ALUMNADO 3º DE ESO

No curso no que estades tamén é moi importante que teñades unha boa orientación. Non tendes que decidir XA qué o vindeiro curso aínda estaredes estudando  4º, pero sI tendes que empezar a pensar en isto, e sobre todo, coñecer os camiños existentes.


Xa sabedes que é IMPORTANTÍSIMO SACARSE O GRADUADO EN ESO. Pero o camiño non acaba aí. Por qué? Porque o Graduado, sendo importante, non te prepara para ningunha profesión. É un paso para dar o seguinte. Así que, despois de 4º, teredes que elixir entre:
  • BACHARELATO  prepárate para a Universidade ou para un CFGS
  • CICLO FORMATIVO DE GRADO MEDIO (CFGM):  prepárate para exercer unha profesión.

TODA A INFORMACIÓN SOBRE ESTAS OPCIÓNS A TENDES NA PESTANA "ALUMNADO DE 4º DE ESO". FACEDE  OS CUESTIONARIOS E INVESTIGADE AS DISTINTAS PROFESIÖNS.

Ademais este ano tendes que ELEXIR QUÉ OPTATIVAS  IDES A CURSAR EN 4º DE ESO. Ata agora, case todas as asignaturas eran obrigatorias, ¿verdade? Pero 4º de ESO é algo diferente: hai materias novas e outras que antes cursabades obrigatoriamente agora pasan a ser voluntarias. O CPI de Panxón as organiza en bloques. A ficha que tendes que rechear coa matrícula de 4º  podédela ver no seguinte documento.