Mostrando entradas con la etiqueta Mostra de ensino. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Mostra de ensino. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de abril de 2012

MOSTRA DO ENSINO


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria organizou a Mostra do Ensino Galicia 2012, que tivo lugar entre os días 11 e 14 de abril no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.
 Dentro do Programa de Orientación académico e profesional que desenvolvemos no CPI e como unha acción maís viaxamos co alumnado de 3º e 4º da ESO á Mostra, nesta ofrecéronlles toda a información sobre a oferta formativa da formación profesional, programas de cualificación profesional inicial e ensinanzas deportivas e artísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, tamén lles informaron sobre itinerarios educativos, axudas, becas e residencias para estudar Formación profesional.