ALUMNADO 4º DE ESO

BENVIDO/A.

Xa estás en 4º de ESO. É un curso para TOMAR DECISIÓNS, algo nada fácil. O obxectivo desta páxina é guiarte neste proceso.
O primeiro que debes saber é que para tomar unha decisión respecto ao teu futuro debes seguir 4 PASOS:

1. " COÑEZOME". Debes averiguar:
• O que se te da ben, é dicir, as túas APTITUDES, HABILIDADES, e COMPETENCIAS.
• O que te gusta, o sexa, os teus INTERESES PROFESIONAIS.
• Qué tipo de PERSONALIDADE E VALORES tes.
Todos estes aspectos son importantes para descubrir a qué profesión ou profesións poderías adaptarte mellor.

Propóñote DOUS CUESTIONARIOS on-line para coñecerte mellor. Ámbolos dous conducente ao campo profesional mais adecuado según as túas respuestas:




Podes facer os dous, ¡comproba si
te sae o mesmo! Pincha nas imaxines.


2. "COÑEZO TODAS AS OPCIÓNS". É fundamental que coñezas todo o que tes para elixir, tanto si obtés o título como si non. Este é o segundo paso, agora que xa te coñeces un pouco mellor.

Para iso, propóñote varias tarefas.

MIRA A SEGUINTE PRESENTACIÓN, darate unha visión xeral de todas as opcións despois de 4º de ESO:




Seguinte tarefa: SE QUERES TER UN DOCUMENTO QUE TE EXPLIQUE QUE É O  BACHARELATO OU UN CICLO FORMATIVO, pincha nos enlaces correspondentes:



Agora, TES QUE COÑECER UN POUCO MELLOR AS PROFESIÓNS, para iso propóñote varias tarefas.  As dúas primeiras, servente para coñecer mellor a Formación Profesional, tanto de Grao Medio como de Grao Superior. Pincha nas imaxines.


Agora ides a investigar PROFESIÓNS POR RAMAS PROFESIONAIS, PINCHA EN CADA OPCIÓN (SERVE PARA CARREIRAS E PARA CICLOS FORMATIVOS):
Como o levas?  aclaraste? Agora tes que coñecer ÓNDE  SE ESTUDA  CADA OPCIÓN:

  • SE O QUE QUERES É  FACER UN CICLO FORMATIVO:
Pincha na imaxen para COÑECER CADA CICLO: QUÉ É E PARA QUÉ SERVE . Tes que seleccionar a Familia Profesional que corresponda:




BUSCA A TÚA PROFESIÓN NOS ESTUDOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL




Nos logos das distintas familias profesionais que se facilitan no enlace anterior podes atopar enquisas das diferentes familias profesionais que serviran para determinar que profesión se axusta máis as túas características persoais.


Pincha nesta outra para saber onde podes estudar o teu Ciclo en Galicia (2010).

  • Se O QUE QUERES É FACER BACHARELATO:

As modalidades de bacharelato de HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS e CIENCIA E TECNOLOXÍA,  podes estudalas no IES Val Miñor. 

O Bacharelato de Artes, sen embargo, só o podes facer en Vigo no IES Politécnico (Torrecedeira).




Para solicitar as becas correspondentes a estes estudos, pincha na imaxen seguinte.