Mostrando entradas con la etiqueta Avaliación Diagnóstico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avaliación Diagnóstico. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de enero de 2015

AVALIACIÓN DO 3º CURSO DE EDUCACIÓN PRIMARIA


No artigo 20.3 da LOE/LOMCE establécese a realización dunha avaliación, de carácter diagnóstico, en terceiro curso da Educación Primaria, indicando que "os centros docentes realizarán unha avaliación individualizada a todos os alumnos e alumnas ao finalizar o terceiro curso de Educación Primaria". Esta avaliación desenvolverase segundo dispoñan as administracións educativas e "comprobará o grao de dominio das destrezas, capacidades e habilidades en expresión e comprensión oral e escrita, cálculo e resolución de problemas en relación co grao de adquisición da competencia en comunicación lingüística e da competencia matemática".

O Ministerio de Educación, coa finalidade de ofrecer información e orientación á comunidade educativa, ofrece un modelo de probas completas para a avaliación de terceiro curso de Educación Primaria, e o Marco Xeral desta avaliación desenvolvido en colaboración coas Comunidades Autónomas.

Neste enlace e pinchando na imaxe podedes acceder ás probas e a outros exemplos de preguntas liberadas para 4º curso de Educación Primaria.



martes, 5 de noviembre de 2013

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO: PROBAS


As Comunidades Autónomas publican as probas liberadas de cursos anteriores. Estas probas  son instrumentos moi útiles para traballar por competencias co alumnado.


"Competencias Básicas" conten unha relación de probas bastante completa de 4º de Primaria e de 2º de ESO.

Relación de Probas de 4º de EP. Editorial Santillana



viernes, 11 de enero de 2013

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2012-13: 23 e 24 de maio, 4ºde Primaria e 28 e 29 de maio 2º de ESO

As competencias básicas que se avaliarán serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.


Educación primaria

Día 23 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 24 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionarios de contexto

Educación secundaria obrigatoria

Día 28 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 29 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionarios de contexto

jueves, 3 de mayo de 2012

AVALDIA 2011-12: 9 e 10 de maio, 2º ESO e 23 e 24 de maio 4º de Primaria


Envío de instrucións aos centros educativos: 30 de abril de 2012
Data de apertura da aplicación informática avaldia: 3 de maio de 2012
Materiais para a realización da proba: os materiais para a aplicación da proba (cadernos e cuestionario) faranse chegar aos centros educativos con anterioridade ao día de aplicación da proba.
Realización da proba:
Educación secundaria obrigatoria
Día 9 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 10 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionario de contexto
Educación primaria
Día 23 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 24 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionario de contexto
Máis información

miércoles, 18 de mayo de 2011

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO (AVALDIA)


A totalidade do alumnado que cursa 4º de Primaria na nosa Comunidade,  realizará a proba de Avaliación Diagnóstico AVALDIA para avaliar as súas  competencias linguistica, matemática e Competencia para o coñecemento e interacción co medio físico.
Esta avaliación  realizaráse todos os anos e permitirá comprobar os niveis de adquisición de competencias de comunicación lingüística en lingua Castelá e Galega, abarcando a comprensión lectora e a expresión escrita, e o razoamento matemático alcanzados polo alumnado que finaliza o segundo ciclo de Educación Primaria. 
Todos os escolares de 4º de Primaria deberán completar un caderniño de exercicios. A proba realizaráse maña xoves 19 e o 20 de maio nas primeiras sesións lectivas da mañá.

A proba consta tamén dun cuestionario de contexto dirixido ao alumnado, familias, dirección do centro educativo e profesorado titor dos grupos avaliados.

 A realización da proba AVALDIA responde á implantación dunha cultura da avaliación como garantía da mellora efectiva da educación xa que permite, á luz dos resultados obtidos, adoitar decisións que incidan no proceso educativo.