miércoles, 9 de diciembre de 2015

CALENDARIO CEAPA 2016

Calendario de tarefas editado por CEAPA cuxa finalidade é axuda aos pais e nais a reforzar as competencias clave dos seus fillos e fillas no fogar.
As competencias clave para a aprendizaxe permanente son unha iniciativa da comunidade europea cuxo fin é mellorar a calidade do ensino impartido nos centros educativos europeos, impulsando que a aprendizaxe na escola sexa máis práctico e funcional para a vida diaria para garantir que o alumnado aprenda coñecementos e destrezas que sexan aplicables na súa vida diaria e na súa vida laboral futura..

Para acceder pincha na imaxen
Para promovelas, A Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA) deseñou un calendario para que os proxenitores realicen cada día cos seus fillos/as unha tarefa que lles axude a desenvolver estas competencias clave de maneira complementaria ao traballo do profesorado no colexio.
O calendario trata de ser un xogo, a modo de guía para a familia, para ensaiar actividades que adestren os saberes dos nosos fillos e fillas, e aumenten as oportunidades de éxito da vida escolar e social. 
En cada día do mes atoparemos unha tarefa ligada a unha competencia concreta (indicada entre paréntese numericamente) que nos dará pistas sobre que tipo de actividades podemos realizar para traballar en casa as competencias clave para a aprendizaxe permanente e, así, complementar o traballo que o profesorado faga sobre as mesmas no centro educativo. 
De forma xeral, as actividades propostas son para realizar en familia. O grao de colaboración, autonomía e responsabilidade adecuado para realizar cada unha das actividades propostas estará determinado pola idade dos nosos fillos e fillas.



lunes, 30 de noviembre de 2015

CÓDIGO DEONTOLÓXICO DA ORIENTACIÓN EDUCATIVA

Nas IV Xornadas Nacionis de Orientación Educativa celebradas en Pontevedra durante os días 27 e 28 de novembro foi presentado na reunión de COPOE o primeiro Código Deontolóxico para a Orientación Educativa. Podes lelo en COPOE


PROTOCOLO DE URXENCIAS SANITARIAS E ENFERMIDADE CRÓNICA

A Consellería de Educación presenta un protocolo básico de actuacións en urxencias sanitarias e a atención nos procesos e condicións de saúde que afectan ao alumnado por un tempo prolongado ou ao longo de toda a súa vida. 
No marco da Estratexia Galega para a Convivencia Escolar, ponse a disposición da comunidade educativa galega un Protocolo básico que será paulatinamente complementado por diferentes Addendas.





PROTOCOLO BÁSICO DE ATENCIÓN EDUCATIVA DOMICILIARIA

A Consellería de Educación acaba de publicar o protocolo básico de atención educativa domiciliaria, para a atención educativa do alumnado que deba permanecer convalecente no domicilio por lesión, doenza prolongada ou enfermidade crónica sempre a criterio médico. Neste documento determínanse os procesos de solicitude, tramitación, elaboración, coordinación e seguimento do programa individualizado, e a participación e apoio das familias. Así mesmo, facilítanse modelos dos principais documentos necesarios.


jueves, 19 de noviembre de 2015

SEGURIDADE TIC E MENORES DE IDADE

Imaxen publicada en formaciononline.chaval.es

O INTEF NO BLOG eDUCALAB informa de que o espazo Procomún publicou unha colección de recursos en materia de seguridade TIC dirixidos a pais, nais, titores e educadores de menores de idade. Estes materiais creáronse no marco do Programa de capacitación en materia de seguridade TIC posto en marcha polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través de rede.es.

O obxectivo xeral do programa é que os pais, nais, titores e educadores de menores de idade coñezan e interioricen os diferentes riscos aos que se poden enfrontar estes menores no seu uso cotiá das TIC. Perséguese que os maiores que se fan cargo de menores de idade coñezan os principais riscos aos que estes nenos e adolescentes pódense enfrontar na rede, e teñan capacidade para guiarlles acerca de como minimizalos e como reaccionar ante eles.

Os recursos de aprendizaxe, que inclúen monográficos, unidades didácticas por niveis e xogos e actividades, están dispoñibles no espazo Procomún na comunidade Seguridade TIC e menores de idade para educadores.

Os recursos abordan as seguintes áreas temáticas:
  • Ciberacoso escolar (Ciberbullying)
  • Grooming
  • Sexting
  • Xestión da privacidade e identidade dixital
  • Suplantación de identidade
  • Comunidades perigosas en liña
  • Tecnoadicciones
  • Protección ante virus e fraudes
  • Netiqueta: comportamento en liña
  • Acceso a contidos inapropiados
  • Mediación parental






miércoles, 18 de noviembre de 2015

20 de NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DO NENO

O 20 de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Neno ou Día Universal da Infancia e  dende IneveryCREA nos ofrecen unha recompilación de curtos educativos cos que podemos traballar nas  aulas.

- CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO(12-14 Años)

- CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO(15-18 Años)

RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR O BULLYING NA ESCOLA

Silvina Paricio recolle no seu Blog a publicación "10 Recursos educativos para combatir el Bullying" que se fai no blog Educación y TIC (Tiching). Estes 10 recursos agrupanse nos seguintes bloques:

  • Artículos de Información xeral
  • Artículos de Información para os mozos/as
  • Artículos de Información para as familias
  • Artículos para o profesorado
  • Artículos clasificados por autores
  • Homenaxe a Jokin
Para acceder aos artículos pincha na imaxen.

domingo, 8 de noviembre de 2015

10 CONSELLOS SOBRE O TDAH PARA MESTRES/AS

Jesús Jarque no seu blog "Familia y cole" publica un documento que ofrece 10 consellos sobre TDAH para mestres/as. Trátase de consellos moi básicos e en gran medida, sinxelos de llevar a cabo na aula ordinaria, especialmente en Educación Primaria, de 6 a 12 anos.
Se picades na imaxe podedes acceder ó documento.

sábado, 7 de noviembre de 2015

# GUÍAS ORIENTACIÓN FAMILIAS

#guiasorientaciónfamilias é o hashtag baixo o que os Tuitorientadores/as de Guardia, coordinados por @SilvinaParicio, compartiron durante a segunda quenda de outubro tuits con recursos educativos orientados ás familias.


Comparto a recopilación dos tuits realizada  en Storify por Alberto Del Mazo.

GUÍA PARA PADRES SOBRE O USO DE INSTAGRAM



Fuente: Ocu.org

10 BLOGS DE REFLEXIÓN EDUCATIVAS

Manu Velasco no seu blog "Ayuda para maestros" recolle os 10 blogs de reflexión educativa  mais interesantes.
imaxe de ayudamaestros

  1. El blog de Salvaroj
  2. El blog de Óscar González
  3. Justifica tu respuesta
  4. AverKpasa
  5. Passetapasset
  6. Desde mi azotea
  7. De vuelta
  8. EFePeando
  9.  La colina de Peralías
  10.  Un candil en el patio

miércoles, 17 de junio de 2015

CALENDARIO ESCOLAR 2015-16

Hoxe publicouse a Orde do 8 de xuño pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2015 / 2016 .
Comezo e remate das clases:

No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 22 de xuño.

En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 22 de xuño.

En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.
Vacacións:

Nadal: desde o día 21 de decembro de 2015 ata o día 6 de xaneiro de 2016.

Entroido: días 8, 9 e 10 de febreiro de 2016.

Semana Santa: desde o día 21 ao 28 de marzo de 2015.
Día non lectivo:
Día do Ensino: 30 de Outubro de 2015.

Enlace ao DOG

martes, 16 de junio de 2015

ABERTO O PROCESO DE ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL 2015/2016

Aberto o proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional desde o 17 de xuño ata ás 13:00 horas do 2 de xullo.
Atoparedes toda a información relativa ao proceso de admisión a ciclos formativos do curso 2015-2016 nas seguintes ligazóns:

lunes, 8 de junio de 2015

FINAL DE PROXECTO: PREMIO Á MELLOR EXPOSICIÓN VOZ NATURA 2015

O Proxecto deste curso "DA HORTA AO PRATO" non poido rematar mellor, con el conseguimos o premio á mellor exposición VOZ NATURA 14-15. Queremos dar as gracias a toda a Comunidade educativa pola súa colaboración no desenvolvemento deste proxecto, xa que sen eles non o poderíamos levar a cabo, de maneira especial damos grazas aos alumnos/as polo magnifico traballo e implicación no proxecto o cal permitiu levar a cabo un gran número de documentos de elaboración propia que todos a partir deste luns poderedes ver expostos na biblioteca.

GRACIAS E ENHORABOA¡¡¡¡¡¡¡¡



OS NOVOS CONCHEIROS 15-16: Transición Infantil-Primaria

Hoxe 5 de xuño recibimos a visita dos futuros Concheiros , que son os alumnos/as de 5 anos na EEI As Dunas. Viñeron coa súa profe Isa e a Directora Raquel. Estaban inquedos e nerviosos xa que por primeira vez visitaban o que será o seu futuro colexio. Os nenos e nenas de 2º traballaron moitísimo para decorar a clase, colocaron as fotos dos pequenos no gran mural que identifica a súa clase e fixeron debuxos cos que os agasallaron. Xuntámonos todos e todas no Salón de actos e os pequenos agasallaron a Teresa , futura profe cun ramos de flores e un album no que cada un deles se presentaban, fixeron unhas dinámica de grupos para coñecerse dirixidos por Sergio Goce, alumno de 3º de ESO.





Logo de facer a presentación e coñecernos un pouco mellor fomos a ensinarlles o pavillón e alí estaba Victor profesor de Educación Física para facer uns xogos  con todos nos.



No recreo desfrutaron co alumnado do primeiro ciclo, moitos deles foran xa compañeiros/as deles na Escola de Educación Infantil de Dunas.


Ao rematar o recreo dirixémonos a Biblioteca onde nos esperaba de novo Sergio, alí contoulles A "Carapuchiña vermella" e os "tres Cerditos" pero de revés.......estaban realmente sorprendido¡¡


Ao rematar na biblioteca os nenos e nenas de 2º de EP os acompañaron a clase e polo camiño foron explicando cada espacio do colexio e o significado dos murais que temos polos corredores, pertencentes ao proxecto "Da Horta ao Prato", lonas coas imaxes dos proxectos que desenvolvemos nos anos anteriores, os conteñedores de reciclaxe, .... ata que chegaron ao corredor da clase onde un gran mural cun barco xigante e as fotos de cada un deles daballes a  benvida.
Ao entrar na clase sentáronse cada un con varios nenos/as de 2º de EP que tiñan un agasallo para eles, fixéranlles uns debuxos para que os colorearan e puxeran o seu nome neles, estes debuxos estarán en setembro postos nas súas mesas.

Unha vez rematados de colorear e poñer o nome nos debuxos, os alumnos/as de 2º Primaria, prepararon uns contos para ler aos pequenos e no patio fixeron o seu apadriñamento lector.




BENVIDOS¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡

martes, 2 de junio de 2015

A LOMCE PASO A PASO: CURRICULO, AVALIACIÓN, AUTONOMÍA.....

A LOMCE paso a paso é unha nova páxina do MECD que nace co obxectivo de ofrecer información clara e precisa sobre os principais cambios derivados da Lei Orgánica para a mellora da calidade educativa.

Ofrece, para iso, imprimibles temáticos e presentacións dinámicas dirixidos a toda a comunidade educativa.


PRESENTACIÓNS DINÁMICAS

LOMCE paso a paso: Educación Primaria
LOMCE paso a paso: Educación Secundaria Obligatoria
LOMCE paso a paso: Bachillerato
LOMCE paso a paso: Atención a la diversidad en la Educación Primaria
LOMCE paso a paso: Atención a la diversidad en la ESO y Bachillerato
LOMCE paso a paso: Enseñanzas deportivas de régimen especial
LOMCE paso a paso: Enseñanzas de idiomas de régimen especial
LOMCE paso a paso: Formación Profesional

Se tes calquera outra dúbida ou tema que che poida xurdir con respecto á LOMCE podes ir  a páxina  de Inevery Crea.

Mellorou coa LOMCE a calidade da ensinanza na FP?
A empresa demanda competencias TIC e de traballo en equipo. Entrevista con Juan Estellés
O camiño da FP cara a LOMCE
Por que as competencias básicas na educación obrigatoria? Competencias básicas e currículo

Fuente: Inevery Crea

domingo, 24 de mayo de 2015

PROBAS DE ACCESO A CICLOS DE GRAO MEDIO. Listaxes definitivas de solicitantes e exencións. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2015

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2015.


Publicadas instrucións e a asociación centro e sede para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2015.

Acceso aos lugares e sedes de realización das probas: 

sábado, 16 de mayo de 2015

GUÍA PARA A ATENCIÓN EDUCATIVA AO ALUMNADO EN SITUACIÓS DE ACOLLEMENTO FAMILIAR, ADOPCIÓN E ACOLLEMENTO RESIDENCIAL

Entiéndeme, enséñame: guía para la atención educativa o alumnado en situacións de acollemento familiar, adopción e acollemento residencial.


J. Pazos, J. M. Jiménez, M. Espert e N. Fuchs; UdS
Junta de Andalucía, 2014 (presentada o 15/05/15)


"... esta guía pretende ser un instrumento de axuda para o profesorado (...) abórdase a comunicación entre o centro educativo e a familia, ou o centro residencial. Esta comunicación, máis alá do necesario intercambio de información é especialmente relevante para aqueles casos en que a abordaxe dun problema ou situación conflitiva require de estratexias educativas comúns e coherentes a desenvolver tanto no ámbito familiar como educativo"

Fonte: Consellaría de Igualdade, Saúde e Políticas Sociais, J. de Andalucía.

CONTIDO
  • De quen trata esta guía?
  • Algunhas historias representativas.
  • Obxectivos desta guía
  • As medidas de protección da infancia
  • Entendendo os nenos e nenas do sistema de protección
               - As súas experiencias.
               - Capacidades e potencialidades.
               - Problemas e dificultades.
               - As expectativas das persoas adultas.
               - O seu desenvolvemento e adaptación.
  • A necesaria resposta dende o ámbito educativo.
              - Plan de acollida en función do ciclo educativo.
              - O delicado manexo da información confidencial.
              - Avaliación psicopedagóxica e decisión sobre escolarización.
              - Ante a diversidade familiar.
              - Uso da linguaxe
              - Ante os moi diferentes.
  • A imprescindible orientación familia ou centro residencial e escola: comunicación necesaria
  • Algunhas cuestións máis a fondo.
               - Problemas de vinculación afectiva.
               - Problemas de atención, impulsividade e hiperactividade.
  • Lecturas recomendadas.
               - Adopción.
               - Acollemento familiar.
               - Acollemento residencial.
  • Guías e material de traballo.

miércoles, 22 de abril de 2015

AVALIACIÓN FINAL 6º EDUCACIÓN PRIMARIA

No artigo 20.3 da Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (LOE), modificada pola Lei Orgánica 8/2013 do 9 de decembro, para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), establécese a realización dunha avaliación, de carácter diagnóstico, en sexto curso da Educación Primaria, indicando que "os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o sexto curso de Educación Primaria". Esta avaliación desenvolverase segundo dispoñan as administracións educativas e "comprobará o grao de dominio das competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, en comunicación lingüística (en castelán, en linguas propias e en lingua estranxeira) e en matemáticas.

O Instituto Nacional de Avaliación Educativa (INEE) ofrece ao igual que xa o fixo coa avaliación de 3º de Primaria modelos de probas completas ademais do Marco Xeral desta avaliación, coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa.

Material para o alumnado
  • Competencia en comunicación lingüística (español)
Proba de comprensión oral y escrita
Proba de expresión oral y escrita
Audios para a comprensión oral: audio 1 audio 2

  • Competencia en comunicación lingüística (inglés)
Probas de comprensión oral e escrita e de expresión oral e escrita
  • Competencia matemática
Proba de competencia matemática
  • Competencias básicas en ciencia e tecnoloxía
Proba de competencia en ciencia e tecnoloxía

Ademais no Blog do CNIIEofrécese un modelo de probas completas de inglés para a avaliación de sexto curso de Educación Primaria.