidas de Centro e de Aula. Orientacións didácticas para a docencia. Incidentes e pautas de Centro e Familia.
Caderno 3: Proceso de Intervención do Equipo Específico de Alteracións do Comportamento. Protocolos, demandas, avaliación, medidas e seguimento. Direccións e contactos.
Caderno 4: Intervención familiar. Indicadores de avaliación. Interacción pais e fillos. Pautas e normas. Esferas de intervención. Anexo con cuestionarios.
Caderno 5: Programa "Trampolín" e Programa "Ponte". Alumnos destinatarios, recursos e metodoloxía. Áreas de intervención. Actividades.
Caderno 6: Técnicas e estratexias de intervención. Fichas descritivas de técnicas e actividades. Intervención ante a falta de control e impulsividade, atención e memoria de traballo, frustración e recoñecemento, habilidades sociais, modificación de conduta e resolución de conflitos, e descriptores das dinámicas de grupo (características, utilidade e limitacións).




jueves, 7 de noviembre de 2013

ATRÉVETE SE ERES HOME: XOGO EDUCATIVO

Xa estamos en novembro e acercase o día 25, nos centros celebramos o Día Internacional contra a Violencia de xénero por iso é o momento de comezar a ofrecer diversos materiais para traballar co alumnado. Entre eles pareceme moi inteante o seguinte xogo educativo.



O xogo educativo para fomentar unha masculinidade igualitaria "Atrévete se es home" é un instrumento innovador e pioneiro desenvolvido polo Departamento "Hombres por la Igualdad" adscrito á Delegación de Igualdade e Saúde do Concello de Xerez. É de especial utilidade para que os varóns de todas as idades, e, especificamente os varóns adolescentes; perciban a importancia de revisar de xeito crítico os seus modelos de masculinidade e constrúan novos modelos de relación xustos, equitativos, e saudables.


Composición do xogo:
Caderno explicativo do xogo.

Caderno de orientacións didácticas.
Caixa do xogo.
Xogo (imprimido na tapa da caixa).
Tarxetas de tipos de masculinidade.
1 Taboleiro de xogo con 32 casas.
64 tarxetas verdes.
37 tarxetas vermellas.
6 fichas.
1 dado.
30 tarxetas de capacidades.
440 billetes de puntos de felicidade:
150 billetes de 10 puntos de felicidade
130 billetes de 50 puntos de felicidade
120 billetes de 100 puntos de felicidade
40 billetes de 500 puntos de felicidade
1 caderno de 30 follas de formación da identidade masculina.
Cadro con puntuacións sobre os tipos de ambientes onde se desenvolve o xogo.
O xogo pódese utilizar, unicamente, con fins educativos, ten os correspondente dereitos de autoría e copyright.

martes, 5 de noviembre de 2013

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO: PROBAS


As Comunidades Autónomas publican as probas liberadas de cursos anteriores. Estas probas  son instrumentos moi útiles para traballar por competencias co alumnado.


"Competencias Básicas" conten unha relación de probas bastante completa de 4º de Primaria e de 2º de ESO.

Relación de Probas de 4º de EP. Editorial Santillana