Mostrando entradas con la etiqueta EI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EI. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de noviembre de 2014

MEDOS INFANTÍS E LITERATURA

Interesante recopilación de Isabel Bermejo sobre a temática do MEDO:

- LOS MIEDOS Y EL APRENDIZAJE DE LA VALENTÍA: José Antonio Marina,

Contén un caderno con actividades para facer cos nenos. Enlazo o libro coa web do autor:


Artigos e monografías sobre o tema:

O medo nos nenos e as súas características, da páxina Familia ecole.

O medo na Literatura infantil, interesante artigo sobre "Contos de medo e personaxes terroríficos, son recomendables? " de Paula Mara Moreno, publicado na revista Suite101

O coco e o medo no neno, de Francisco Cillán Cillán, Revista Folclore, Fundación Joaquín Díaz, Deputación de Valladolid. Descargar o artigo AQUÍ (hai outro artigo antes deste)

Un fantástico monográfico da Fundación 
Germán Sánchez Ruipérez:

Textos sobre personaxes de medo, para ler, debuxar, aprender e traballar coas nenas e nenos, de Carmen Gil, no Portal de Literatura Infantil.





viernes, 12 de septiembre de 2014

A COMPLEXA TAREFA DE EDUCAR AOS MAIS PEQUENOS

A seguinte guía ofrece a pais e nais, pautas claves que lles axuden na complexa e ardua tarefa de educar.

A guía organizase en catro partes:

Primeira parte: Introdución, dende a que se aborda a importancia das normas e límites. Acompáñase dun breve cuestionario para saber como educan pais e nais acompañado das pautas para a súa corrección.

Segunda parte: Manual de instrucións, dende a que se clarifican algunhas técnicas básicas para educar, facendo reflexionar as familias previamente sobre a súa forma de educar e cal é o mellor xeito de dirixilo para entendelo e acompañalo no seu desenvolvemento.

Terceira parte: Para poñer en práctica. Descríbense algunhas das situacións máis significativas da vida que poden implicar algunha dificultade: vestirse, comer, tempo para o estudo, rabechas, pelexas entre irmáns...,

Cuarta parte: Benestar familiar, último capítulo no que se achegan pistas para mellorar o benestar familiar, como a expresión das emocións e o desfrute do tempo libre.

É un manual para recomendar a todos aqueles con fillos pequenos.

RABECHAS

As rabechas constitúen unha situación difícil de manexar e controlar. Como controlalas?, como se poden evitar? ¿por que xorden?... son interrogantes que se formulan unha e outra vez os pais e nais.

A obra publicada por Mirelle d'Allancé "Vaya Rabieta"  intenta demostrar, dunha forma simpática, as emocións que Roberto, o seu protagonista, manifesta tras unha situación de desencontro que ten lugar no ámbito familiar e que desencadea nun comportamento irritado e alterado.
Un material de lectura para compartir cos nosos fillos e fillas descubrindo e comprendendo a través dos sinxelos debuxos e breves explicacións por que se descontrolan, manifestan rabia, enfado,... podendo establecer novas estratexias de intervención.

jueves, 22 de marzo de 2012

DIME COMO FALAS E CONTAREITE UN CONTO

O Blog de Marybel  presenta un material moi interesante para alumnos/as entre 2 e 7 anos que consiste na recopilación de 23 contos feita por Marcial Curiel Merchán con actividades para o tratamento das dificultades da linguaxe e a comunicación.
Un conto para cada fonema. Ademais, en cada conto inclúese unha explicación de como se pronuncia cada fonema, praxias, exercicios de soplo e respiración, actividades de comprensión, listado de palabras que conteñen o  fonema, adivinanzas, cancións, trabalinguas, etc

dime cómo hablas y te contaré un cuento