No CPI de Panxón realizamos durante esta semana actividades coas que tratamos de eliminar estereotipos e promover a reflexión sobre actitudes sexistas coas que convivimos a diario.
A continuación achegamos algúns dos resultados que tiveron as nosas propostas para previr a violencia de xénero dende a escola.
5º e 6º de Primaria: ENREDADAS NO MEDO
1.- A partir dunha exposición de fotos estabrecemos un coloquio sobre o tema:
2.- Investigamos nos medios de comunicación
3.- Puxemos en común noticias que trouxemos a clase e as clasificamos en diferentes tipos de violencia
4- Deseñamos a nosa fotografía
5.- Realizamos as fotografías
e....... o resultado foi a seguinte exposición, enhoraboa polo voso traballo
Que gran exposición fixeron! Un gran xeito de traballar este día. Unha aperta.
ResponderEliminar