Mostrando entradas con la etiqueta Día da discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da discapacidade. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de marzo de 2013

OJOS NEGROS


Lluís Farré traenos un conto sobre cómo as diferencias fannos distintos pero iguais. Presentanos un entrañable relato no que plantexa un choque de posturas, contrasta a visión tremendista dos pais coa que ten o neno, moito mais sinxela e natural e que desemboca nunha sensacional conversación, de gran beleza e enorme forza narrativa, entre o pequeno e os seus amigos, ao final do libro. Unha conversación deliciosa que fará pensar ao lector sobre qué significa ser diferentes e ao mesmo tempo, iguais, ao resto.
Ojos negros está publicado en Barco de Vapor e está recomendado a lectores de 6-7 años.


martes, 4 de diciembre de 2012

CONTO: LETRAS DIFERENTES

Como sabedes no CPI este curso estamos desenvolvendo un proxecto de Fomento lector coas TICs entre o alumnado de 1º de ESO e o alumnado da EEI “AS DUNAS” 5 anos. 


Neste 3 de decembro en que conmemoramos O Día Internacional da Discapacidade os alumnos/as de 1º de Eso non esqueceron aos seus compañeiros de Dunas. A partir dun traballo interdisciplinar entre o Departamento de orientación, que se encargou de sensibilizar ao alumnado coas discapacidades, o Departamento de Sociais que traballou cunha Unidade didáctica a película “Intocable”, xurde dende o Departamento de Lingua a creación dun conto sobre discapacidade “Letras diferentes” para que o alumnado de Infantil 5 anos, traballe este día da discapacidade.

 ¡¡¡¡¡Enhoraboa rapaces polo voso esforzo e bo facer¡¡¡¡¡



domingo, 2 de diciembre de 2012

NIN MÁIS NIN MENOS:A DISCAPACIDADE EXPLICADA AOS NENOS


Cadernos de Educación en Valores nº 4 - Por preguntar que noN quede - Colección editada por FETE UGT
Nadie é igual a nadie e ése é o noso tesoiro. Mira ao redor e escoita o canto do colibrí, a mirada repousada da lechuza, o camiñar da gacela,o facer da abella... Cada animal ten a súa forma de vivir, de camiñar, de mirar… Tí eres unha persoa única: sabes o que quieres, sabes cómo xogar, aprender ou conversar... ¡A túa maneira!
Textos: Luz Martínez Ten; Asesoría en discapacidade: Blanca Leyva San Juan
Colaboración especial: Maite Ruano López, alumna co síndrome de Smith Magenis
Ilustración e deseño: Mauricio Maggiorini Tecco (Gen); Cartel: Lucía Sagredo Miller


jueves, 29 de noviembre de 2012

DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

Este ano tamén quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas discapacidades, e con un pouco de adianto xa que ata o día 3 de decembro non se conmemora O Día Mundial da Discapacidade, celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o departamento de orientación e o equipo de biblioteca organizaron unha sensibilización xunto coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
Así que hoxe 29 de novembro, en dúas sesións a primeira adicada a 3º da ESO e a segunda sesión a 4º da ESO, Francisco Traballador social de COGAMI e Moncho voluntario con lesión medular imapartiron unha charla de PREVENCIÓN DE LESIÓNS MEDULARES no colexio.   
Francisco explicou aos nenos o que era unha lesión medular e o que implicaba así como as súas causas mais comúns, mentres Moncho ía puntualizando coa súa propia experiencia as palabras do seu compañeiro, contounos como foi o seu accidente e todo o que implicou para el esta lesión
Comprendemos que, fora de días internacionais e leis, a realidade, a cruda realidade é tozuda. Hai avances, pero son insuficientes. As rúas dos distintos barrios están cheas de bordillos imposibles para persoas que usen silla de rodas. Por suposto, os autobuses non están preparados (excepto un pequeno porcentaxe dos mesmos) para persoas con movilidade reducida, qué dicir dos trens. Temos zonas de estacionamento reservado a minusválidos (negome a usar unha,  palabra ofensiva, sobre todo despois de coñecer a Moncho) persoas de movilidade reducida que frecuentemente están ocupadas por conductores sin escrúpulos e sen conciencia. Dos edificios públicos mellor non falar. Se queres ir ao cine, ofrecente a “fila cero” a un metro da pantalla para que non subas escaleiras, ¡¡qué amables!! porque estes espazos de ocio non están pensados para esas persoas das que hoxe toca acordarse.

Dende este blog queremos darlle as grazas a Francisco e a Moncho  por compartir o seu tempo con todos nós. A actividade impartase de maneira gratuíta.


COGAMI Vigo

Locais "Rivera Atienza"
Avda. Martínez Garrido,21 Interior.
36205 Vigo 
Tlf.:  986 281 893 / 897 
silvigo@cogami.es

miércoles, 22 de febrero de 2012

MÁIS CINE.....COMO APOIO AO ENSINO

El color del paraíso. Rang-e khoda/The color of paradise
1999. Irán. 90 min.
Dirección y guión: Majid Majidi.
Producción: Mehdi Karimi.
Música: Alireza Kohandairi.
Fotografía: Mohammad Davoodi.
Montaje: Hassan Hassandoost.

Tema apasionante: a educacion para a inclusión dos nenos/as con discapacidade, neste caso visual. 
Mohammad é un neno  cego de oito anos que estuda nun colexio especial de Teherán. Intelixente e hipersensible, desenvolveu extraordinariamente os demáis sentidos e sofre coa rudeza do seu pai, un carbonero viudo que ve a o seu fillo como unha maldición de Dios. Esta frialdade marca as vacacións de Mohammad no seu pobo natal, unha preciosa aldea perdida nas terras altas do norte de Irán. Alí, o rapaz intenta ganarse ao seu pai que está obsesionado con volver a casarse ,mentras disfruta da natureza e do cariño das súas irmáns e da súa avoa, unha muller traballadora, vitalista e relixiosa.
A ficha para traballar con ela, atopámola AQUÍ, tamén se poden tomas ideas para traballar a película AQUÍ
En Youtube está a película dividida en 9 partes e en moi boa calidade.

viernes, 16 de diciembre de 2011

CELEBRAMOS O DÏA DA DISCAPACIDADE (3 de decembro)

Con un pouco de retraso celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o departamento de orientación xunto co equipo de biblioteca organizou unha sensibilización xunto coa Asociación de persoas xordas de vigo (FAXPG).
Así que hoxe 16 de decembro, en dúas sesións a primeira adicada ao 1º e 2º ciclo de educación primaria e a segunda sesión ao 3º ciclo, Camilo mestre de lingua de signos e xordo xunto con dous intérpretes fixo dúas actividades:

1º Campaña de sensibilización: Camilo explicou aos nenos e nenas como é un día na vida cotiá dun xordo e de que medios se serven para poder ser autónomos, para iso utilizou unha presentación na que a través dun neno xordo chamado Iago ía recorrendo as diferentes actividades cotiás nas que un nenos xordo pode ter problemas, atopa barreiras   que lle poden impedir a súa integración na sociedade, escola..etc, e coa axuda colaborativa do alumnado ía presentando as solucións. Para rematar a acampaña vimos un vídeo "O sono de pedro"



(Narra as aventuras de Pedro, un neno xordo que descubre o significado da Integración. Este material pretende mentalizar á sociedade de que as persoas xordas e, neste caso, os nenos/as xordos teñen as mesmas capacidades que calquer outro neno/a, só temos que crer nelas e favorecer a supresión das barreiras de comunicación que lles impiden desenvolverse con normalidade.)
2ª Contacontos: Logo da fase de sensiblizació fixeron un contacontos en lingua de signos, "Un culete independiente": Camilo contaba o conto na lingua de signos e unha intérprete faciao en lingua oral.



A sesión durou aproximadamente unha hora, e os nenos/as estiveron moi interesados, fixeronlle moitas preguntas e disfrutaron moitísimo co contacontos. ¡Ah! e tamén despois da sesión apredemos algúns signos básicos desta lingua, deixaronnos unha folla co abecedario que os nenos/as levaron moi contentos e con moitas ganas de aprender.
Dende este blog queremos darlle as grazas a Camilo e aos seus intérpretes por compartir o seu tempo con todos nós. A actividade impartase de maneira gratuíta.


Asociación de Personas Sordas de Vigo
C/ Romil; 22-24 Bajo36202 Vigo
Teléfono 986 281 370