O Departamento de Orientación, como
é habitual chegadas estas datas, comezará coa aplicación da Batería
Psicopedagóxica nos cambios de ciclo dos vosos fillos/as, é dicir, 2º, 4º, 6º
de Primaria e 2º de ESO.
Pregamos que procuredes que non
falten eses días ao Centro para que ninguén se quede sen a realización destas
probas que nos axudan a coñecelos mellor e ofrecen información moi útil para
darlle unha resposta educativa o mais axeitada posible as necesidades dos vosos
fillos/as. Aproveitamos tamén para recordarvos a importancia da puntualidade.
Comezaremos as 9 h.
Os días da intervención nas aulas
serán os seguintes:
2º Primaria: xoves
26 de abril, e venres 27 de abril ás 9:00.
4º Primaria:
xoves 3 de maio e venres 4 de maio ás 9:00.
6º Primaria:
xoves 19 de abril, e venres 20 de abril ás 9:00.
2º ESO: mércores
25 de Abril ás 9:00 e mércores 26 de abril ás 12:00.
No hay comentarios:
Publicar un comentario