jueves, 19 de noviembre de 2015

SEGURIDADE TIC E MENORES DE IDADE

Imaxen publicada en formaciononline.chaval.es

O INTEF NO BLOG eDUCALAB informa de que o espazo Procomún publicou unha colección de recursos en materia de seguridade TIC dirixidos a pais, nais, titores e educadores de menores de idade. Estes materiais creáronse no marco do Programa de capacitación en materia de seguridade TIC posto en marcha polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo a través de rede.es.

O obxectivo xeral do programa é que os pais, nais, titores e educadores de menores de idade coñezan e interioricen os diferentes riscos aos que se poden enfrontar estes menores no seu uso cotiá das TIC. Perséguese que os maiores que se fan cargo de menores de idade coñezan os principais riscos aos que estes nenos e adolescentes pódense enfrontar na rede, e teñan capacidade para guiarlles acerca de como minimizalos e como reaccionar ante eles.

Os recursos de aprendizaxe, que inclúen monográficos, unidades didácticas por niveis e xogos e actividades, están dispoñibles no espazo Procomún na comunidade Seguridade TIC e menores de idade para educadores.

Os recursos abordan as seguintes áreas temáticas:
  • Ciberacoso escolar (Ciberbullying)
  • Grooming
  • Sexting
  • Xestión da privacidade e identidade dixital
  • Suplantación de identidade
  • Comunidades perigosas en liña
  • Tecnoadicciones
  • Protección ante virus e fraudes
  • Netiqueta: comportamento en liña
  • Acceso a contidos inapropiados
  • Mediación parental






No hay comentarios:

Publicar un comentario