A seguinte guía ofrece a pais e nais, pautas claves que lles axuden na complexa e ardua tarefa de educar.
A guía organizase en catro partes:
Primeira parte: Introdución, dende a que se aborda a importancia das normas e límites. Acompáñase dun breve cuestionario para saber como educan pais e nais acompañado das pautas para a súa corrección.
Segunda parte: Manual de instrucións, dende a que se clarifican algunhas técnicas básicas para educar, facendo reflexionar as familias previamente sobre a súa forma de educar e cal é o mellor xeito de dirixilo para entendelo e acompañalo no seu desenvolvemento.
Terceira parte: Para poñer en práctica. Descríbense algunhas das situacións máis significativas da vida que poden implicar algunha dificultade: vestirse, comer, tempo para o estudo, rabechas, pelexas entre irmáns...,
Cuarta parte: Benestar familiar, último capítulo no que se achegan pistas para mellorar o benestar familiar, como a expresión das emocións e o desfrute do tempo libre.
É un manual para recomendar a todos aqueles con fillos pequenos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario