domingo, 23 de febrero de 2014

PROPOSTA DIDÁCTICA: "A PESAR DE TODO, QUÉROTE"

Xa está ao dispor da comunidade educativa a proposta didáctica para traballar na aula a película "A pesar de todo, quérote". A proposta preséntase en Moodle dende a Aula Abalar acompañada do telefilme, que se ofrece en streaming para a súa emisión gratuíta nos centros de ensino. Esta unidade didáctica arranca cunha pequena introdución técnica sobre o seu funcionamento didáctico e logo ofrece a través de cinco módulos os contidos que se van desenvolver; complétase cos recursos que poden favorecer o labor do profesorado e remata cunha proposta de traballo para afondar na educación viaria como proxecto de centro.

En canto aos contidos, a proposta de traballo que se ofrece centra o seu foco de atención sobre o tratamento da educación en valores, facendo fincapé na educación emocional, na educación viaria e mais na educación para a saúde. A metodoloxía de traballo que se propón é a realización de actividades antes, durante e despois do visionado do filme para afondar logo no desenvolvemento da aprendizaxe. Ao final de cada módulo ofrécese unha tarefa que contribúa ao afianzamento do coñecemento adquirido co espírito do traballo por proxectos. Debido á sensibilidade dos temas que se tratan na película, son as actividades as que van orientando o alumnado para que constrúan pouco a pouco as relacións que existen entre a inmadurez emocional, os factores de risco, as condutas nocivas... a partir das súas sensibilidades, das súas experiencias e dos seus intereses.

Ademais, a unidade aborda o tratamento da linguaxe cinematográfica para achegar o cine como recurso didáctico para comprensión da nosa realidade cotiá e de nós mesmos. A verosimilitude da ficción representada, a idade dos personaxes protagonistas e a actualidade dos temas abordados ofrecen un marco de traballo óptimo para que o alumnado se achegue con curiosidade aos produtos audiovisuais con sentido crítico e mais con interese estético.

A pesar de todo, quérote (2011) foi dirixida por Jorge Algora e cedida pola súa produtora, Adivina Producciones, para o desenvolvemento desta proposta didáctica nos centros de ensino.

MATERIAIS PARA DINAMIZAR DEBATES NAS ESCOLAS DE FAMILIA


O programa Redes pon á nosa disposición materiais sobre os que poder desenvolver charlas ou debates nas Escolas de familia. Eduard Punset e o seu equipo teñen un grande interese nos temas educativos, cunha perspectiva científica que busca poñer en evidencia a necesidade de cambiar cos tempos e á luz dos novos descubrimentos que cuestionan prácticas educativas caducas. 
A modo de exemplo suxiro os seguintes programas:

Mais programas na web de REDES:
http://www.rtve.es/television/redes