A Consellería de educación do Principado de Asturias publicou unha serie de guías que orientan sobre como se ppode intervir nas alteracións de comportamento dende a escola e familia.
Dar resposta educativa ás alteracións do comportamento que se observan no contexto educativo actual require un proceso de reflexión sobre o coñecemento actual respecto ao comportamento humano, as súas características e as interaccións presentes no ámbito das relacións sociais.Ficha de publicación:
TÍTULO: ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO EN CONTEXTOS EDUCATIVOS
AUTORÍA: Profesorado do Equipo Específico Alteraciones del Comportamiento e Profesorado do programa "Trampolín".
ÁREA: Orientación educativa e necesidades educativas especiais
NIVEL EDUCATIVO: Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria
TIPO DE MATERIAL: Carpeta que contén 6 libros e un CD
EDITOR: Consellaría de Educación e Ciencia.
DATA DE EDICIÓN: Xuño 2011
LOCALIZACIÓN: Servizo de Atención á Diversidade, Orientación Educativa e Participación. Equipo Específico de Alteracións do Comportamento
Resumo do contido:
Libro 1: Bases teóricas das alteracións do comportamento. Comportamento e alteracións. Modelos explicativos dende o ámbito escolar. Factores de risco.
Caderno 2: Intervención educativa. Medidas de Centro e de Aula. Orientacións didácticas para a docencia. Incidentes e pautas de Centro e Familia.
Caderno 3: Proceso de Intervención do Equipo Específico de Alteracións do Comportamento. Protocolos, demandas, avaliación, medidas e seguimento. Direccións e contactos.
Caderno 4: Intervención familiar. Indicadores de avaliación. Interacción pais e fillos. Pautas e normas. Esferas de intervención. Anexo con cuestionarios.
Caderno 5: Programa "Trampolín" e Programa "Ponte". Alumnos destinatarios, recursos e metodoloxía. Áreas de intervención. Actividades.
Caderno 6: Técnicas e estratexias de intervención. Fichas descritivas de técnicas e actividades. Intervención ante a falta de control e impulsividade, atención e memoria de traballo, frustración e recoñecemento, habilidades sociais, modificación de conduta e resolución de conflitos, e descriptores das dinámicas de grupo (características, utilidade e limitacións).
No hay comentarios:
Publicar un comentario