“ Educar
ás persoas que, dentro duns anos, terán nas súas mans o futuro”.
Dende o
Departamento de Orientación xunto con todo o profesorado do Colexio queremos
invertir en valores, recuperar á nosa dignidade persoal, cultural e moral.
Para
logralo dende o CPI un ano mais iniciamos a ESCOLA DE FAMILIAS, como en anos anteriores esta basearase nunha serie de Conferencias propostas polo
Colexio, actividades, reunións, etc. Ademais como sabemos que non sempre é
posible dispor do tempo que nós quixeramos, de cada unha das conferencias elaboraremos un boletín informativo que vos
enviaremos a través dos vosos fillos/as, tamén a través da páxina web do centro
e dende este blog, aportarémosvos
informacións útiles para cada rango de idade co fin de educar máis e
mellor aos nosos fillos/as e alumnado.
Tamén podedes
poñervos en contacto co Departamento de Orientación e preguntar, comentar,
suxerir… o que vos preocupe ou interese sobre a educación dos vosos fillos/as.
No hay comentarios:
Publicar un comentario