Mañá conmemórase o DIA MUNDIAL CONTRA A SIDA. Compartimos con vós este recurso didáctico, por se vos resulta de interés para a aula, sobre a problemática da sida desde unha perspectiva global e pluridisciplinar. Está dirixida a alumnos de 1º de Bacharelato, pode ser utilizada para tratar o tema da SIDA en tItoría e en Bioloxía noutros cursos da ESO.
A unidade divídese en cinco secuencias didácticas.
1.- Aproximación á problemática das pandemias a través da película “And the band played on” Roger Spottiswoode.
2.- Visualización comentada de catro vídeos da sección “¡Hacia la erradicación del sida!” do portal educativo europeo sobre investigación biomédica de vangarda Xplore Health.
3.- Profundización no tema da SIDA desenvolvendo catro traballos en grupo para obter unha visión integral da SIDA.
4.- Desenvolvemento do xogo “Tararí que te VIH” realizado polos axentes de saúde do Centro Penitenciario de Monterroso en Lugo.
5.- Debate sobre como previr a infección por VIH, o acceso ao tratamento e como evitar o estigma
e a discriminación das persoas infectadas a partir da análise de varias afirmacións e situacións que se presentan no xogo sobre cuestións sociais e éticas relacionadas co VIH e a SIDA.
Fuente: Educa Barrié
CORTOS E OUTROS RECURSOS ( Fuente: educarex.es)
"Cortos que animan" É unha orixinal e innovadora campaña de prevención de VIH dirixida aos xóvenes.
CORTOS E OUTROS RECURSOS ( Fuente: educarex.es)
"Cortos que animan" É unha orixinal e innovadora campaña de prevención de VIH dirixida aos xóvenes.
"Sexteen"
Diario de Juan "Historia intima de VIH"
Alejo y Valentina "School Project"
Grazas por compartila e por lembrarnos este día, Pastora. Un bico e moi boa semana.
ResponderEliminarDesde O Lar dos Pitufos os deseamos felices fiestas y lo mejor para el próximo año!!
ResponderEliminarhttps://www.youtube.com/watch?v=VuLEezehjY4
PITUFI-BESOS!! :-)