miércoles, 18 de mayo de 2011

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO (AVALDIA)


A totalidade do alumnado que cursa 4º de Primaria na nosa Comunidade,  realizará a proba de Avaliación Diagnóstico AVALDIA para avaliar as súas  competencias linguistica, matemática e Competencia para o coñecemento e interacción co medio físico.
Esta avaliación  realizaráse todos os anos e permitirá comprobar os niveis de adquisición de competencias de comunicación lingüística en lingua Castelá e Galega, abarcando a comprensión lectora e a expresión escrita, e o razoamento matemático alcanzados polo alumnado que finaliza o segundo ciclo de Educación Primaria. 
Todos os escolares de 4º de Primaria deberán completar un caderniño de exercicios. A proba realizaráse maña xoves 19 e o 20 de maio nas primeiras sesións lectivas da mañá.

A proba consta tamén dun cuestionario de contexto dirixido ao alumnado, familias, dirección do centro educativo e profesorado titor dos grupos avaliados.

 A realización da proba AVALDIA responde á implantación dunha cultura da avaliación como garantía da mellora efectiva da educación xa que permite, á luz dos resultados obtidos, adoitar decisións que incidan no proceso educativo. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario