martes, 15 de febrero de 2011

9 letras, blog con recursos para o ensino da linguaxe

Como parte da cultura participativa da que forman parte os blogs, Alberto Abarca, pon a disposición de toda a comunidade educativa, un blog destinado á ensinanza e aprendizaxe da linguaxe.
Aborda todos os compoñentes ou requisitos que están presentes nese aprendizaxe, a memoria, a atención, a discriminación... Todo isto a través dun material, tanto en formato papel, como electrónico; neste último caso, con presentacións interactivas.
Trátase dun material que á simplicidade do seu uso, engade a efectividade e a posibilidade de modificalo. A presentación é clara e o rigor indudable.
Seu autor fai a seguinte descripción:

Este blog é básicamente un centro de recursos para o aprendizaxe da linguaxe oral, a lectura e a escritura. Os materiais, todos de elaboración propia, están realizados en dous formatos: word (imprimibles) e aplicacións PowerPoint, cun deseño interactivo e gran apoio de imáxenes e sonidos. O blog ten un ano de vida e recibe actualizacións semanais con novos materiais orixinais.
Consta das seguintes páxinas:
COMPRENSIÓN
Consta de actividades powerpoint interactivas así como de fichas imprimibles para traballar os procesos de comprensión lectora. Traballase a diferentes niveis: palabras, frases, textos.
ESCRITURA
Nesta páxina atopanse agrupadas diversas actividades interactivas en Power Point que traballan fundamentalmente os procesos de escritura: copiar palabras, escribir o representado por unha imaxen, dictado de palabras, separar palabras nunha frase, etc. Os diversos tipos de actividade están agrupadas en series que teñen o mesmo nome de arquivo cunha extensión numérica que correspondese con seu nivel de dificultade.
Tamén inclúe outras páxinas con actividades de lectoescritura, memoria, lectura, ortográfia, verbos...

XOGOS EDUCATIVOS