viernes, 17 de octubre de 2014

TIEMPO PARA MÁS CUENTOS: DÍA INTERNACIONAL DO CANCRO DE MAMA II


Tiempo para más Cuentos nárranos un episodio importante na vida de dúas irmás, Manuela e Valentina. A súa vida transcorre con normalidade, xogan, van ao cole, son felices cos seus pais.


Cando finaliza a xornada diaria, encántalles que a súa nai lles lea contos, a pesar de que esta non dispón de moito tempo a causa das obrigas diarias. E mentres o desfroitan, encántalles acariciar o seu precioso pelo.




A súa nai ten unha longa melena loura que é admirada por todo o mundo, polas súas fillas, as súas amigas, o seu home. Pero un día, a vida de Manuela e Valentina cambia. A súa nai ponse enferma e deben trasladarse a vivir á casa dos seus tíos. Alí non hai contos para ler, nin a súa nai está para que llos lea, posto que debe pasar unha tempada no hospital para recuperarse e o seu pai coidará dela.


Ao cabo dun tempo, a súa nai regresa á casa, xa saíu do hospital. E aínda que se sorprenden ao vela máis delgada e sen a súa longa melena loura, se decatan de que segue sendo a súa nai. Unha aperta devólvelles o seu olor a primaveira.


E o máis importante, que ata que lle creza a melena, gañaron algo que sempre desexaron: ter tempo para máis contos.
O conto está escrito por Cocha de la Hoz e ilustrado belamente por Pieruz. Tanto palabras coma ilustracións trasládannos a unha situación que moitos nenos e nenas están a vivir a diario. Para eles é difícil entender o proceso desta enfermidade que chega a trastornar o seu ritmo de vida habitual e lles produce incerteza ou soidade. A pesar de que non se nomea a palabra cancro ao longo do conto, adiviñámolo vendo só a portada. Título e portada non deixan dúbida sobre o punto de vista que se pretende transmitir. Pode parecer unha historia moi triste, pero en realidade trasládanos unha mensaxe de esperanza e optimismo en cada unha das súas palabras.
Tempo para máis Contos está editado pola Editorial Pintar-Pintar.

Booktrailer do Conto


No hay comentarios:

Publicar un comentario