Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional das persoas con discapacidade. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día Internacional das persoas con discapacidade. Mostrar todas las entradas

domingo, 2 de diciembre de 2012

NIN MÁIS NIN MENOS:A DISCAPACIDADE EXPLICADA AOS NENOS


Cadernos de Educación en Valores nº 4 - Por preguntar que noN quede - Colección editada por FETE UGT
Nadie é igual a nadie e ése é o noso tesoiro. Mira ao redor e escoita o canto do colibrí, a mirada repousada da lechuza, o camiñar da gacela,o facer da abella... Cada animal ten a súa forma de vivir, de camiñar, de mirar… Tí eres unha persoa única: sabes o que quieres, sabes cómo xogar, aprender ou conversar... ¡A túa maneira!
Textos: Luz Martínez Ten; Asesoría en discapacidade: Blanca Leyva San Juan
Colaboración especial: Maite Ruano López, alumna co síndrome de Smith Magenis
Ilustración e deseño: Mauricio Maggiorini Tecco (Gen); Cartel: Lucía Sagredo Miller


jueves, 29 de noviembre de 2012

DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

Este ano tamén quixemos sensibilizar ao noso alumnado coas discapacidades, e con un pouco de adianto xa que ata o día 3 de decembro non se conmemora O Día Mundial da Discapacidade, celebramos no CPI o día da discapacidade, para iso o departamento de orientación e o equipo de biblioteca organizaron unha sensibilización xunto coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI)
Así que hoxe 29 de novembro, en dúas sesións a primeira adicada a 3º da ESO e a segunda sesión a 4º da ESO, Francisco Traballador social de COGAMI e Moncho voluntario con lesión medular imapartiron unha charla de PREVENCIÓN DE LESIÓNS MEDULARES no colexio.   
Francisco explicou aos nenos o que era unha lesión medular e o que implicaba así como as súas causas mais comúns, mentres Moncho ía puntualizando coa súa propia experiencia as palabras do seu compañeiro, contounos como foi o seu accidente e todo o que implicou para el esta lesión
Comprendemos que, fora de días internacionais e leis, a realidade, a cruda realidade é tozuda. Hai avances, pero son insuficientes. As rúas dos distintos barrios están cheas de bordillos imposibles para persoas que usen silla de rodas. Por suposto, os autobuses non están preparados (excepto un pequeno porcentaxe dos mesmos) para persoas con movilidade reducida, qué dicir dos trens. Temos zonas de estacionamento reservado a minusválidos (negome a usar unha,  palabra ofensiva, sobre todo despois de coñecer a Moncho) persoas de movilidade reducida que frecuentemente están ocupadas por conductores sin escrúpulos e sen conciencia. Dos edificios públicos mellor non falar. Se queres ir ao cine, ofrecente a “fila cero” a un metro da pantalla para que non subas escaleiras, ¡¡qué amables!! porque estes espazos de ocio non están pensados para esas persoas das que hoxe toca acordarse.

Dende este blog queremos darlle as grazas a Francisco e a Moncho  por compartir o seu tempo con todos nós. A actividade impartase de maneira gratuíta.


COGAMI Vigo

Locais "Rivera Atienza"
Avda. Martínez Garrido,21 Interior.
36205 Vigo 
Tlf.:  986 281 893 / 897 
silvigo@cogami.es

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Día Internacional das persoas con discapacidade


O vindeiro 3 de decembro celebrase o Dia Internacional das persoas con Discapacidade. Um dos obxectivos neste dia é dar a coñecer os dereitos destas persoas.
A CONVENCIÓNsobre os dereitos das persoas com discapacidade informanos destes cunha linguaxe fácil e com pictogramas para favorecer a súa lectura.
Foi editada em maio do 2010 e a publicación foi coordinada e realizada pólo Ceapat-Imserso, em colaboración com Arasaac e Fundosa accesibilidade.

Isabelle Carrier atopa neste libro a maneira de representar qué supón a discapacidade intelectual para facerlla entender aos máiss pequenos: a imaxe dun neno que non ten máis remedio que tratar de avanzar pola vida arrastrando un cazo.