Este é un conto nacido dende o corazón e do amor, que con tenrura e sentido do humor achegará luz a moitas persoas.
Érase unha vez un reino gobernado por unha raíña querida e respetada, que recibe a terrible noticia de que o seu territorio foi invadido. Ela é unha muller valente e decidida, á que nada asusta, polo que estará disposta a afrontar esta loita con tesón. Haberá que pelexar duro, gañar moitas batallas, pero ela non está soa, conta con dous príncipes dispostos a defendela de calquera perigo e o mellor equipo de aliados.
Esta conmovedora metáfora sobre a enfermidade do cancro, foi fraguada por Irene Aparici para explicarlles aos seus fillos de 10 e 12 anos que remataban de dignosticarlle cancro de mama, preparándoos para o que lle quedaba por pasar sen asustarlles. Conta Irene que o que se vive no conto é unha representación do que a súa familia vive, e que o día que reuniu a súa familia, os seus fillos e o seu exmarido, para darlles a noticia, utilizou a súa mellor arma, a "confianza e á palabra", utilizando unha linguaxe que puidesen comprender e que lles proporcionase seguridade. "Eu son partidaria de non lles mentir, e así acordámolo a miña ex parella e eu dende o principio. Intentamos modular a verdade ao seu nivel para que fose comprensible para eles; pero sen mentirlles"
Mamá se va a la guerra saíu á luz por un cúmulo de casualidades e grazas ao exército de amigos que ten Irene, cos que mantén unha comunicación fluída a través do seu blog persoal Efecto Luminoso.
Un conto cheo de valentía, solidariedade, pero sobre todo, de esperanza. Está editado por Cuento de Luz
De interés:
Entrevista "Mamá se va a la guerra contra el cáncer" ABC.es
Artículo "Érase una vez una reina que luchaba contra el cáncer" El Mundo Salud
Institucións Relacionadas:
Moi Interesante:
Sete Relatos sobre Cáncro de Mama. Material Interactivo da AECC
Irene Aparici transformou a súa dura realidade en enerxía positiva. A ela e a todas as mulleres valentes que afrontan esta dura enfermidade, dedicamoslles esta preciosa canción.
¡Qué bonito cuento, Pastora! No lo conocía. Gracias por compartirlo. Un beso y muy buen finde!
ResponderEliminar