No artigo 20.3 da LOE/LOMCE establécese a realización dunha avaliación, de carácter diagnóstico, en terceiro curso da Educación Primaria, indicando que "os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de Educación Primaria". Esta avaliación desenvolverase segundo dispoñan as administracións educativas e "comprobará o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática".
O Ministerio de Educación, coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa, ofrece un modelo de probas completas para a avaliación de terceiro curso de Educación Primaria, e o Marco Xeral desta avaliación desenvolvido en colaboración coas Comunidades Autónomas.
Neste enlace e pinchando na imaxe podedes acceder ás probas e a outros exemplos de preguntas liberadas para 4º curso de Educación Primaria.
Grazas por compartilas, Pastora. Espero que teñas un bo segundo trimestre. Unha aperta.
ResponderEliminar