miércoles, 30 de marzo de 2011

PANTALLAS AMIGAS


PantallasamigasPantallas Amigas é unha iniciativa que ten como misión a promoción do uso seguro e saudable das novas tecnoloxías e o fomento da cidadanía dixital responsable na infancia e a adolescencia.
  • Seguro, evitando riscos ou reducindo as súas consecuencias
    Saudable, buscando o pleno benestar físico, mental e social, individual e colectivo.
    Cibercidadanía, desenvolvendo competencias cidadáns plenas, valores e habilidades.
PantallasAmigas edita libros e vídeos de formación  e información que logo comparte no seu sitio web e a través dos seus canles en Youtube, Twitter, Slideshare, Flickr…
Web: http://www.pantallasamigas.net/

CREATIVIDADE


Todos poseemos un talento, todos temos a capacidade de ser creativos; e a maioría vivimos sen sabelo, convencidos moitas veces de que o creativo é aquel que sabe compoñer melodías, ou escribir unha poesía.
Ken Robinson reclama neste capítulo de Redes a necesidade de que existan entornos onde cada un poida atopar a inspiración necesaria para desenvolver a súa creatividade.



TODOS PODEMOS SER CREATIVOS¡¡¡

Os secretos da creatividade.  No último REDES da 2 en TVE.

lunes, 28 de marzo de 2011

DIRECCIÓNS WEB BÁSICAS PARA NEE



sábado, 26 de marzo de 2011

APRENDIZAXE DA LECTOESCRITURA E O DESENVOLVEMENTO DO HÁBITO LECTOESCRITOR NO 1º CICLO DE PRIMARIA

O EOE de CORDOBA elaborou un maravilloso traballo sobre o desenvolvemento da Titoría en  Primaria.
ÍNDICE. 
ASOCIACIÓN GRAFEMA FONEMA - FONEMA GRAFEMA.
COMPRENSIÓN DE FRASES.
COMPRENSIÓN DE TEXTOS
DESARROLLO DE HABILIDADES SINTÁCTICAS
DESARROLLO DE LA HABILIDAD DE COMPRENSIÓN DE PALABRAS.
DESARROLLO DE HABILIDADES DE COMPRENSIÓN DE FRASES.
DESARROLLO DE LA FLUIDEZ LECTORA
DESARROLO DE LA ORTOGRAFÍA
ESCRITURA DE FRASES Y TEXTOS SENCILLOS.

PLAN DE LECTURA COMPLETO: FICHAS DE COMPRENSIÓN LECTORA


PLAN DE LECTURA COMPLETO: FICHAS DE COMPRENSIÓN LECTORA

Blog Los Pedroches

PROMOCIÓN DE CURSO NA ESO

Repetirás curso se suspendes tres ou máis materias.
Excepcionalmente, poderás pasar con tres materias cando o equipo docente o considere oportuno e segundo estea establecido nos criterios de Titulación do Centro.
Haberá que recuperar as materias con avaliación negativa. Para esto os alumnos/as seguirán un programa de reforzo e deberán superar a avaliación correspondente a dito programa.
Quen non promocione poderá repetir o mesmo curso unha soa vez e dúas veces como máximo dentro da ESO.
En 4ºESO poderáse repetir unha segunda vez se o alumno/a non ten repetido en cursos anteriores da ESO.

SE VOU MAL EN 4º ESO

Si suspendes en 4º da ESO podes...
- Repetir curso con outras optativas máis fáciles.
- Pasarte a Diversificación de 4º si hai grupo de PDC de 1 curso.
- Facer un programa de Cualificación Profesional Inicial modalidade C mixta no CPI de Panxón.
- Deixar o centro por unha escola obradoiro: soldadura, carpinteiría...
- Preparar o acceso a un Ciclo Medio de FP.
- Preparar as probas de Graduado en ESO.

OPTATIVAS 4º ESO

Terás que pensalo ben á hora de elexir as materias, dependendo do tipo de estudos que queiras facer posteriormente. Asesórate ben antes.

Elixir en primeiro lugar as Matemáticas A ou B :
Matemáticas A (B.Humanidades, CFGM, Terminal) Máis fáciles.
Matemáticas B (Bach.Ciencias, Bach.C.Sociais, Arquitectra-Enxeñ, algúns CFGS)

No noso centro poderás conformar estes dous itinerarios:

Itinerario A ( Humanid.CCSociais-Artes-CFGS,Terminal)

(Elixir 4 en total)

Bloque 1 (As 2)
Música
Informática
----------------------------------------------------
Bloque 2 (Elixir 1)
Latín
Francés
Educ.Plástica
Tecnoloxía
----------------------------------------------------
Bloque 3 (Elixir 1)
Obradoiro.Inic.Emprendedoras
Cultura Clásica
Troncal non elixida Bloq.2:_______
Latín
Francés
Educ.Plástica
Tecnoloxía
Bioloxía e Xeoloxía
______________________________________________________________
Itinerario B (Científico-Técnico/Tecnlx-Inxeñer-C.Saúde)

(Elixir 4 en total)

Bloque 1 (As 2)
Bioloxía e Xeoloxía
Física e Química
------------------------------------------------------
Bloque 2 (Elixir 1)
Educ.Plástica
Tecnoloxía
Francés
Informática
------------------------------------------------------
Bloque 3 (Elixir 1)
Obradoiro.Inic.Emprendedoras
Cultura Clásica
Troncal non elixida no bloq. 2:
Educ.Plástica
Francés
Tecnoloxía
Informática
Música

WEBQUEST SOBRE AS 22 FAMILIAS DE FORMACIÓN PROFESIONAL



INTERÉSACHE A FORMACIÓN PROFESIONAL?



No seguinte enlace podes atopar enquisas sobre intereses e aptitudes profesionais asi como información das diferentes familias profesionais que servirán para determinar que profesión se axusta máis as túas características persoais.


PHP WEBQUEST FP

VIDEOS FAMILIAS PROFESIONAIS





VER PÁXINA DE VIDEOS FP (Asturias)



Nesta páxina do Consello de Asturias de Formación Profesional podedes visualizar diferentes vídeos sobre familias profesionais e ciclos formativos de F.P. 

Para máis información sobre centros e ciclos concretos en Galicia, visitade a páxina da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

TodoFP.es: PÁXINA DO MINISTERIO DE EDUCACIÓN SOBRE FP





Unha nova páxina sobre a Formación profesional (TodoFP.es) na que poderedes consultar todo o que vos interese sobre as distintas familias profesionais e ciclos formativos de FP.
Tamén podedes visionar vídeos sobre estes estudos no canal Educación 2.0 do Ministerio de Educación en Youtube

PORTAL DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA



Infórmate sobre todos aqueles aspectos que van afectar á tua toma de decisións académicas.



Para acceder ó Portal Kekiero preme en:

KEKIERO

PRAZOS E SOLICITUDE DE ADMISIÓN 2011-12


O prazo de solicitude de admisión para Educación Infantil, Primaria e Bacharelato para o curso 2011-12 é durante este mes de marzo
Todos aqueles alumnos e alumnas do noso centro que rematen este curso 4º da ESO e vaian estudar Bacharelato o curso que vén deberán facer a solicitude de admisión neste mes no Instituto que desexen, ainda que preferentemente corresponderalles o IES VAL MIÑOR ou PROVAL.
Para iso deberán entregar cubertos os Impresos correspondentes que deberán pedir na Secretaría do IES onde soliciten a sua admisión como primeira opción antes do 31 de marzo:

1- Fotocopia do DNI (de non posuír DNI deberase presentar copia da páxina do libro de familia onde figura o/a alumno/a)
2- Anexo II.1 acceso
3- Anexo II.2 acceso

Antes do 30 de abril:
Publicarase no taboleiro de anuncios do instituto onde se entregase a solicitude de admisión a Resolución provisional do alumnado admitido e non admitido mediante listaxes ordenadas por orde de puntuación, nas que constará a puntuación asignada a cada alumno/a en cada un dos criterios, así como a puntuación total.




A matrícula farase posteriormente no mes de Xullo.

ALUMNOS E DOCENTES COMPETENTES

Proposta didáctica de Ana Basterra motivante e ao mesmo tempo complicada pero que podería levar ao exito educativo ao noso alumnado.

GUÍA DE RECURSOS AUTISMO


"Planeta Visual" pretende ser un recurso de apoio na planificación da intervención educativa en autismo. O seu punto de partida son as dimensións establecidas no Inventario de Espectro Autista (Rivière, 1997), definindo para cada unha das dimensións e niveis os seguintes elementos:


•Obxectivos de intervención prioritarios.

•Estratexias metodolóxcas básicas, co seu referente bibliográfico.
•Recursos para a intervención:
•Descargables de elaboración propia: fotos, arquivos word, power point, videos...
•Materiais comerciais que contribuen ao desenvolvemento das capacidades.
•Recursos bibliográficos relacionados.
A estructura do recurso é sinxela e moi visual, coo obxectivo fundamental de localizar a información necesaria de forma rápida.

viernes, 25 de marzo de 2011

LA ARDILLA DIGITAL

Web moi interesante, onde podemos atopar temas sobre TIC e Educación Especial. Hai  tres áreas, software, recursos,e documentos.

martes, 15 de marzo de 2011

ENTRENAMENTO DA VELOCIDADE LECTORA


No marco da convocatoria de Materiais Educativos Dixtais un grupo de mestres/as, do Centro de Profesores e Recursos de Mérida elaboraron este interesante recurso. Tratase da aplicación Entrenamento da Velocidade Lectora que ten por obxectivo desenvolver esta destreza no alumnado que afronta a aprendizaxe da lectura.

O programa consta de:


1. Series de palabras.Monosílabas:


2 series de 100 palabras cada unha (200).

Bisílabas: 18 series de 125 palabras cada unha (2250).

Trisílabas: 25 series de 125 palabras cada una (3125).

Cuatrisílabas: 14 series de 125 palabras cada unha (1750).

Polisílabas: 7 series de 125 palabras cada unha (875).


2. Series pares de palabras: 4 series de 125 pares cada unha.


3. Series de frases: 3 series de 125 frases cada unha.


4. Series para o aprendizaxe de determinados coñecementos:


A. Coñecemento do Medio:


Comunidades e provincias españolas: 1 Serie (todas).

Países de Europa: 1 Serie (todos).

Países de Asia: 1 Serie (todos).

Países de África: 1 Serie (todos).

Países de Asia: 1 Serie (todos).

Países de América: 1 Serie (todos).


B. Área de Lingua:


Palabras invariables: 3 Series de 125 (375 palabras invariables).

Verbos:Primeira Conxugación: 30 series (cada serie é un verbo conxugado en todos os seus tempos e formas).

Segunda Conxugación: 30 series (cada serie é un verbo conxugado en todos os seus tempos e formas).

Terceira Conxugación: 30 series (cada serie é un verbo conxugado en todos os seus tempos e formas).


5. Literatura en Lingua Castela:


Contos infantis: 200 Series (200 contos).

EL Lazarillo de Tormes: 8 Series (Prólogo mais os 7 Tratados).

El buscón de Quevedo:

Libro Primeiro: 7 Series (7 capítulos).

Libro Segundo: 5 Series (5 capítulos).

Libro Terceiro: 10 Series (10 capítulos).

Artículos. Mariano José de Larra: 15 series (15 artículos).

Don Quijote de la Mancha:

Primeira Parte: 53 Series (Preliminares mais 52 capítulos).

Segunda Parte: 75 Series (Preliminares mais 74 capítulos).

TEST DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL EN LIÑA












Test de orientación


Test de orientación

Test de orientación profesional en líña que te permitirá coñecer os teus intereses profesionais, os teus valores, as túas aptitudes e habilidades e, finalmente ter un consello para que tomes as túas decisións.



O test GR é do portal educaweb.com axudarache á toma de decisións.