viernes, 27 de diciembre de 2013

AS COMPETENCIAS NOS APRENDIZAXES BÁSICOS PARA A VIDA: CALENDARIO CEAPA

Calendario editado por CEAPA. Un calendario moi particular, creado e pensado para ser usado no fogar, no que, para cada día do mes, atoparemos unha tarefa ligada a competencias que orienta aos pais e nais, e á familia en xeral, sobre que tipo de actividades poden acometer cos fillos/as na casa para traballar deste xeito no fogar as distintas competencias básicas dando continuidade, deste modo, ao labor desempeñado polo profesorado na aula.


GUÍA PARA TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS


PLAN DE ACCIÓN TITORIAL SOBRE INTELIXENCIA EMOCIONAL


sábado, 21 de diciembre de 2013

miércoles, 18 de diciembre de 2013

A LOMCE E OS BORRADORES DOS DECRETOS QUE A DESENVOLVEN


O día 9 de decembro de 2013 aparece publicada no BOE, a Lei orgánica.


BOE Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa ( LOMCE). AQUÍ
Borradores dos Reais Decretos de E. Primaria e Secundaria. AQUÍ
Calendario de implantación LOMCE. AQUÍ

miércoles, 4 de diciembre de 2013

CAMPAÑA: TODOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

#NOALACOSOESCOLAR
Promovida polo Corpo de Policía Nacional



INDICACIÓNS XERAIS:
- Se es vítima dalgún tipo de acoso por parte de
un compañeiro, cóntallo a un adulto: pide axuda.

- Non estás só: pais, profesores e, se fose
necesario, en casos constitutivos de delito ou falta,
están contigo para frear esa situación

- Se como pai ou profesor detectas que o teu fillo/a ou alumno/a mostra cambios de
humor, está triste,  finxe enfermidades para non ir ao colexio ou non ten
amigos, intenta falar con el para saber que acontece e como poder intervir

-  Se debe concienciar á vítima de que non é inferior a ninguén e crear pautas
correctas para responder ás ameazas, humillacións ou maltrato do acosador

- Se es testemuña dun caso de acoso: non sexas cómplice. O teu silencio engrandece ao
maltratador e ratifícalle na súa conduta. Implícate e denuncia

- Se recibes arquivos, vídeos ou fotos nas que se humilla a un compañeiro, ou son
de carácter íntimo e privado, non participes na súa difusión: denuncia.

- Se crees que es vítima dun delito ou falta no teu centro escolar, ou coñeces a
alguén que está a ser vexado ou acosado por outros compañeiros, podes achegar a túa
información á seguinte conta de correo atendida por especialistas de



Nota deprensa

lunes, 2 de diciembre de 2013

ACOSO ESCOLAR: A CADEA DO SILENCIO

A Cadea do silencio é un documental sobre o acoso escolar que se emitiu no programa "Crónicas" de RTVE o 11 de abril de 2013. Nos 45 minutos de duración podemos coñecer experiencias de rapaces/ás que foron vítimas durante anos e de como puideron superalo. Un dos temas centrais é a principal dificultade para rematar co acoso, o silencio das vítimas e de todos os que as rodean.

Vía:Orientación


Revista CONVIVES: COEDUCACIÓN PARA LA CONVIVENCIA

Manual ASI

Guía Boas Prácticas para a abordaxe de nenos/as e adolescentes vítimas ou testemuñas de abuso sexual e outros delitos.
Protección dos seus dereitos, acceso á xustiza e obtención de probas válidas para o proceso.

V. BerlinerblauMNino e S. Viola. 

UNICEF Arxentina, 2013.