Mostrando entradas con la etiqueta Violencia de Xénero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Violencia de Xénero. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de noviembre de 2014

ENREDADAS NO MEDO: TRABALLANDO DENDE AS AULAS O DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Neste día faise máis necesario que nunca recordar a importancia de levar a cabo accións que fomenten a igualdade de xénero e axuden a previr a violencia.

No CPI de Panxón realizamos durante esta semana actividades coas que tratamos de  eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario. 
A continuación achegamos algúns dos resultados que tiveron as nosas propostas para previr a violencia de xénero dende a escola.

5º e 6º de Primaria: ENREDADAS NO MEDO


1.- A partir dunha exposición de fotos estabrecemos un coloquio sobre o tema:

2.- Investigamos nos medios de comunicación

3.- Puxemos en común  noticias que trouxemos a clase e as clasificamos en diferentes tipos de violencia
4- Deseñamos a nosa fotografía
5.- Realizamos as  fotografías
e....... o resultado foi a seguinte exposición, enhoraboa  polo voso traballo 



martes, 11 de noviembre de 2014

RECOMPILACIÓN DOCUMENTAIS VIOLENCIA DE XÉNERO

                                                                     
 Documentos TV – Mamá, duérmete que yo vigilo


RECOMPILACIÓN CINE PARA REFLEXIONAR: 17 PELÍCULAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Material moi útil sobre o Cine e a Violencia de Xénero editado pola Fundación 1º de Maio e con Trindad Núñez Domínguez e Yolanda Troyano Rodríguez como coordinadoras. Neste traballo podes encontrar un gran número de películas para traballar o tema a través do cine.

PROPOSTA PARA 5º E 6º DE PRIMARIA, 1º E 2º DE ESO: VIOLENCIA DE XÉNERO

 I CONCURSO FOTOGRÁFICO SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO

1. Consolidar actitudes positivas cara a igualdade entre homes e mulleres.

2. Desenvolver accións preventivas para evitar situacións de discriminación e violencia contra a muller.

3. Lograr o desenvolvemento das Competencias básicas:  tratamento da información, a comunicación, a autonomía persoal, a cidadanía e a expresión artística.

4. Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE: 
  • DOCUMENTO GUÍA PARA O ALUMNO

  • A partir dunha exposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha chuvia de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:
    •  Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas? 
    • Que entendemos por violencia? 
    •  Parecenos importa xeitar a violencia?
    •  Hai distintas clases de violencia? 
    • Por que cren que é necesario un día conmemorativo contra a violencia á muller?





  • 2-   Investigamos nos medios de comunicación
    • Propoñeremos os nosos alumnos e alumnas que traian para a seguinte sesión noticias nas que se reflicta algunha forma de violencia. complementaráse con outras noticias de prensa variadas que poden obterse en Internet ou ser achegadas polo profesor ou profesora.
    3- Posta en común das noticias e clasificación en diferentes tipos de violencia
    ·         Cada alumno ou alumna presentará á clase a noticia que trouxo. Entre todos as clasificaremos en diferentes tipos de violencia, colgándose despois nun panel, destacando como unha das categorías a violencia contra a muller.
    4- Deseño da fotografía
    • Cada un dos equipos tomará as decisións necesarias para o deseño da súa fotografía: intención comunicativa, ambientación, escena, situación, expresión de emocións, mensaxes implícitas, etc., así como a organización de recursos materiais e persoais. Recollerán os acordos alcanzados nunha acta do grupo.
    5- Realización da fotografía
    • Cada un deles elixirá un espazo do centro para a escenificación da mensaxe e fará varios ensaios coa cámara de fotos ou co teléfono móbil. 
    • Finalmente prepararán un lema e un texto explicativo da fotografía do seu grupo.
    5.-  Exposición das fotos nalgún lugar visible do centro

  • Actividade adaptada do programa Educar para a igualdade que desenvolve o Goberno de Canarias

  • PROPOSTA DE TRABALLO 3º E 4º PRIMARIA: VIOLENCIA DE XÉNERO

    PROPOSTA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA: HAI ALGO MÁIS ABURRIDO QUE SER UNHA PRINCESA ROSA?

    O conto " Hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa? traballa os estereotipos e roles de xénero. 

    Para ler o conto pincha na imaxe.

    Podemos escoitalo no seguinte enlace: hai algo mais aburrido que ser unha princesa rosa?

    Grazas á Plataforma da Infancia e a Elena Zapico e Tamara Corral, podemos desfrutar deste conto en Lingua de signos. (é interesante facer unha visualización )




    Deste conto fisoxe unha segunda edición e nela a súa autora, Raquel Díaz, ofrecenos a ilustración da Princesa Carlota en branco e negro para que o noso alumnado a vista como desexe, dando renda solta á súa imaxinación e creatividade pensando nos novos sonos, desexos e aspiracións da princesa.



    - Despois da lectura do conto podemos facer un debate na clase, as observación e as opinións do alumnado seguro que nos sorprenden.

    - No seu Blog Raquel Díaz, proponnos elaborar un atrapa sonos porque todos podemos ser o que queiramos ser, e soñar espertos é o primeiro paso para conseguir o soñando...


    PROPOSTA 4 EDUCACIÓN PRIMARIA: 
    • A partir dunha exposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha choiva  de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:
      •  Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas? 
      • Que entendemos por violencia? 
      •  Parecenos importa xeitar a violencia?
      •  Hai distintas clases de violencia? 
      • Por que cren que é necesario un día conmemorativo contra a violencia á muller?
    • Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as, Cada alumno/a debuxa a súa man e as accións positivas que podemos facer con elas e o mesmo coa boca, debateran sobre a resolución de conflitos, as diferenzas de xénero.
    • Material a empregar
    •  
    •  O resultado do traballo pode ser un mural similar ao seguinte.
    Proposta tomada de Kika Fumero e Amaya Díaz

    PROPOSTA DE TRABALLO: 25 dE Novembro 1º E 2º DE EDUCACION PRIMARIA

    PROPOSTA 1: CONTO ARTURO E CLEMENTINA (2º EP)


    Adela Turín escribiu en 1976 este conto que, tristemente, segue de actualidade. Apoyaremosnos nel como guía para traballar co alumnado a prevención da Violencia de Xénero.

    Para a sesión utilizaremos:

    - O vídeo do conto relatado e adaptado por Beatriz Montero, gravado no espazo Cuentacuentos do programa infantil La Merienda.



    O conto en si, podemos velo a través do ordenador ou da pizarra dixital. (subido a rede por Isabel Nieto



    Arturo y Clementina from isabel Nieto

    O libro orixinal, pódese solicitar na Libraría "Libros para soñar" en Vigo.


    Despois de ver o vídeo ou facer a lectura do conto, falaremos co alumnado das impresións e sentimentos que lles xurdiron. Reflexións sobre a historia de Arturo e Clementina:

    Como é Clementina?
    Por que cren que Clementina non era feliz?
    Como é Arturo?
    Se fosen Clementina, Que farían no seu lugar?
    Que lles parece o final do conto? Esperaban que rematase así?
    Que é o que máis lles gustou da historia?
    Que cren que aprendemos con esta historia?

    Posibles actividades a realizar despois das reflexións: 


    - Manualidades: Creación dos personaxes para representar o conto e empatizar cos sentimentos destes. En cada enlace explícase o paso a paso para realizar esta manualidade.


    TARTARUGAS CON BOTELLAS DE PÁSTICO E CARTULINA



    TARTARUGA FEITA CON CARTÓN DE OVOS


    - Realizar un debuxo que represente o máis significativo da historia para o noso alumnado.

    - Por grupos ou ben de maneira individual pedirémoslle ao alumnado que reescriban a historia e o comportamento dos personaxes para favorecer a igualdade entre xéneros e o bo trato.

    - Continúa a historia: Por grupos ou ben de forma individual pedirémoslle ao alumnado que continúe a historia, Que terá pasado con Clementina? Que estará a facer? Como se sentirá? Que pasou con Arturo? ... Poden ilustrar a súa historia, relatala como un novo conto, un cómic, etc.

    - Analizamos os sentimentos e comportamentos dos personaxes: Dividimos o alumnado en pequenos grupos e a cada un deles entregámoslle unha ficha cunha das frases do conto para que debatan sobre ela e escriban a súa opinión de forma xustificada.





    PROPOSTA 2: CONTO ROSA CARAMELO 1º EP

    Poderemos traballar o sexismo de mans do conto Rosa Caramelo de Adela Turín, Investigadora italiana afincada en Francia, cofundadora da asociación non gobernamental Du Coté des Filles.

    Poden gozar desta historia a través da versión flash do conto picando na imaxe




    Guia de lectura; Rosa Caramelo

     
    Rosa Caramelo from guest67eb21

    Webquest elaborada por M. Rocío Cabanillas Magro, mestra do CEIP “Alcalde J.J.Rebollo”, para realizar actividades a o longo de cinco ou seis sesións.


    - Mural sobre o conto
    -Mural sobre xogos sexistas e no sexistas
    - Realización de Manualidades
    En blanco y negro,Plantilla II en blanco y negroPlantilla en colorI, Plantilla II en color

    Máscaras de elefantes de cores: Pica na imaxe para ver esta manualidade paso a paso en Krokotak.




    Resumen do conto



    As actividades son adaptadas das deseñadas por Kika Fumero e Amalia Padilla

    domingo, 1 de junio de 2014

    GUÍA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN ADOLESCENTES



    Guía realizada mediante un convenio de colaboración entre o Concello de Boadilla del Monte e a Consellería de Emprego e Muller da Comunidade de Madrid, dirixida fundamentalmente aos xovenes.

    lunes, 25 de noviembre de 2013

    "Outra vez é #25n"

    Vídeo realizado para mostrar o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres.
    Edición: http://trafegandoronseis.blogspot.com Atopado en Talleres de Aprender a Aprender


     

    Comparto tamén este video que encontrei nun fantástico post de Lola Urbano (@nololamento), e que se titula " Outra vez é #25n", en clara referencia ao día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ao igual que acontecía a semana pasada coa infancia, non se trata de feitos que hai que reinvidicar un só día senón que é necesario traballalo nas aulas no día a día.

     

    domingo, 24 de noviembre de 2013

    PINTEMOS O COLEXIO DE LARANXA

    Por que este Día internacional?
    Debido a que:

    • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos,
    • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis coma na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
    • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade
    • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial
    • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.

    Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.

    No cole ímonos sumar a esta iniciativa, adornándonos durante estes dezaseis días cunha prenda ou unha cinta laranxa.

    Convidámosvos a coñecer e a reflexionar sobre esta tremenda lacra cos datos e o vídeo que nos proporciona a ONU: 



    Por contar nun blog (baixo pseudónomo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguíu recuperarse das feridas recibidas. 

    Esta mesma semana, Malala recibiu o Premio Sajarov á liberdade de conciencia que outorga o Parlamento Europea por defender o Dereito á Educación das nenas paquistaníes. 

    Podedes seguir a crónica deste acontecemento neste enlace: 


    Nós quedámonos con dúas das súas frases: 
    • Algúns nenos non queren consolas, queren un libro e un bolígrafo para ir ó colexio.
    • Non quero ser coñecida como chica á que dispararon os talibáns, senon chica que loita pola educación, quero adicar a miña vida a esta causa.

    Únete ó laranxa e, con Malala Yousafzai, loita contra o maltrato e a favor da Educación das Mulleres. 

    jueves, 7 de noviembre de 2013

    ATRÉVETE SE ERES HOME: XOGO EDUCATIVO

    Xa estamos en novembro e acercase o día 25, nos centros celebramos o Día Internacional contra a Violencia de xénero por iso é o momento de comezar a ofrecer diversos materiais para traballar co alumnado. Entre eles pareceme moi inteante o seguinte xogo educativo.



    O xogo educativo para fomentar unha masculinidade igualitaria "Atrévete se es home" é un instrumento innovador e pioneiro desenvolvido polo Departamento "Hombres por la Igualdad" adscrito á Delegación de Igualdade e Saúde do Concello de Xerez. É de especial utilidade para que os varóns de todas as idades, e, especificamente os varóns adolescentes; perciban a importancia de revisar de xeito crítico os seus modelos de masculinidade e constrúan novos modelos de relación xustos, equitativos, e saudables.


    Composición do xogo:
    Caderno explicativo do xogo.

    Caderno de orientacións didácticas.
    Caixa do xogo.
    Xogo (imprimido na tapa da caixa).
    Tarxetas de tipos de masculinidade.
    1 Taboleiro de xogo con 32 casas.
    64 tarxetas verdes.
    37 tarxetas vermellas.
    6 fichas.
    1 dado.
    30 tarxetas de capacidades.
    440 billetes de puntos de felicidade:
    150 billetes de 10 puntos de felicidade
    130 billetes de 50 puntos de felicidade
    120 billetes de 100 puntos de felicidade
    40 billetes de 500 puntos de felicidade
    1 caderno de 30 follas de formación da identidade masculina.
    Cadro con puntuacións sobre os tipos de ambientes onde se desenvolve o xogo.
    O xogo pódese utilizar, unicamente, con fins educativos, ten os correspondente dereitos de autoría e copyright.

    martes, 15 de octubre de 2013

    RECURSOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

    A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), xunto co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anunciou a actualización do portal Web sobre información e sensibilización contra a violencia de xénero:


    Este portal, dirixido aos profesionais dos centros educativos, proporciona diversos materiais de interese para a sensibilización, prevención, detección e intervención en violencia de xénero, especialmente deseñados para mozos.

    A páxina Web tamén describe unha serie de actividades (para realizar tanto dentro coma fóra da aula), así como proporciona un listado de recursos de utilidade, tales como contos, lecturas, cancións, guías ou materiais audiovisuais.
    Vía:Scooped by OrientaTierra 

    jueves, 6 de diciembre de 2012

    TRABALLOS ALUMNADO VIOLENCIA DE XÉNERO

    SECUNDARIA
    1º ESO



    Open publication - Free publishing


    PRIMARIA
     1º de EP : As súas apreciacións nun mural.


    25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

    A violencia de xénero é a máxima e máis cruel manifestación da relación de desigualdade entre homes e mulleres na sociedade. É un problema social de primeiro nivel e por desgracia de máxima actualidade. Por iso no CPI de Panxón apostamos decididamente pola sensibilización/educación do noso alumnado como solución a medio prazo desta grave lacra social. 


    A continuación presentamos a programación de actividades que se desenvolveo no centro os días 22, 23 e 26 de novembro.


    domingo, 25 de noviembre de 2012

    APRENDIZA DE BRUJA

    Conto elaborado por unha afiliada do STEC-Intersindical Canaria , Carmen Delia Trujillo, que ademáis propón unha guía didáctica para traballalo co alumnado de Primaria e Secundaria. O obxectivo do conto é reflexionar sobre os roles de xénero e o sexismo.

    CONTO APRENDIZA DE BRUJA


    ACTIVIDADES APRENDIZA DE BRUJA
    Actividades aprendiza de bruja from DiversidadyCoeducacion

    de http://diversidadycoeducacion.com

    jueves, 8 de noviembre de 2012

    "NO ESTÁS SOLA, SARA"

    de 

    A película "No estás sola, Sara", Invitanos a reflexionar sobre a lacra que sofre a sociedade, o maltrato, a violencia de xénero e sobre os mecanismos que usan os maltratadores. 
    Un ano mais temos que facer referencia a unha triste estadística 40 mulleres, ata a data, víctimas da violencia de xénero. 
    Cada vez mais, faise necesario facer reflexionar ao alumnado sobre este grave problema social e gritar:¡Basta xa!
    Unha actividade recomendada para traballar en titoría este mes de novembro.

    Sinopse da película:
    Sara (Amaia Salamanca), con só 23 anos, participa no seu último día de terapia psicolóxica, dentro dun grupo de mulleres maltratadas física e psíquicamente. Tras anos de terapia por fin é capaz de verbalizar a súa propia historia, sen que o medo, as emocións e os recordos lle imposibiliten fablar. Fai tres anos, Sara era unha rapaza feliz. Estudaba periodismo, gustaballe maquillarse, comprarse roupa, ir ao cine, ler, bailar na discoteca, desfrutar da praia, do sol, poñerse minifalda, sentíase guapa, era feliz. Unha noite, a súa vida cruzsea coa de Javier (Ricard Sales), un rapaz da súa idade, guapo, educado, tímido e cheo de encanto, que a enamora pouco a pouco, cheándoa de atencións.

    No seguinte enlace podes ver a película completa.

    miércoles, 24 de octubre de 2012

    IMPACTO DA VIOLENCIA DE XÉNERO SOBRE OS NENOS/AS E ADOLESCENTES

    A Fundación Meniños  publicou esta Guía, de utilidade para coñecer o impacto da Violencia de Xénero en nenos/as e adolescentes.

    Enlace: Guía Impacto de la Violencia de Género en niños y adolescentes.


    domingo, 30 de septiembre de 2012

    Guía do impacto da violencia de xénero sobre nenos, nenas e adolescentes.


    Meniños/Gobierno Regional de Azores/Unidade de Investigación e Coidado Familiar da U. de Coruña.
    2012.