domingo, 22 de junio de 2014

CALENDARIO ESCOLAR 14-15

Publícase a Orde do 13 de xuño pola que se aproba o calendario escolar en Galicia para o curso 2104 / 2015 nos centros sostidos con fondos públicos. 

COMEZO E REMATE DO CURSO:
No 2ª ciclo de Educación Infantil, Educación Especial e Educación Primaria: Do 10 de setembro ao 19 de xuño.
En Educación Secundaria e Formación Profesional: Do 15 de setembro ao 19 de xuño. 
En Ensinanzas de Réxime Especial: Do 15 de setembro ao 30 de xuño.
Nos centros de Ensinanzas Artísticas superiores: Do 10 ao 30 de setembro.

PERÍODOS DE VACACIÓNS:
Nadal: desde o día 22 de decembro de 2014 ata o día 7 de xaneiro de 2015.
Entroido: días 16, 17 e 18 de febreiro de 2015. 
Semana Santa: desde o día 30 de marzo ata o 6 de abril de 2015.

DÍAS NON LECTIVOS: 
Día do Ensino: 31  de Outubro. 
Festivos locais ou de ámbito estatal.

martes, 17 de junio de 2014

FORMACIÓN PROFESIONAL 2014, OFERTA FORMATIVA, E SOLICITUDE

 A Consellería ben de publicar o calendario de admisión na Formación Profesional para o curso 2014-15, así como a oferta formativa para o mesmo período das diferentes modalidades de FP.


Oferta de ciclos formativos:

Réxime ordinario na modalidade presencial:
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo  (actualizado 14.06.2014)
Clasificada por provincia e concello  (actualizado 14.06.2014)

Réxime das persoas adultas na modalidade presencial (oferta modular):
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo   (actualizado 14.06.2014)
Clasificada por provincia e concello  (actualizado 14.06.2014)

Réxime da persoas adultas na modalidade a distancia (oferta modular):
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo   (actualizado 14.06.2014)
Clasificada por provincia e concello  (actualizado 14.06.2014) 

 Admisión:
Instruccións sobre como realizar a solicitude web
Acceso á solicitude web

CENTROS RESIDENCIAS DOCENTES: CURSO 14-15

Xúntase a Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se convocan prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso académico 2014/15.

O prazo de presentación de solicitudes en período ordinario será:
a) Para os solicitantes matriculados en BAC, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 11 de xullo de 2014.
b) Para os solicitantes matriculados en ciclos formativos, entre o día seguinte ao da publicación desta convocatoria e o 18 de xullo de 2014.





lunes, 2 de junio de 2014

A AUTOESTIMA NOS NENOS/AS

O Programa de Televisión para Pais-auspiciado por Asociación Mundial de Educadores Infantís (AMEI-WAECE), entidade asociativa sen ánimo de lucro constituída como movemento de renovación pedagóxica da educación infantil e a web http://www.guiainfantil.com/ ofrece en internet unha serie de vídeos educativos. Neste a psicóloga Elvira Sánchez, aborda o tema da autoestima dos nenos que forma parte da colección de Educando en Valores dende a Primeira Infancia.
No videodocumental facilítanse pautas a familias e docentes sobre como educar a autoestima en nenos e nenas.

Vía Orientrazos
s

domingo, 1 de junio de 2014

GUÍA DE PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO EN ADOLESCENTES



Guía realizada mediante un convenio de colaboración entre o Concello de Boadilla del Monte e a Consellería de Emprego e Muller da Comunidade de Madrid, dirixida fundamentalmente aos xovenes.

PRESENTACIÓN SISTEMA EDUCATIVO LOMCE

O grupo de traballo que desenvolve o proxecto colaborativo de APOCLAM "Cadernos de Orientación" elaborou esta presentación coa intención de explicar e aclarar como queda o Sistema Educativo español tras a publicación da última reforma.
Está elaborada para ser utilizada directamente polo orientador/a e expoñer ante profesores, pais ou estudantes como é o Sistema Educativo e que opcións nos permite.
De forma completa e moi visual expon como queda o sistema educativo sumando as dúas últimas modificacións importantes: LOE + LOMCE.

A presentación pode consultarse de forma online na dirección:
www.sistemaeducativo.apoclam.orghttp://www.sistemaeducativo.apoclam.org/