viernes, 27 de diciembre de 2013

AS COMPETENCIAS NOS APRENDIZAXES BÁSICOS PARA A VIDA: CALENDARIO CEAPA

Calendario editado por CEAPA. Un calendario moi particular, creado e pensado para ser usado no fogar, no que, para cada día do mes, atoparemos unha tarefa ligada a competencias que orienta aos pais e nais, e á familia en xeral, sobre que tipo de actividades poden acometer cos fillos/as na casa para traballar deste xeito no fogar as distintas competencias básicas dando continuidade, deste modo, ao labor desempeñado polo profesorado na aula.


GUÍA PARA TRABALLAR AS COMPETENCIAS BÁSICAS


PLAN DE ACCIÓN TITORIAL SOBRE INTELIXENCIA EMOCIONAL


sábado, 21 de diciembre de 2013

miércoles, 18 de diciembre de 2013

A LOMCE E OS BORRADORES DOS DECRETOS QUE A DESENVOLVEN


O día 9 de decembro de 2013 aparece publicada no BOE, a Lei orgánica.


BOE Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa ( LOMCE). AQUÍ
Borradores dos Reais Decretos de E. Primaria e Secundaria. AQUÍ
Calendario de implantación LOMCE. AQUÍ

miércoles, 4 de diciembre de 2013

CAMPAÑA: TODOS CONTRA O ACOSO ESCOLAR

#NOALACOSOESCOLAR
Promovida polo Corpo de Policía Nacional



INDICACIÓNS XERAIS:
- Se es vítima dalgún tipo de acoso por parte de
un compañeiro, cóntallo a un adulto: pide axuda.

- Non estás só: pais, profesores e, se fose
necesario, en casos constitutivos de delito ou falta,
están contigo para frear esa situación

- Se como pai ou profesor detectas que o teu fillo/a ou alumno/a mostra cambios de
humor, está triste,  finxe enfermidades para non ir ao colexio ou non ten
amigos, intenta falar con el para saber que acontece e como poder intervir

-  Se debe concienciar á vítima de que non é inferior a ninguén e crear pautas
correctas para responder ás ameazas, humillacións ou maltrato do acosador

- Se es testemuña dun caso de acoso: non sexas cómplice. O teu silencio engrandece ao
maltratador e ratifícalle na súa conduta. Implícate e denuncia

- Se recibes arquivos, vídeos ou fotos nas que se humilla a un compañeiro, ou son
de carácter íntimo e privado, non participes na súa difusión: denuncia.

- Se crees que es vítima dun delito ou falta no teu centro escolar, ou coñeces a
alguén que está a ser vexado ou acosado por outros compañeiros, podes achegar a túa
información á seguinte conta de correo atendida por especialistas de



Nota deprensa

lunes, 2 de diciembre de 2013

ACOSO ESCOLAR: A CADEA DO SILENCIO

A Cadea do silencio é un documental sobre o acoso escolar que se emitiu no programa "Crónicas" de RTVE o 11 de abril de 2013. Nos 45 minutos de duración podemos coñecer experiencias de rapaces/ás que foron vítimas durante anos e de como puideron superalo. Un dos temas centrais é a principal dificultade para rematar co acoso, o silencio das vítimas e de todos os que as rodean.

Vía:Orientación


Revista CONVIVES: COEDUCACIÓN PARA LA CONVIVENCIA

Manual ASI

Guía Boas Prácticas para a abordaxe de nenos/as e adolescentes vítimas ou testemuñas de abuso sexual e outros delitos.
Protección dos seus dereitos, acceso á xustiza e obtención de probas válidas para o proceso.

V. BerlinerblauMNino e S. Viola. 

UNICEF Arxentina, 2013.

sábado, 30 de noviembre de 2013

MANUEL DOCENTE PARA APLICAR NO AULA A INTELIXENCIA EMOCIONAL

O Manual divídese en tres partes: teoría, experiencias colectivas de aula e a abordaxe individual do alumno con problemas de aprendizaxe mediante casos prácticos reais.
O asesor do Centro de Formación, Innovación e Recursos Educativos (Cefire) de EldaAgustín Caruana, foi o encargado de coordinar e escribir parte da obra «Intelixencia emocional aplicada ás dificultades de aprendizaxe», no que colaboraron 40 profesionais e pais e nais de alumnos. Podedes acceder ao manual pinchando na imaxe.


Compartido por Mábel Villaescusa

viernes, 29 de noviembre de 2013

GUÍA DE INTEGRACIÓN PARA O ALUMNADO CON TEA EN AULAS ORDINARIAS DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Para acceder pica na imaxe
Guía elaborada por Mª del Mar Gallego, en colaboración coa Unidade asistencial de Autismo da Universidade de Salamanca.

Vía Orientación y Atención a la Diversidad

lunes, 25 de noviembre de 2013

"Outra vez é #25n"

Vídeo realizado para mostrar o noso rexeitamento á violencia contra as mulleres.
Edición: http://trafegandoronseis.blogspot.com Atopado en Talleres de Aprender a Aprender


 

Comparto tamén este video que encontrei nun fantástico post de Lola Urbano (@nololamento), e que se titula " Outra vez é #25n", en clara referencia ao día Internacional contra a Violencia de Xénero. Ao igual que acontecía a semana pasada coa infancia, non se trata de feitos que hai que reinvidicar un só día senón que é necesario traballalo nas aulas no día a día.

 

domingo, 24 de noviembre de 2013

PINTEMOS O COLEXIO DE LARANXA

Por que este Día internacional?
Debido a que:

  • A violencia contra a muller é unha violación dos dereitos humanos,
  • A violencia contra a muller é consecuencia da discriminación que sofre, tanto en leis coma na práctica, e a persistencia de desigualdades por razón de xénero
  • A violencia contra a muller afecta e impide o avance en moitas áreas, incluídas a erradicación da pobreza, a loita contra o VIH/SIDA e a paz e a seguridade
  • A violencia contra as mulleres e as nenas pódese evitar. A prevención é posible e esencial
  • A violencia contra a muller segue sendo unha pandemia global. Ata un 70% das mulleres sofren violencia na súa vida.

Para este ano, a ONU fainos unha bonita proposta: pintar o mundo de laranxa en 16 días. É dicir, manter unha actitude activa contra o maltrato. Eses días abranguen dende o 25 de novembro (data do asasinato das irmás Mirabal) ata o 10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos.

No cole ímonos sumar a esta iniciativa, adornándonos durante estes dezaseis días cunha prenda ou unha cinta laranxa.

Convidámosvos a coñecer e a reflexionar sobre esta tremenda lacra cos datos e o vídeo que nos proporciona a ONU: 



Por contar nun blog (baixo pseudónomo) os problemas que teñen as nenas paquistaníes para recibir unha educación, a nena Malala Yousafzai foi tiroteada. Afortunadamente, tras quedar nun estado moi grave, conseguíu recuperarse das feridas recibidas. 

Esta mesma semana, Malala recibiu o Premio Sajarov á liberdade de conciencia que outorga o Parlamento Europea por defender o Dereito á Educación das nenas paquistaníes. 

Podedes seguir a crónica deste acontecemento neste enlace: 


Nós quedámonos con dúas das súas frases: 
  • Algúns nenos non queren consolas, queren un libro e un bolígrafo para ir ó colexio.
  • Non quero ser coñecida como chica á que dispararon os talibáns, senon chica que loita pola educación, quero adicar a miña vida a esta causa.

Únete ó laranxa e, con Malala Yousafzai, loita contra o maltrato e a favor da Educación das Mulleres. 

lunes, 18 de noviembre de 2013

APRENDIZAXE COOPERATIVO EN EDUCACIÓN PRIMARIA

Comparto este fantástico documento do Departamento de Educación do Goberno de Navarra sobre a aprendizaxe cooperativa en Educación Primaria. Fonte: Orientacionandujar

Pica na imaxe para descargar

APRENDE A PROTEXERTE EN INTERNET CON "de aquÍ no pasas."

Save the Children presenta "¡De aquí no pasas! " unha iniciativa onde os adolescentes dunha forma amena e ilustrada poden aprender a protexer a súa privacidade en Internet.


martes, 12 de noviembre de 2013

RECURSOS EDUCATIVOS PARA TRABALLAR A DISLEXIA

A dislexia é unha dificultade específica para a linguaxe que impide recoñecer e comprender as palabras escritas. Por sorte, hoxe en día, temos ao noso alcance moitos recursos que permiten mellorar esta dificultade para a aprendizaxe da lectoescritura dos nosos alumnos.



RECURSOS EDUCATIVOS PATA TRABALLAR 


  1. Reino de las sílabas. Divertido xogo interactivo para traballa as sílabas a a fonoloxía das palabras.
  2. Fichas para descargar.Especialmente indicadas para as etapas preescolar, infantil e primaria.
  3. Las letras y yo. Libro interactivo que conta a historia dunha nena con dislexia. Consigue que os nenos que a sofren se identifiquen coa protagonista. Ademáis constitue unha interesante guía para pais e docentes.
  4. Bingo de sílabas. Material imprimible para crear un bingo de sílabas directas. As letras son de caligrafía e reforzan o aprendizaxe da lectoescritura.
  5. Dyseggxia. Aplicación que permite combinar hasta 5 tipos de exercicios para adaptala as dificultades de lectoescritura. Indicada para personas de 13 a 35 anos.
  6. Katamotz. Sitio donde podes descargar un programa específico con exercicios, actividades e xogos diseñados especialmente para traballar a dislexia e outros problemas de aprendizaxe da lectoescritura.
  7. 11 Guías útiles para docentesEncontrarás material moi útil en función das dificultades dos vosos alumnos con Necesidades Educativas Especiais (NEE).
Sabías que as características da dislexia son variables en función da idade? Coñece todas as diferenzas nesta magnífica presentación. Ademais, nestes vídeos poderás observar útiles recursos para traballar con nenos con dislexia. En Dislexia e Familia ofrecen información moi ampla para tratar esta dificultade do xeito máis axeitada e construtiva.

Se vos interesa o tema, nno deixedes de visitar estos blogs, conteñen útiles recursos educativos: Orientación Andujar o Dislexia Breal.

GUÍA DE ACTUACIÓN CONTRA O CIBERACOSO

Guía de actuación contra o ciberacoso.  Pais e educadores VV.AA.
Instituto Nacional de las Tecnologías de la Información. 
Ministerio de Industria, Energía y Turismo, 2013
Para descargala pincha na imaxe

ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO EN CONTEXTOS EDUCATIVOS

A Consellería de educación do Principado de Asturias publicou unha serie de guías que orientan sobre como se ppode intervir nas alteracións de comportamento dende a escola  e familia.  
Dar resposta educativa ás alteracións do comportamento que se observan no contexto educativo actual require un proceso de reflexión sobre o coñecemento actual respecto ao comportamento humano, as súas características e as interaccións presentes no ámbito das relacións sociais.

Ficha de publicación:

TÍTULO: ALTERACIÓNS DO COMPORTAMENTO EN CONTEXTOS EDUCATIVOS

AUTORÍA: Profesorado do Equipo Específico Alteraciones del Comportamiento e Profesorado do programa "Trampolín".

ÁREA: Orientación educativa e necesidades educativas especiais

NIVEL EDUCATIVO: Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria

TIPO DE MATERIAL: Carpeta que contén 6 libros e un CD

EDITOR: Consellaría de Educación e Ciencia.

DATA DE EDICIÓN: Xuño 2011

LOCALIZACIÓN: Servizo de Atención á Diversidade, Orientación Educativa e Participación. Equipo Específico de Alteracións do Comportamento



Resumo do contido:

Libro 1: Bases teóricas das alteracións do comportamento. Comportamento e alteracións. Modelos explicativos dende o ámbito escolar. Factores de risco.
Caderno 2: Intervención educativa. Medidas de Centro e de Aula. Orientacións didácticas para a docencia. Incidentes e pautas de Centro e Familia.
Caderno 3: Proceso de Intervención do Equipo Específico de Alteracións do Comportamento. Protocolos, demandas, avaliación, medidas e seguimento. Direccións e contactos.
Caderno 4: Intervención familiar. Indicadores de avaliación. Interacción pais e fillos. Pautas e normas. Esferas de intervención. Anexo con cuestionarios.
Caderno 5: Programa "Trampolín" e Programa "Ponte". Alumnos destinatarios, recursos e metodoloxía. Áreas de intervención. Actividades.
Caderno 6: Técnicas e estratexias de intervención. Fichas descritivas de técnicas e actividades. Intervención ante a falta de control e impulsividade, atención e memoria de traballo, frustración e recoñecemento, habilidades sociais, modificación de conduta e resolución de conflitos, e descriptores das dinámicas de grupo (características, utilidade e limitacións).




jueves, 7 de noviembre de 2013

ATRÉVETE SE ERES HOME: XOGO EDUCATIVO

Xa estamos en novembro e acercase o día 25, nos centros celebramos o Día Internacional contra a Violencia de xénero por iso é o momento de comezar a ofrecer diversos materiais para traballar co alumnado. Entre eles pareceme moi inteante o seguinte xogo educativo.



O xogo educativo para fomentar unha masculinidade igualitaria "Atrévete se es home" é un instrumento innovador e pioneiro desenvolvido polo Departamento "Hombres por la Igualdad" adscrito á Delegación de Igualdade e Saúde do Concello de Xerez. É de especial utilidade para que os varóns de todas as idades, e, especificamente os varóns adolescentes; perciban a importancia de revisar de xeito crítico os seus modelos de masculinidade e constrúan novos modelos de relación xustos, equitativos, e saudables.


Composición do xogo:
Caderno explicativo do xogo.

Caderno de orientacións didácticas.
Caixa do xogo.
Xogo (imprimido na tapa da caixa).
Tarxetas de tipos de masculinidade.
1 Taboleiro de xogo con 32 casas.
64 tarxetas verdes.
37 tarxetas vermellas.
6 fichas.
1 dado.
30 tarxetas de capacidades.
440 billetes de puntos de felicidade:
150 billetes de 10 puntos de felicidade
130 billetes de 50 puntos de felicidade
120 billetes de 100 puntos de felicidade
40 billetes de 500 puntos de felicidade
1 caderno de 30 follas de formación da identidade masculina.
Cadro con puntuacións sobre os tipos de ambientes onde se desenvolve o xogo.
O xogo pódese utilizar, unicamente, con fins educativos, ten os correspondente dereitos de autoría e copyright.

martes, 5 de noviembre de 2013

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO: PROBAS


As Comunidades Autónomas publican as probas liberadas de cursos anteriores. Estas probas  son instrumentos moi útiles para traballar por competencias co alumnado.


"Competencias Básicas" conten unha relación de probas bastante completa de 4º de Primaria e de 2º de ESO.

Relación de Probas de 4º de EP. Editorial Santillana



miércoles, 30 de octubre de 2013

AS TIC, PARA QUE EN EDUCACIÓN?

TGD: CURRÍCULO E MATERIAIS DIDÁCTICOS

"Guía para a práctica educativa con nenos con Autismo e Trastornos Xeneralizados do Desenvolvemento: currículo e materiais didácticos" de uso para o profesorado de Eva Mª Rodgla e Myriam Miravalls.


Pincha na imaxe e descarga a guía
Vía Profe PT

miércoles, 23 de octubre de 2013

NON AOS RECORTES


NON AOS  RECORTES: Vídeo en defensa da Escola pública. Non se pode explicar mellor os motivos da folga xeral de alumnos, pais e mestres  do día 24.

ANÍMATE A LER: GUÍAS DE LECTURA

260 guías para descargar:Alfaguara / Anaya / Bambú / Edebé / Edelvives / Everest / La Galera / SM

CONTOS PARA EXPLICAR O TEA


Estas publicacións van dirixidsa a todos os nenos/as aos que se pretenda educar na aceptación da diversidade e non só aos que teñen un irmán con autismo. Aos pais que non saben que explicación deben dar aos seus fillos cando chega á familia un neno con TEA e aos mestres/as que non saben como enfrontarse ás preguntas que formulan os seus alumnos cando hai un neno con autismo na aula. A tal dificultade engádese moitas veces o descoñecemento dunha alteración que ata entón estivo allea nas súas vidas.

Cuidando a Louis de Lesley Ely e Polly Dumbar para nenos de 3 a 5 anos.

Pica na imaxe para descargar o conto

Mi hermano tiene autismo de Ana González Navarro e Victoria Labat Gronchi. Co mesmo título, temos dous contos adaptados a dúas franxas de idades diferentes, un para 4 -5 anos e o outro para 6 -7 anos e ademais inclúe unha serie de pautas orientativas que nos permite optimizar o contido do conto.


Pica na imaxe para descargar o conto


Pica na imaxe para descargar o conto

Vía aulapt

domingo, 20 de octubre de 2013

TAARE ZAMEEN PAR

Dende AGADIX na xornada sobre dislexia celebrada en Lugo propoñen o visionado da película:


Trátase da película seleccionada oficialmente pola India para os Premios Óscar de 2007. Nela, un mestre extrovertido presta axuda ao seu alumno disléxico IshaanIshaan é incomprendido polos seus pais que cren que é preguiceiro e pouco intelixente. Logo decátanse de que o seu fillo ten unha deficiencia de aprendizaxe. Sóavos, verdade?


jueves, 17 de octubre de 2013

LAS LETRAS Y YO: UN CONTO SOBRE A DISLEXIA


Este é un conto ilustrado para entender que é a dislexia, explicado a través dos sentimentos dunha nena que, por moito que se esforza, non aprende as letras como os seus compañeiros. Inclúe audio para facilitar a lectura do neno, e orientacións para pais e educadores. Tamén está indicado para logopedas, psicopedagogos, psicólogos e mestres.

Nas primeiras etapas educativas, as dificultades de aprendizaxe poden chegar a ser angustiantes e desconcertantes para os nenos que as sofren e para os pais e educadores. As autoras deste conto -a nai dunha nena disléxica e unha logopeda- queren achegar a través do relato as súas vivencias e coñecementos para axudar aos nenos con dislexia e ás súas familias.

PODEDES DESCARGALO PINCHANDO NO ENLACE: 

Podedes encontrar máis información en:
http://sandiabooks.com

XOGO EDUCATIVO:CONECTADOS



Deseñado pola Fundación de Axuda contra a Drogadicción (FAD) en colaboración con Google, o xogo pretende promover a reflexión nos menores de 14 a 16 anos sobre o que significa usar responsablemente as novas tecnoloxías e fomentar un uso construtivo de Internet dende o respecto a un mesmo e aos demais.
Trátase dun xogo cuxo obxectivo é superar catro probas que intentan sensibilizar sobre diferentes aspectos das novas tecnoloxías, en especial de Internet e redes sociais.
Unha vez finalizado o periodo de realización do concurso (decembro 2013) concederanse premios aos concursantes que mais puntuación obteñan.
Para entrar a xogar, picar sobre a imaxe.

Se queres mais información sobre como utilizar as novas tecnoloxías de maneira responsable visita "ESTA BIEN SABERLO". Unha guía para manterte seguro e protexido en Internet.

martes, 15 de octubre de 2013

RECURSOS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), xunto co Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, anunciou a actualización do portal Web sobre información e sensibilización contra a violencia de xénero:


Este portal, dirixido aos profesionais dos centros educativos, proporciona diversos materiais de interese para a sensibilización, prevención, detección e intervención en violencia de xénero, especialmente deseñados para mozos.

A páxina Web tamén describe unha serie de actividades (para realizar tanto dentro coma fóra da aula), así como proporciona un listado de recursos de utilidade, tales como contos, lecturas, cancións, guías ou materiais audiovisuais.
Vía:Scooped by OrientaTierra 

lunes, 14 de octubre de 2013

RECURSOS PARA TRABALLAR CO ALUMNADO ASPERGER


Estratexias prácticas para o aula(2002)
Publicacións da Federación Asperger España


Vía: La Clintonera

ACTIVIDADES DE COMPRENSIÓN LECTORA

    Nesta entrada incluo 67 actividades de Comprensión Lectora
    Comprensión lectora- Infantil- Cuentos y leyendas ilustrados por niños: 3-5años - 6-8 años - 9-11 años. CNICE
    Comprensión lectora- Infantil- Els músics de Bremen. zonaClic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- A.L.E. Ayuda a la lectoescritura. Averroes. Leer, escribir, vocabulario, ortografía y varios.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Actividades de comprensión lectora. zonaClic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Animales. Genmàgic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Aplicaciones didácticas. Lecturas con preguntas de compresión y juegos de palabras.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Colócalo correctamente (GenMàgic). Juego de comprensión lectora.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Colócalo. Genmàgic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Comprensión lectora: Animalmanía. zonaClic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Cuentitos Chicomanía. Chicomanía.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Cuentos y leyendas ilustrados por niños: 3-5años - 6-8 años - 9-11 años. CNICE.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Cuentos. zonaClic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Cuerpo humano. Genmàgic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Desayunar, energía para trabajar. zonaClic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- El misterio de la casa encanta. Cuento y comprensión.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Fondo lector. (Averroes). Comprensión lectora y juegos con palabras y frases en varios niveles.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- La Biblioteca Infantil (StoryPlace). Cuentos.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- La casita de chocolate. Hot Potatoes.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Leyendo y aprendiendo con Cervantes y el Quijote. Hot Potatoes.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Mi mundo en palabras (Centro Virtual Cervantes). Varios contenidos. Vocabulario.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Papá perrito Motas. zonaClic.
    Comprensión lectora-1º Ciclo- Leo todo. Librosvivos.net.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Childtopia: comprensión oral y escrita. Mejor usar Firefox. Con ciertas limitaciones. Cambiar idioma. Pulsar NO para seguir.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Childtopia: cuentos. Mejor usar Firefox. Juegos. Con ciertas limitaciones. Cambiar idioma. Pulsar NO para seguir.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Cuentitos Chicomanía. Chicomanía.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Cuentos y leyendas ilustrados por niños: 3-5años - 6-8 años - 9-11 años. CNICE.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Desayunar, energía para trabajar. zonaClic.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Educapeques. Cuentos cortos. Mejor usar Firefox.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Ejercicios basados en la lectura del libro “¡Jo, qué fantasma!” de Fernando Almena. Hot Potatoes.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- El caballo del rey. zonaClic.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- El gallo y el carámbano. zonaClic.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- El misterio de la casa encanta. Cuento y comprensión. Juegos.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Fondo lector. (Averroes). Comprensión lectora y juegos con palabras y frases en varios niveles.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Hilo es hilo es…. zonaClic.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Lechucita va al cole. Rincón solidario.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Lecturas: El viento y el sol. zonaClic.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Lee al revés. Genmàgic.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Lucas. zonaClic.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Mi mundo en palabras (Centro Virtual Cervantes). Varios contenidos. Vocabulario.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Ordena alfabéticamente. Genmàgic.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Talles de lectura. Educapeques. Mejor usar Firefox.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Lectura. Generador. GenMagic.org.
    Comprensión lectora-2º Ciclo- Leo todo. Librosvivos.net.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Actividades de comprensión lectora: el fútbol. zonaClic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Actividades de comprensión lectora. zonaClic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Cuentos y leyendas ilustrados por niños: 3-5años - 6-8 años - 9-11 años.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Desayunar, energía para trabajar. zonaClic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Descifra mensajes. Genmàgic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- El Renacuajo Paseador. zonaClic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Español con Carlitos. Babelnet.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Fondo lector. (Averroes). Comprensión lectora y juegos con palabras y frases en varios niveles.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Lectura comprensiva: los patines en linea. zonaClic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Lectura comprensiva: Los skates. zonaClic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Lengua castellana. zonaClic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Lengua para 3r ciclo de primaria. zonaClic.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Mi mundo en palabras (Centro Virtual Cervantes). Varios contenidos. Vocabulario.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Un dragón despistado. Averroes.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- (5º) ODA. Cuentos con historia - Visualizar. EducarChile.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- (6º) Opiniones y hechos. ODA Leer, opinar y escuchar - Visualizar. EducarChile.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- (Ampliación 2) ODA. ¿Y cómo sigue la historia? -Visualizar. EducarChile.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- (Ampliación 2) ODA. Historietas para contar -Visualizar. EducarChile.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- Leo todo. Librosvivos.net.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- (5º) Lectura. TIC56.
    Comprensión lectora-3º Ciclo- (6º) Lectura. TIC56.
    Comprensión lectora. Buscar más: Tiching.
    Velocidad lectora-1º Ciclo- Página de GenWord - Descarga Generador. GenMagic.org.
    Velocidad lectora-2º Ciclo- Entrenamiento de la velocidad lectora. Junta de Extremadura.