Mostrando entradas con la etiqueta CINE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CINE. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de marzo de 2014

CURTAMETRAXES PARA EDUCAR EN VALORES

O cine levou á gran pantalla moitas películas nas que se tratan temas relacionados co mundo da educación. Educación 3.0 recompilou cinco curtametraxes pensadas non só para traballar en clase, senón tamén na casa para educar en valores ao alumnado e que reflexione sobre diferentes temas como a amizade, a solidariedade, o traballo en equipo...
1. Cuerdas: O guionista e director Pedro Solís García dirixe esta pequena obra de arte que se recoñeceu recentemente co Premio Goya 2014 á Mellor Curtametraxe de Animación. A tenrura, a amizade, a inocencia ou a xenerosidade son algúns dos valores tratados.
El vendedor de humo
2. El vendedor de humo: Este curto animado formula diferentes cuestións arredor das cales os alumnos teñen a oportunidade de reflexionar: o consumismo, a picaresca, como en ocasións lle damos demasiada importancia ás aparencias...


El hombre orquesta

A factoría de animación Pixar é a autora desta curtametraxe (tamén de animación) cuxa trama recolle a importancia de traballar en grupo. Así mesmo, reflicte que as rivalidades non sempre son boas, en especial cando son levadas ao extremo e isto implica danar o resto de compañeiros.

El viaje de Said
Coke Riobóo dirixiu en 2006 esta curtametraxe musical de animación feita con plastilina. Nel formúlase o problema da inmigración, e tamén quere educar en valores como a solidariedade.



Pipas5.Pipas
Avalada por diferentes premios e coñecementos, Pipas reflicte a importancia de aprender e mostra o fracaso escolar da sociedade a través da mirada de dúas rapazas novas.



domingo, 23 de febrero de 2014

PROPOSTA DIDÁCTICA: "A PESAR DE TODO, QUÉROTE"

Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película "A pesar de todo, quérote". A proposta preséntase en Moodle dende a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

En canto aos contidos, a proposta de traballo que se ofrece centra o seu foco de atención sobre o tratamento da educación en valores, facendo fincapé na educación emocional, na educación viaria e mais na educación para a saúde. A metodoloxía de traballo que se propón é a realización de actividades antes, durante e despois do visionado do filme para afondar logo no desenvolvemento da aprendizaxe. Ao final de cada módulo ofrécese unha tarefa que contribúa ao afianzamento do coñecemento adquirido co espírito do traballo por proxectos. Debido á sensibilidade dos temas que se tratan na película, son as actividades as que van orientando o alumnado para que constrúan pouco a pouco as relacións que existen entre a inmadurez emocional, os factores de risco, as condutas nocivas... a partir das súas sensibilidades, das súas experiencias e dos seus intereses.

Ademais, a unidade aborda o tratamento da linguaxe cinematográfica para achegar o cine como recurso didáctico para comprensión da nosa realidade cotiá e de nós mesmos. A verosimilitude da ficción representada, a idade dos personaxes protagonistas e a actualidade dos temas abordados ofrecen un marco de traballo óptimo para que o alumnado se achegue con curiosidade aos produtos audiovisuais con sentido crítico e mais con interese estético.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.

miércoles, 22 de febrero de 2012

MÁIS CINE.....COMO APOIO AO ENSINO

El color del paraíso. Rang-e khoda/The color of paradise
1999. Irán. 90 min.
Dirección y guión: Majid Majidi.
Producción: Mehdi Karimi.
Música: Alireza Kohandairi.
Fotografía: Mohammad Davoodi.
Montaje: Hassan Hassandoost.

Tema apasionante: a educacion para a inclusión dos nenos/as con discapacidade, neste caso visual. 
Mohammad é un neno  cego de oito anos que estuda nun colexio especial de Teherán. Intelixente e hipersensible, desenvolveu extraordinariamente os demáis sentidos e sofre coa rudeza do seu pai, un carbonero viudo que ve a o seu fillo como unha maldición de Dios. Esta frialdade marca as vacacións de Mohammad no seu pobo natal, unha preciosa aldea perdida nas terras altas do norte de Irán. Alí, o rapaz intenta ganarse ao seu pai que está obsesionado con volver a casarse ,mentras disfruta da natureza e do cariño das súas irmáns e da súa avoa, unha muller traballadora, vitalista e relixiosa.
A ficha para traballar con ela, atopámola AQUÍ, tamén se poden tomas ideas para traballar a película AQUÍ
En Youtube está a película dividida en 9 partes e en moi boa calidade.

martes, 21 de febrero de 2012

CINE COMO APOIO AO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE


Eula é un proxecto de innovación pedagóxica que pretende apoiar os procesos de ensino e aprendizaxe con contidos cinematográficos e audiovisuais, para lograr aprendizaxes significativos, relevantes e atractivos, potenciando as competencias básicas de forma lúdica e motivadora. Ademáis do contido curricular, Eula fomenta o coñecemento de outras linguas e culturas e aproveita o potencial das Tecnoloxías da Información e a Comunicación á búsqueda da atención, a vinculación e a emoción dos estudantes.

sábado, 4 de febrero de 2012

LOS LIBROS FANTÁSTICOS DE VUELO DEL SEÑOR MORRIS LESMOORE

Curtametraxe de animación baseado no huracán Katrina, Buxter Keaton, o mago de Oz , e o amor polos libros.......Tratáse dunha historia sobre xente que adica a súa vida aos libros e como estes lles devolven o favor. Preciosa historia nominada aos Oscars 2011.

viernes, 16 de diciembre de 2011

TRABALLANDO A EDUCACIÓN EN VALORES.:EL UNICORNIO DE PORCELANA

Vídeo para traballar a educación en valores e a intelixencia emocional do noso alumnado, ademais de dar a coñecer unha parte moi oscura da historia de Europa.

domingo, 17 de abril de 2011

O CINE COMO RECURSO

O cine é unha excelente ferramenta pedagóxica e un excelente recurso utilizado na educación formal e non formal. As películas reflexaron  dende diversas perpectivas fenómenos como as migracións, a violencia cara  a muller, a discapacidade ou o mundo do traballo e a problemática xurídica, laboral e social que se deriva do mesmo.

A escoita activa

Le Fabuleux Destin d'Amélie Poulain (mais coñecida en España como Amelie) sirvenos  para analizar a través da protagonista principal (unha xoven que intenta arreglar a vida dos demais) a capacidade de escoita activa.




Autorregulación
La vida es bella” arranca como unha idílica comedia na Italia de Mussolini. Sen embargo, aa película da un xiro inesperado. A familia que Guido, Dora e o seu pequeno Giosué formaron é detida e enviada a un campo de concentración. Guido fai todos os esforzos para que o seu fillo crea que atopanse nun "campamento de verán" e que están participando nun divertido xogo, cuxo premio é un tanque real. A fábula de Roberto Benigni amosanos entre outras a capacidade das persoas para influir sobre as circunstancias que lles rodean e a rapidez en situacións adversas.




Empatía

Soe definirse a empatía como a capacidade  de poñerse no lugar do outro. A través desta escea da película Mejor cumplido Imposible, pódese analizar a falta de empatía e capacidade para relacionarse cos demais do seu protagonista



Influencia

O cine de animación pode ser un excelente recurso didáctico. Con este magnífico cortometraxe podemos ver  "como  todo o que facemos influe nos demais, anque non nos demos conta".



Si te interesa o tema podes consultar:

Cine para usar o cerebro
Películas para secundaria
Cine e traballo (II): películas que retratan a realidade laboral
Cine e traballo (III): películas para ensinar economía e organización de empresas