lunes, 30 de abril de 2012

PREMIO BLOG ORIXINAL

Hoxe tivemos unha grande alegría xa que carmela  do Blog talleresdecarmela.blogspot.com  acordouse de nós   e concedeunos este  premio.


A Carmela agradezolle de maneira moi especial  a concesión deste premio. Ao aceptalo teño que cumplir tres requisitos.
1º Nomear a quen pensou en nós para darnos o premio.
2º Decir unha frase que me defina.
Pois sinceramente non sei que dicir, a min o de autodefinirme dáseme bastante mal, prefiro que sexan outros os que o fagan, pero...quizá a frase que mais me carácteriza é "Son o que digo e expreso", si o que mellor me califica é o que digo, o que escribo, e a miña maneira de actuar.
3º Enviar este premio a outros dez blogs.
Por suposto os meus 5 primeros premios son para as abalar-blogcpidepanxón, coas que ademais de traballo uneme unha amistade.
Eva: http://juegodepalabrascpidepanxon.blogspot.com.es/
Eva: http://estelas4epcpidepanxon.blogspot.com.es/
Andrea: http://inglesesocpidepanxon.blogspot.com.es
Montse: http://sociaiscpidepanxon.blogspot.com.es/
Yoli: http://apegarabilongacpidepanxon.blogspot.com.es/
O resto de premios son para a xente que admiro polo seu bo facer na escola.
Emilia: http://infantildeigrexa.blogspot.com.es
EEI Dunas: http://tartarugasdepanxon.blogspot.com.es/
Ana: blog http://aulatic-terradeferrol.blogspot.com.es/
Tonecho: http://cadernodetonecho.blogspot.com.es 
 Orientación: http://orientacionfriol.blogspot.com.es/
Un mais para: http://mestraprimariablog.blogspot.com.es/ 
Por último non podo esquezerme de dar as grazas a creadora deste premio:

domingo, 29 de abril de 2012

PROGRAMAS INTELIGENCIA EMOCIONAL

PROGRAMA DE INTELIGENCIA EMOCIONAL RAQUEL CASTAÑO HERNÁNDEZ . 1º, 2º e 3º de EDUCACIÓN PRIMARIA

Via Victor Abella

MATERIAIS IES-EOP

Materiales IES-EOP | Orientación y convivencia | Scoop.it
Recopilación de materiais elaborados ou seleccionados por orientadores da provincia de Málaga para a propia práctica profesional nos centros educativos, clasificados en sete grandes grupos: acción titorial e convivencia, necesidades educativas especiais, orientación académica e profesional, competencias básicas, atención sanitaria do alumnado, trastornos graves de conducta e recursos.

AXUDA AO ESTUDO

Ayuda al estudio | Orientación y convivencia | Scoop.it
Blog de axuda ao estudo para alumnos/as de ESO e Bacharelato (e un repasiño de primaria) de Mábel Villaescusa

miércoles, 25 de abril de 2012

PROBAS LIBRES DE CERTIFICACIÓN DE COÑECEMENTO DE IDIOMAS

de 
 Todos aqueles que teñades coñecemento dalgún idioma, pero non tedes forma de acreditalo, vos podedes presentar a estas probas. Tedes de prazo ata o 27 de abril para vos matricular coa finalidade de realizar estas probas e obter unha certificación oficial que acredite a vosa competencia lingüística.
Quen pode presentarse?
Todas as persoas que quixeren, coa excepción do alumnado xa matriculado no mesmo curso e nivel en modalidade oficial. Non é preciso ter aprobado o exame de certificación dun nivel inferior para poder matricularse e presentarse a un superior.
Estas probas de certificación son comúns para todas as modalidades e réximes de ensinanza en cada EOI e permiten o acceso directo ás ensinanzas do nivel inmediatamente superior. 
Cando terán lugar?
As probas terán lugar en dúas quendas, en xuño e setembro. O calendario para as probas escritas (comprensión escrita, comprensión oral, expresión escrita) é único para todas as EOI de Galicia. O calendario para as probas de expresión oral é fixado por cada Escola, podendo ter lugar antes ou despois das probas escritas. O calendario definitivo das probas orais e as diferentes convocatorias por linguas será publicado, alén de nos taboleiros da Escola, na categoría Exames desta mesma páxina web. 

Todas/os aqueles que desexedes presentarvos, podedes consultar aquí as guías de BásicoIntermedio ou Avanzado, segundo corresponda, e os modelos de exames de anos anteriores.

A matrícula realízase en liña, a partir da ligazón: 

CADERNOS PARA A MELLORA DA LECTOESCRITURA E A DISLEXIA

Do mesmo Blog do que enlazamos o caderniño de actividades para a mellora da atención (blog PT del Sansueña), tamén destacamos os caderniños para a mellora da lectoescritura e a dislexia.
                                      


CADERNO PARA TRABALLAR A ATENCIÓN E A HIPERACTIVIDADE


FICHAS DE MEJORA DE LA ATENCIÓN E HIPERACTIVIDAD.

Recollemos  un caderniño de actividades feitas por Raúl Álvarez Alejo, do blog PT del Sansueña para traballar a mellora da atención e hiperactividade,  a través da lectoescritura e ortografía, están destinadas ao 1º e 2º ciclo de Educación Primaria. 

martes, 24 de abril de 2012

domingo, 22 de abril de 2012

22 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DA TERRA

Pincha na imaxe e accede aos recursos do INTEF para desenvolver o tema nas aulas.


sábado, 21 de abril de 2012

AS FICHAS DE LECTURA AGORA DE MANEIRA INTERACTIVA


Xa era un material moi atractivo para o alumnado e básico para traballar as Competencias, pero agora o noso alumnado poderá facelas no ordenador,  corrixense soas e de manera mais motivante. 

Real Decreto-ley 14/2012, de 20 de abril,







MAIS DE EMOCIÓNS: "Cultivando emocións"


Publicación da Generalitat Valenciana moi interesante: "Cultivando emociones". Está dirixido a nenos/as de 3 a 8 anos (Educación Infantil e primeiro Ciclo de E. Primaria).

Para todos aqueles que xa estámos traballando as emocións nos centros e para os que estádes interesados no tema, este pode ser un material útil. 


P.E.D.E: PROGRAMA DE DESARROLLO EMOCIONALÉ un programa elaborado pola Consellería de Educación do Principado de Asturias. O material editouse en xuño do 2011 e pretende contribuir a que os alumnos/as de Educación Primaria saiban manexar eficazmente as súas emocións, manexo que redundará positivamente no seu rendemento escolar, nas relacións cos demais e en definitiva, en conseguir mais éxito persoal. O material consiste nun libro guía e tres cadernos de actividades.

MATERIAIS PARA DESCARGAR:
 

viernes, 20 de abril de 2012

O NOVO MOBILIARIO ESCOLAR

www.humordemorgan.com
J. Morgan

UN AGASALLO PARA O DÍA DO LIBRO

Dende Ticdeplata invitannos a recorrer dous excelentes "libros interactivos vivos", disfrutando coas súas ilustracións e véndoas en movemento; ben léndoas ou ben escoitandoas,decargándoas como texto ou enviándoas por email aos amigos e amigas polo Día do Libro.
Un para Educación Infantil titulado La selva de Mario de Carlo Frabetti, con ilustracións de Adolfo Serra.
Outro para Educación Primaria titulado Julia, pato y el espía tamén de Carlo Frabetti e con ilustracións de Mónica Calvo.
Anque pola súa beleza e interactividade son atractivos para a primeira, segunda, terceira ou cuarta idade...
Esperamos que os disfrutedes.
Fuente: www.profesoresyseguridadvial.com/libro-interactivo

jueves, 19 de abril de 2012

AXENDA EUROPA

A Axenda Europa foi publicada por Generation Europe Foundation dende 1995 e  distribuese nos centros de Educación Secundaria que o soliciten. 
Está diseñada para ser utilizada como unha ferramenta de ensinanza no aula, o que garantiza que a información que contén sexa vista, estudiada e utilizado polos xóvenes.

30.000 escolas dos países da UE integraron esta publicación nos seus proxectos curriculares.

Axenda do alumno/a
Guía do profesor/a

FILLOS ADOLESCENTES

Un grupo de orientadores da provincia de elaboraron unha guía práctica de orientación para familias con fillos/as adolescentes. Pode resultar unha fonte útil para establecer propostas para mellorar o comportamento dos adolescentes no ámbito familiar e escolar.



Guia Para Familias Con Hijos Adolescentes

A INTELIXENCIA EMOCIONAL NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA


de 
Estupenda recopilación de material sobre as emocións que nos chega da man de Jesus Hernández, aproveito dende aquí queremos darlle as grazas polo seu magnifico traballo. 




Tamén podes ver:

AS AULAS DE WERT

Magnifica imaxe que comparte 



miércoles, 18 de abril de 2012

Exames libres para conseguir a acreditación B1 en Inglés e B1 en Francés


Dende o día 10 de abril está aberto o período de matriculación para os Exámes de Acreditación de Nivel que terán lugar o vindeiro 16 de xuño.

ACCESO A TODA LA INFORMACIÓN

REMATA O CURSO DE ALFABETIZACIÓN DIXITAL A ADULTOS.


O alumnado de 4º da ESO impartiu de maneira sobresaínte o curso de alfabetización dixital para adultos, como xa dixemos en entradas anteriores, este impártese de maneira voluntaria polo alumnado de 4º da ESO cunha duración de 16 horas. O curso fíxose en colaboración coa Concellería de igualdade de Nigrán e Asociación Abertal.
Dende aquí queremos dar as grazas ao alumnado participante.

           SARA VICTORIA RODRÍGUEZ PENIZA  
       ALEJANDRA DURÁN VÉLEZ 
       AROA DA ROCHA PEREIRA  
       PALOMA MIRANDA TRIGO   
       JAVIER MOUTTET SANCHEZ   
       JOSÉ MANUEL RIVEIRO ALONSO     
       PABLO OTERO VÁZQUEZ    
       DAVID SANJUAN LEYENDA



O último día do curso a Concelleira de Patrimonio, igualdade e xuventude  fixo entrega aos participantes e alumnado dos diplomas acreditativos, posteriormente os participantes agasallaron ao alumnado cunha pequena festa na que trouxeron viandas propias da época. A continuación podedes ve unha presentación coas imaxes do acto.



      

ESCOLA DE FAMILIAS 2012

Nais, pais e profesorado temos ante nos un gran reto cada día:
Educar ás persoas que, dentro duns anos, terán nas súas mans o futuro”.
Dende o Departamento de Orientación xunto con todo o profesorado do Colexio queremos invertir en valores, recuperar á nosa dignidade persoal, cultural e moral.
Para logralo dende o CPI un ano mais iniciamos a ESCOLA DE FAMILIAS, como en anos anteriores esta basearase   nunha serie de Conferencias propostas polo Colexio, actividades, reunións, etc. Ademais como sabemos que non sempre é posible dispor do tempo que nós quixeramos, de cada unha das conferencias  elaboraremos un boletín informativo que vos enviaremos a través dos vosos fillos/as, tamén a través da páxina web do centro e dende este blog, aportarémosvos  informacións útiles para cada rango de idade co fin de educar máis e mellor aos nosos fillos/as e alumnado.
Tamén podedes poñervos en contacto co Departamento de Orientación e preguntar, comentar, suxerir… o que vos preocupe ou interese sobre a educación dos vosos fillos/as.

EXPOSICIÓN DE CADERNOS PRIMARIA


Hoxe mércores 18 de abril, montamos a Exposición de Cadernos, para distinguir a aqueles alumnos e alumnas que se esforzan en ter os seus cadernos ao día e que tratan tamén de coidar a presentación e a corrección nos seus contidos, expoñense os cadernos para que poidan velos todos os alumnos/as e as súas familias.



MOSTRA DO ENSINO


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
 Dentro do Programa de Orientación académico e profesional que desenvolvemos no CPI e como unha acción maís viaxamos co alumnado de 3º e 4º da ESO á Mostra, nesta ofrecéronlles toda a información sobre a oferta formativa da formación profesional, programas de cualificación profesional inicial e ensinanzas deportivas e artísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, tamén lles informaron sobre itinerarios educativos, axudas, becas e residencias para estudar Formación profesional.




PROBAS PSICOPEDAGÓXICAS


O Departamento de Orientación, como é habitual chegadas estas datas, comezará coa aplicación da Batería Psicopedagóxica nos cambios de ciclo dos vosos fillos/as, é dicir, 2º, 4º, 6º de Primaria e 2º de ESO.
Pregamos que procuredes que non falten eses días ao Centro para que ninguén se quede sen a realización destas probas que nos axudan a coñecelos mellor e ofrecen información moi útil para darlle unha resposta educativa o mais axeitada posible as necesidades dos vosos fillos/as. Aproveitamos tamén para recordarvos a importancia da puntualidade. Comezaremos as 9 h.
Os días da intervención nas aulas serán os seguintes:

2º Primaria: xoves 26 de abril, e venres 27 de abril ás 9:00.
4º Primaria: xoves 3 de  maio  e venres 4 de maio ás 9:00.
6º Primaria: xoves 19 de abril, e venres 20 de abril ás 9:00.

2º ESO: mércores 25 de Abril ás 9:00 e mércores 26 de abril ás 12:00.

A NOVA WEB DE AGREGA

A web de Agrega  conta  cun novo deseño e novas funcionalidades. Ahora, é mais doado atopar contidos educativos dixitais e utilizar as ferramentas para xestionar e compartir os teus propios recursos multimedia.





Mais información neste vídeo.

martes, 17 de abril de 2012

23 de abril: Día Internacional do Libro


O 23 de abril é un día simbólico para a literatura mundial, xa que neste día e no ano 1616 faleceron personalidades como Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega. 
A celebración deste día foi unha decisión espontánea tomada na Conferencia Xeral da UNESCO que se celebrou en París en 1995, para rendir unha homenaxe universal aos libros e autores.
Dende o INTEF destacanse algúns dos recursos e páxinas de interese para desenvolver o tema nas aulas.
RECURSOS EDUCATIVOS NO PORTAL DO INTEF
PÁGINAS DE INTERÉS
Dous curtometraxes, un deles nominado para os Óscar 2012, que incentivan o interese pola lectura, o amor aos libros e o sucumbir ao mundo da fantasía e o misterio que se atopa en cada libro.
"La lectura es la fábrica de la imaginación"




sábado, 14 de abril de 2012

La BiblioTEA

No Blog de Orientación " Los Pedroches" recomendan unha magnifica páxina Web La BiblioTEA,  é unha recopilación de materiais e recursos resultado do traballo, formación e esforzo continuos dos pais dunha nena dende o momento dos seu diagnóstico "trastorno del espectro autista".
http://www.labibliotea.com/


miércoles, 11 de abril de 2012

QUE É O CIBERBULLIYNG?



 Neste video podemos ver cómo serían "persoalmente" as accións de acoso que se realizan na web:

 

 Estes 2 intentan facer unha equivalencia entre as " molestias" con TIC e cómo se sentirían na vida real:

 
 Un video que serve para visualizar como se sente o protagonista ante as distintas agresións, como as sofre e como fai para poder superalas.


 E... unha entrevista a un rapaz (e a súa familia) que sofreu toda a súa vida coas agresións e terminou "facendo xusticia pola súa man"... (este lamentablemente é un caso real):

 

Enlaces útiles:

martes, 10 de abril de 2012

CONSIDERACIÓNS SOBRE O TDA-H

O documento "Algunhas Consideracións sobre a atención educativa ao alumnado con Trastorno por Déficit de Atención con Hiperactividade

Créditos: (TDA-H), pertence aos autores Javier Royo Moya (Psiquiatra de la Unidad Infanto-Junenil) e Carlos Ollo Oscáriz ( Orientador del CREENA, módulo de Conducata y Superprotección). 

Orixe:  CREENA Centro de Recursos de Educación Especial de Navarra. Dpto. de Educación, Gobierno de Navarra.

VÍDEO SOBRE O TDA-H

QUE É O TDA-H

Documento sinxelo que explica as características mais sobresaíntes do TDA-H.

Open publication - Free publishing - More education


CRÉDITOS: CREENA Centro de Recursos de Educación Especial de Navarra. Dpto. de Educación, Gobierno de Navarra.

lunes, 9 de abril de 2012

PROGRAMA INFOPITÁGORAS



Esta ferramenta está destinada a Profesores de Pedagoxía Terapéutica e de Audición e Linguaxe de Centros de Educación Infantil e Primaria sostidos con fondos públicos, así como a Equipos Psicopedagóxicos. As actividades actualmente incluidas son aplicables básicamente aos alumnos/as con dificultades de aprendizaxe do primeiro ciclo de primaria. Podedes acceder a esta ferramenta na seguinte dirección.
damos as grazas ao Colexio Marista Liceo castilla por comparit este enlace.