domingo, 31 de marzo de 2013

DOCUMENTAL: EDUCACIÓN EMOCIONAL

Interesante documental rodado no colexio Sagrada Familia de Gavà. Realizado para a asignatura de documental de ESCAC a Terrassa 2012/2013. 
O documental está rodado en catalán preo con subtítulos en español, ofrece recursos que poden ser un bo inicio dunha educación emocional

 Por: Andrea Czajkowski, Artur Cruz, Gerard Rodríguez, Laura Niubó, Joana Garcia.



lunes, 25 de marzo de 2013

CONTO DE INTEGRACIÓN: "DICEN DE ÉL"



É un conto cuxo protagonista é un rapaz con autismo.
Ao final hai  un apartado de comprensión con preguntas e respostas.

lunes, 18 de marzo de 2013

CARA UNHA METODOLOXÍA INCLUSIVA: DOCENCIA COMPARTIDA E TRABALLO EN GRUPO

No blog de Orientación educativa fan unha entrada sobre Formación en Metodoloxía Inclusiva moi interesante  que pode servernos a todos aqueles que queremos aprender e poñer en práctica outras metodoloxías. Nesta entrada a compañeira fai referencia a uns materiais de María Aguirre, orientadora educativa, a cal está a impartir un seminario denominado “HACIA UNA METODOLOGÍA INCLUSIVA: DOCENCIA COMPARTIDA Y TRABAJO EN GRUPO”.
Todo isto exponse na páxina deste blog:
FORMACIÓN: METODOLOXÍA INCLUSIVA”  e nas páxinas enlazadas ”DOCENCIA COMPARTIDA” e ”TRABALLO EN GRUPOS“, desglosada en grupos colaborativos, interactivos e titoría entre iguais.

viernes, 15 de marzo de 2013

ESCOLARIZACIÓN 2013-14


Toda a información sobre o proceso de escolarización:
Publicouse a orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula a admisión de alumnado de EI, EP, ESO e Bacharelato para o vindeiro curso 2013- 2014.


Os prazos previstos nesta orde para a tramitación dos procedementos de admisión e de matriculación do alumnado, son os seguintes:
    1. Reserva de praza no centro de adscrición: 18 - 22 de marzo.
    2. Data do sorteo público a efectos de desempate: antes do 2 de abril.
    3. Publicación de postos escolares vacantes: 4 de abril.
    4. Presentación da solicitude de admisión: 5 - 17 de abril.
    5. Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: 22 de abril – 3 de maio.
    6. Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: até 10 de maio.
    7. Publicación das listaxes definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 31 de maio.
    8. Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: 20 - 30 de xuño.
    9. Formalización da matrícula en ESO e bacharelato: 25 de xuño - 10 de xullo.
   10. Prazo extraordinario de formalización de matrícula ESO e bacharelato: 1 - 10 de setembro.
Para acceder a información completa pinchade nos enlaces:

martes, 12 de marzo de 2013

PROBAS DE ACCESO GRAO MEDIO. LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS INSCRITAS


Publicada a listaxe provisoria de persoas inscritas nas probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

OJOS NEGROS


Lluís Farré traenos un conto sobre cómo as diferencias fannos distintos pero iguais. Presentanos un entrañable relato no que plantexa un choque de posturas, contrasta a visión tremendista dos pais coa que ten o neno, moito mais sinxela e natural e que desemboca nunha sensacional conversación, de gran beleza e enorme forza narrativa, entre o pequeno e os seus amigos, ao final do libro. Unha conversación deliciosa que fará pensar ao lector sobre qué significa ser diferentes e ao mesmo tempo, iguais, ao resto.
Ojos negros está publicado en Barco de Vapor e está recomendado a lectores de 6-7 años.


ACCIÓNS E MENSAXES EN POSITIVO

Video sobre boas accións desinteresadas e improvisadas que facemos polos demais e o  efecto que teñen en aqueles que son testigos de iso.

lunes, 11 de marzo de 2013

A HORA DO PLANETA: APAGA A LUZ O 23 DE MARZO DE 20:30 A 21:30


En 2012, máis de 7.000 ciudades de 150 países apagaron as luces dos seus principais monumentosey edificios emblemáticos, enviando así un claro mensaxe: os xestos simbólicos poden xenerar grandes cambios se conseguimos un compromiso global durante todo o año. 
A campaña tomou enton unha nova dimensión invitando aos cidadáns a ir máis alá e adoitar medidas de aforro enerxético durante todo o ano. Foi o ano dos pequenos e grandes compromisos para crear un modelo de vida máis sostible e respetuoso co medio ambiente. Foi o ano dos retos, dos desafíos e a gran pregunta, Que serías capaz de facer para salvar o planeta?
HORA DO PLANETA 2013
Materiais didácticos 
Este ano, WWF plantexa un novo desafío: imos a crear unha comunidade global interconectada que amose ata onde podemos chegar para cambiar o mundo en que vivimos. Queremos que todos, individuos, empresas, concellos e centros educativos, aposten por ser máis eficientes e autosuficientes no uso da enerxía e promuevan as enerxías limpas para lograr, desta maneira, reducir o nivel de emisións de C02 do planeta. Usa a túa imaxinación e túas redes sociais para difundir a campaña entre os teus  seguidores e anímalles a que fagan o mesmo. Cantos máis sexamos, máis forte oiráse a nosa voz..
Que a inspiración dunha hora máxica serva para construir un futuro sostible. O vindeiro 23 de marzo, de 20.30 a 21.30 apaga a luz.

domingo, 10 de marzo de 2013

"ONE WOMAN"

ONE WOMAN, supón un proxecto compartido por cantantes, mulleres e homes, que cantan cunha mensaxe común: "NOSOTROS SOMOS UNA MUJER". Podes ver todo o proceso do proxecto. AQUÍ.



CANTANTES que PARTICIPAN:
 Ana Bacalhau (Portugal); Angelique Kidjo (Benin); Anoushka Shankar (India); Bassekou Kouyate (Malí); Bebel Gilberto (Brasil); Beth Blatt (Estados Unidos de América); Brian Finnegan (Irlanda); Buika (España); Charice (Filipinas); Cherine Amr (Egipto); Debi Nova (Costa Rica); Emeline Michel (Haití); Fahan Hassan (Reino Unido); Idan Raichel (Israel); Jane Zhang (China); Jim Diamond (Reino Unido); Keith Murrell (Reino Unido); Lance Ellington (Reino Unido); Marta Gómez (Colombia); Maria Friedman (Reino Unido); Meklit Hadero (Etiopía); Rokia Traoré (Malí); Vanessa Quai (Vanuatu); Ximena Sariñana (México); Yuna (Malasia).

miércoles, 6 de marzo de 2013

DROGAS: ALCOHOL

O pasado 25 de febreiro o programa de RTVE "A Mirada de Elsa" centrouse no alcohol, e en como este é capaz de alterar o cerebro en desarrollo dos xóvenes e adolescentes.

lunes, 4 de marzo de 2013

PROBAS PARA VALORA O NCC EN INFANTIL, PRIMARIA E SECUNDARIA


8 de marzo: DÍA DA MULLER TRABALLA

Xa está moi preto o 8 de marzo, dende este blog e dende o CPI de Panxón sempre adicamos unha entrada a esta conmemoración xa que son moitos os logros conseguidos, pero aínda queda un camiño moi longo por percorrer na loita pola igualdade de dereitos e oprtunidades.
Recollemos aquí algunhas da moitas propostas didácticas que existen para levar ás aulas nestes días:
A canción One woman, unha soa muller, presentaráse o 8 de marzo, día internacional da muller, cantantes e músicos  de todo o mundo reuníronse para enviar unha mensaxe de unidade e solidaridade a favor dos dereitos das mulleres e a igualdade de xénero.
Tamén pódese colaborar contestando este test que aparece no apartado Involúcrate da páxina e participar na campaña de apoio envíando un tweet
One Woman
We are One Woman,
You cry and I hear you.
We are One Woman,
You hurt, and I hurt, too.
We are One Woman,
Your hopes are mine.
We shall shine.
Toda a letra da canción aquí

viernes, 1 de marzo de 2013

PAIS DIFICILES FILLOS CON PROBLEMAS

Tratase dun documental que consta de seis partes nas que se amosa un neno con problemas de conduta e analízanse extensamente as diferentes variables que inflúen na conduta e as que manteñen os comportamentos problemáticos. 

 

PAIS DIFICILES NENOS CON PROBLEMAS, PARTE 2
PAIS DIFICILES NENOS CON PROBLEMAS, PARTE 3
PAIS DIFICILES NENOS CON PROBLEMAS, PARTE 4
PAIS DIFICILES NENOS CON PROBLEMAS, PARTE 5
PAIS DIFICILES NENOS CON PROBLEMAS, PARTE 6