1. Consolidar actitudes positivas cara a igualdade entre homes e mulleres.
2. Desenvolver accións preventivas para evitar situacións de discriminación e violencia contra a muller.
3. Lograr o desenvolvemento das Competencias básicas: tratamento da información, a comunicación, a autonomía persoal, a cidadanía e a expresión artística.
4. Elaborar un mural conmemorativo, utilizando as aportacións dos alumnos/as.
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:
DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE:
- DOCUMENTO GUÍA PARA O ALUMNO
- A partir dunha exposición de fotos que representan distintos tipos de violencia faremos unha chuvia de ideas coas emocións e pensamentos que nos xenera. Unha vez que lemos a mensaxe das imaxes, establecerase un coloquio sobre o tema:
- Que cres que senten as persoas que sofren discriminación e violencia sobre elas?
- Que entendemos por violencia?
- Parecenos importa xeitar a violencia?
- Hai distintas clases de violencia?
- Por que cren que é necesario un día conmemorativo contra a violencia á muller?
2- Investigamos nos medios de comunicación
- Propoñeremos os nosos
alumnos e alumnas que traian para a seguinte sesión noticias nas que se
reflicta algunha forma de violencia. complementaráse con outras noticias
de prensa variadas que poden obterse en Internet ou ser achegadas polo
profesor ou profesora.
3- Posta en común
das noticias e clasificación en diferentes tipos de violencia
·
Cada
alumno ou alumna presentará á clase a noticia que trouxo. Entre todos as clasificaremos en diferentes tipos de violencia, colgándose
despois nun panel, destacando como unha das categorías a violencia contra
a muller.
4- Deseño da fotografía
- Cada un dos
equipos tomará as decisións necesarias para o deseño da súa fotografía:
intención comunicativa, ambientación, escena, situación, expresión de
emocións, mensaxes implícitas, etc., así como a organización de
recursos materiais e persoais. Recollerán os acordos alcanzados nunha
acta do grupo.
5- Realización da fotografía
- Cada un deles elixirá un espazo do centro para a escenificación da mensaxe e fará varios ensaios coa cámara de fotos ou co teléfono móbil.
- Finalmente prepararán un lema e un texto
explicativo da fotografía do seu grupo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario