Mostrando entradas con la etiqueta Cancro de mama. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cancro de mama. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de octubre de 2014

MAMÁ SE VA A LA GUERRA: DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA III

Este é un conto nacido dende o corazón e do amor, que con tenrura e sentido do humor achegará luz a moitas persoas.
Érase unha vez un reino gobernado por unha raíña querida e respetada, que recibe a terrible noticia de que o seu territorio foi invadido. Ela é unha muller valente e decidida, á que nada asusta, polo que estará disposta a afrontar esta loita con tesón. Haberá que pelexar duro, gañar moitas batallas, pero ela non está soa, conta con dous príncipes dispostos a defendela de calquera perigo e o mellor equipo de aliados.
Esta conmovedora metáfora sobre a enfermidade do cancro, foi fraguada por Irene Aparici para explicarlles aos seus fillos de 10 e 12 anos que remataban de dignosticarlle cancro de mama, preparándoos para o que lle quedaba por pasar sen asustarlles. Conta Irene que o que se vive no conto é unha representación do que a súa familia vive, e que o día que reuniu a súa familia, os seus fillos e o seu exmarido, para darlles a noticia, utilizou a súa mellor arma, a "confianza e á palabra", utilizando unha linguaxe que puidesen comprender e que lles proporcionase seguridade. "Eu son partidaria de non lles mentir, e así acordámolo a miña ex parella e eu dende o principio. Intentamos modular a verdade ao seu nivel para que fose comprensible para eles; pero sen mentirlles"

Mamá se va a la guerra saíu á luz por un cúmulo de casualidades e grazas ao exército de amigos que ten Irene, cos que mantén unha comunicación fluída a través do seu blog persoal Efecto Luminoso.
Un conto cheo de valentía, solidariedade, pero sobre todo, de esperanza. Está editado por Cuento de Luz







De interés:
Institucións Relacionadas:
Moi Interesante: 
Sete Relatos sobre Cáncro de Mama. Material Interactivo da AECC
   Irene Aparici transformou a súa dura realidade en enerxía positiva. A ela e a todas as mulleres valentes que afrontan esta dura enfermidade, dedicamoslles esta preciosa canción.


TIEMPO PARA MÁS CUENTOS: DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA II


Tiempo para más Cuentos nárranos un episodio importante na vida de dúas irmás, Manuela e Valentina. A súa vida transcorre con normalidade, xogan, van ao cole, son felices cos seus pais.


Cando finaliza a xornada diaria, encántalles que a súa nai lles lea contos, a pesar de que esta non dispón de moito tempo a causa das obrigas diarias. E mentres o desfroitan, encántalles acariciar o seu precioso pelo.




A súa nai ten unha longa melena loura que é admirada por todo o mundo, polas súas fillas, as súas amigas, o seu home. Pero un día, a vida de Manuela e Valentina cambia. A súa nai ponse enferma e deben trasladarse a vivir á casa dos seus tíos. Alí non hai contos para ler, nin a súa nai está para que llos lea, posto que debe pasar unha tempada no hospital para recuperarse e o seu pai coidará dela.


Ao cabo dun tempo, a súa nai regresa á casa, xa saíu do hospital. E aínda que se sorprenden ao vela máis delgada e sen a súa longa melena loura, se decatan de que segue sendo a súa nai. Unha aperta devólvelles o seu olor a primaveira.


E o máis importante, que ata que lle creza a melena, gañaron algo que sempre desexaron: ter tempo para máis contos.
O conto está escrito por Cocha de la Hoz e ilustrado belamente por Pieruz. Tanto palabras coma ilustracións trasládannos a unha situación que moitos nenos e nenas están a vivir a diario. Para eles é difícil entender o proceso desta enfermidade que chega a trastornar o seu ritmo de vida habitual e lles produce incerteza ou soidade. A pesar de que non se nomea a palabra cancro ao longo do conto, adiviñámolo vendo só a portada. Título e portada non deixan dúbida sobre o punto de vista que se pretende transmitir. Pode parecer unha historia moi triste, pero en realidade trasládanos unha mensaxe de esperanza e optimismo en cada unha das súas palabras.
Tempo para máis Contos está editado pola Editorial Pintar-Pintar.

Booktrailer do Conto


EL ÁLBUM DE MAMÁ. DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA


#súmatealrosa

"El álbum de mamá" é un conto infantil presentado por Novartis, que pretende converterse nunha ferramenta de axuda para as nais con cancro de mama metastásico á hora de explicar a enfermidade aos seus fillos, así como as súas consecuencias.


Trátase dunha emotiva historia protagonizada por Mateo, un neno especial que polo seu segundo aniversario recibe un regalo aínda máis especial: Veloz, un cabalo balancín, que ao longo do conto lle vai axudando a comprender todas as fases da enfermidade que padece a súa nai.

A través de VelozMateo encontrará respostas á nova situación de mamá como a caída do pelo, o cansacio de mamá, a estanza no hospital.


"El álbum de mamá" conta co aval da Federación Española de Cancro de Mama (FECMA) e distribuirase en hospitais e asociacións de pacientes de toda España.

Cada nai con cancro de mama metastásico ten a súa propia historia e a súa propia percepción da enfermidade, polo que este conto lles ofrece a visión da situación a través dos ollos dun neno utilizando unha linguaxe común que facilitará a comunicación entre nai e fillo.

A continuación, podedes acceder ao conto integramente na seguinte aplicación:




VÍDEO CONTO "EL ÁLBUM DE MAMÁ"

FECMA: Manifesto Día Internacional do Cancro de Mama. 19 de outubro