miércoles, 30 de enero de 2013

CONVOCADAS AS PROBAS PARA A OBTENCIÓN DO TÍTULO DE GRADUADO EN EDUCACIÓN SECUNDARIA PARA MAIORES DE DEZAOITO ANOS


  • Os prazos de INSCRICIÓN serán:
– Convocatoria de maio: 2 ao 15 de abril, ambos os dous incluídos.
– Convocatoria de setembro: 1 ao 8 de xullo, ambos os dous incluídos
.

INFORMACIÓN SOBRE AS PROBAS
MODELOS DE PROBAS DOUTROS ANOS
NON OLVIDAROS DE AVISAR AOS COMPAÑEIROS, AMIGOS QUE XA NON ESTÁN NO COLEXIO E  NON OBTIVERON O TÍTULO.

lunes, 28 de enero de 2013

CONTÁXIANSE AS EMOCIÓNS?

A esta pregunta daremos unha resposta despois de visualizar este vídeo de 6 minutos con Elsa Punset sobre o contaxio das emocións. Tende coidado ao mellor podes contaxiarte de risa¡¡¡¡

SÍNDROME DE ASPERGER

Dende o blog Educación y Tecnología recomendan a visualización do Documental de TVE dedicado ao síndrome de Asperger xa que aclara elementos do trastorno e aporta estratexias tanto a familias como a docentes:



Aproveitan tamén para recomendarnos dous libros que poden axudarnos a comprender e facer unha mellor intervención co alumnado que padece este tipo de transtorno. 
1-. El síndrome Asperger. Estrategias prácticas para el aula. Guía para el profesorado


2-. Asperger en el Aula: Historia de Javier


E para os interesados en vídeos sobre o AS, recomendanmos a web US Autism & Asperger Association e sobre todo, o canal de youtube desta asociación .

DÍA INTERNACIONAL DA PAZ.........SOSTIBLE



A raíz de moitas das guerras e conflitos que suceden no mundo está nos recursos naturais: diamantes, ouro, petróleo, auga, madeira… Tratar de resolver os temas de propiedade, control e xestión destes é fundamental para manter a seguridade e restaurar a economía dos países que saen dun conflito. Conseguir que se xestionen ben e con xustiza estes recursos é garantía de paz no futuro. Por iso dende o colexio este ano queremos que neste Día Internacional da PAZ deteñamonos a pensar que podemos facer cada un de nós, paises e personas por respetar a xusta xestión e distribución de recursos naturais. Presentámosvos o noso primeiro mural e a programación de actividades de dinamización que se levarán a cabo nese día e ao longo desa semana.


lunes, 21 de enero de 2013

NOVA CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO E GRAO SUPERIOR

Convocanse para o ano 2013 as Probas de acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior.

     GRAO MEDIO
  • Prazo de presentación de solicitudes: 25 de febreiro ao  8 de marzo, ámbolos dous inclusive.
  • Relación provisional de admitidos:12 de marzo
  • Reclamacións ao listado provisional: 13,14,e 15 de marzo
  • Relación definitiva de admitidos:26 de marzo
  • Día da Proba: 23 de maio
    • Ás 9.00 horas: presentación.
    • Dende as 10.00 ata as 13.00 horas: parte matemática e parte sociolingüística
    • Dende as 16.00 ata as 18.00 horas: parte científico-técnica.
  • Calificacións provisionais: 5 de xuño
  • Calificacións definitivas:  18 de xuño
  • Información na Web:   Probas de acceso ao Grao Medio
  • Información na Web: Probas de acceso ao Grao superior
  • DOG: Lunes, 21 de xaneiro de 2013, Resolución do 10 de xaneiro do 2013

EXERCICIOS PRÁCTICOS PARA A MELLORA DA LECTO-ESCRITURA

Na REVISTA DO CENTRO DO PROFESORADO DE OSUNA-ÉCIJA (MEDIODÍA), presentan exercicios prácticos para traballar co alumnado con trastornos na lingua escrita, divididos nunha serie de apartados.

  • Exercicios prácticos para a mellora da lecto-escritura. Bloque I: Tratamento das sílabas inversas. Educación primaria primeiro e segundo ciclo. (a partir da páxina 127)
  • Exercicios prácticos para a mellora da lecto-escritura. Bloque II: Tratamento das sílabas mixtas. Educación primaria primeiro e segundo ciclo. (a partir da páxina 210)
  • Exercicios prácticos para a mellora da lecto-escritura. Bloque III: Tratamento dos sinfóns inversos. Educación primaria primeiro e segundo ciclo. ( a partir da páxina 328)

INTERVENCIÓN EDUCATIVA NO AULA CON ALUMNOS DE NEE ASOCIADAS A TDA-H


Para os que, ao igual que nos no noso centro, queiran traballar cos alumnos con TDA-H,  presentovos este documento que pode axudarnos moito a planificar a tarefa.
Obradoiro “A intervención co alumnado con NEE asociadas a TDAH no aula ordinaria”, desenvolto no ENCONTRO PROVINCIAL DA REDE DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA sobre Intervención educativa ante os Trastornos Graves de Conducta e Trastornos Específicos de Lectura, celebrado en Baeza, o 31 de maio de 2012.

viernes, 18 de enero de 2013

IDEAS CLAVES PARA A ATENCIÓN AO ALUMNADO CON TDA-H

Publicación de Castilla-La Mancha cuxo obxectivo e axudar a Comunidade Educativa ofrecendo unha serie de ideas, que contextualizadas a realidade de cada alumno-a, poidan servir para a súa atención individualizada.Para acceder pincha na imaxe.

miércoles, 16 de enero de 2013

BOLETÍN INFORMATIVO DA FEAADAH

Este Boletín da feeddah recolle todo tipo de información actualizada referente ao TDAH en todo o Estado Español. Nel podemos atopar as últimas noticias sobre o tema: programas de Televisión, publicacións, protocolos, etc. É o nº 4
http://feaadah.org/es/difusion/boletines/4

martes, 15 de enero de 2013

TDA-H: REPORTAXE INFORME SEMANAL

O 5 por cento dos nenos españois sofren hiperactividade. O déficit de atención ou a inquietude extrema son os síntomas máis visibles de este trastorno psico-neurolóxico. Informe Semanal conviveu con alguns nenos hiperactivos e coas súas familias. O reportaxe é de Nuria Ramos e Mikel Marin. 


REFLEXIONANDO SOBRE A PAZ

Con este vídeo de Mafalda,
entenderédes o que lle pasa ao noso mundo. 



¡¡ Reflexionade !!

CANCIÓN PARA O DÍA DA PAZ

Deixovos a canción que cantaremos todos xuntos o vindeiro día 30 celebrando o DÍA DA PAZ. Así podedes ir ensaiando na casa para aprenderos ben a letra.


lunes, 14 de enero de 2013

ENTREAMENTO DA VELOCIDADE LECTORA

Interesante aplicación para o desenvolvemento e mellora da velocidade lectora, contén manualde instruccións e unha guía para os usuarios. É unha aplicación publicada pola xunta de extremadura.


viernes, 11 de enero de 2013

AVALIACIÓN DIAGNÓSTICO 2012-13: 23 e 24 de maio, 4ºde Primaria e 28 e 29 de maio 2º de ESO

As competencias básicas que se avaliarán serán a competencia en comunicación lingüística, a competencia matemática e a competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.


Educación primaria

Día 23 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 24 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionarios de contexto

Educación secundaria obrigatoria

Día 28 de maio:
  • Competencia matemática
  • Descanso
  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico
Día 29 de maio:
  • Competencia en comunicación lingüística
  • Descanso
  • Cuestionarios de contexto

miércoles, 9 de enero de 2013

MATERIAIS, ENLACES E DOCUMENTOS PARA TRABALLAR O TEMA DA PAZ

Documentos variados sobre os valores da tolerancia, cooperación e convivencia para todas as etapas educativas sobre todo para Primaria e a ESO. Vía Dpto. de Orientación Andujar. Pincha na imaxe


lunes, 7 de enero de 2013

MÉTODOS DE LECTURA

Interensantísimo mural dixital con recursos e enlaces que fan referencia a estratexias e métodos de aprendizaxe da Lecto-escritura. Accede dende a imaxe, está realizado con lino.Vía Dificultades lectoras

CAMBIOS EDUCATIVOS NO 2013

Mañan comezamos un novo trimestre nun novo ano e gustaríame facer miñas nesta entrada as palabras do compañeiro Francisco José Ruiz Rey, que nos propón unha reflexión sobre o  este novo entorno temporal en relación á tecnoloxía e a educación. Parece que invadennos as tablets, os smartphones, os dispositivos movís, a televisión conectada a Internet, os ebooks, HTML 5, sen esquecer a tecnoloxía da nube. Dende o punto de vista educativo, o futuro deparanos cambios nos que o alumno conectase con dispositivos movís a espacios de interese educativo, usa redes sociais e utiliza espazos na nube nos seus procesos de ensino-aprendizaxe. Neste contexto, podemos falar de aprendizaxe por proxectos, avaliación de competencias reais para a resolución de problemas concretos, lugares de aprendizaxe basados na rede, materiais educativos que van máis alá dos libros de texto tradicionais, en definitiva, unha educación dixital e autodidacta. O futuro en educación pasa pola converxencia coa tecnoloxía, integrándoa de forma adecuada nos procesos. Por outra parte, non debemos esquecer que os colexios actuais rixense por horarios e espazos relacionados coa producción en cadena propia da sociedade industrial, pero no futuro próximo este modelo social será reemprazado por novos modelos nos que aparecerán profesións especializadas relacionadas con dispositivos tecnolóxicos que se quedan obsoletos en pouco tempo. Estamos a falar dun modelo enormemente dinámico no que o concepto de alfabetización será sensiblemente distinto ao actual, pois estará relacionado co manexo de información da rede, a habilidade para traballar con dispositivos táctiles e o manexo da intelixencia artificial, xunto coa realidade virtual. Quizáis, haberá que reemprazar o modelo educativo actual e non só transformalo. Desfrutemos con ilusión dos cambios que se aproximan e adquiramos a motivación suficiente para alfabetizarnos como bos profesionais ante estes apasionantes retos. Feliz ano a todos.

O TDA-H NA VIDA DIARIA

Como se sinte unha persoa con TDA-H (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) e TOD (trastorno oposicionista desafiante). Todo é pouco para describir as sensacións, percepcións que pode chegar a sentir unha persoa con este trastorno, a través deste vídeo podemos intuir e coñecer algunhas delas.


domingo, 6 de enero de 2013

MANUAL DE AUTOCONTROL PARA MENORES E ADOLESCENTES EN CONFLITO

Manual  realizado por Inma Araújo López basándose na súa labor sobre autocontrol, tanto individual como grupal , exercida no Centro de Atención ao Menor Alborada de Vigo.
Autora: Inma Araújo López (Centro Atención ao Menor Alborada)
Colaboradores: María Besada Montenegro y Omar Fares Montoya
Vía psicomont
Dende este enlace podedes descargalo en formato pdf

sábado, 5 de enero de 2013

DIFICULTADES E TRASTORNOS DO APRENDIZAXE E DO DESENVOLVEMENTO EN INFANTIL E PRIMARIA

de 

As “Dificultades e trastornos do aprendizaje e do deenvolvemento en Infantil e Primaria “pertencen aos autores Juan Luis Castejón Costa e Leandro Navas Martínez (eds). Edita Club Universitario, Alicante. É do 2011.

TRASTORNOS DE APRENDIZAXE

Co título “Trastornos de Aprendizaxe” presentase unha interesante páx.web Psicodiagnosis.es: Psicología Infantil y Juvenil del psicólogo Sergi Banús Llort. Ten unha ampla información sobre os distintos tratornos de aprendizaxe e tamén do desenvolvemento.

miércoles, 2 de enero de 2013

PAULA E O SEU PELO MULTICOLOR

Conto infantil narrado sobre as emocións. A través das transformacións de Paula imos dando nome ás emocións que sentimos. A partir de facernos preguntas como, Que nos provoca esa emoción?, Que nos fai sentir? e Que debemos facer? imos proporcionando respostas ou solucións para cada tipo de emoción.

A REGLA DE KIKO: GUÍA DIDÁCTICA PARA EDUCADORES

A Campaña "Un de cada Cinco" de sensibilización e prevención da violencia sexual contra nenos, nenas, e adolescentes elaborada polo Consello de Europa ten entre os seus obxectivos promover a sensibilización social e poder dotar aos nenos e nenas, as súas familias e coidadores de coñecementos e ferramentas adecuadas para previr e denunciar os casos de abuso sexual infantil. Para iso desenvolveron varios materiais, e entre outros, un material audiovisual específico para trabajar o tema do abuso sexual infantil cos nenos e nenas de 4 a 7 anos. Esta Guía Didáctica pretende ser unha ferramenta de apoio para os e as profesionais que decidan empregar estos materiais nas aulas ou coas familias e nenos ou nenas cos que traballen.
LA REGLA DE KIKO







PAULA E O HADA DA FROITA

Un bonito conto de Montse Baños ilustrado por Gema Pérez que anima aos nenos a probar e consumir a froita. 
Está producido e editado por saposyprincesas.com, páxina que recomendo a todos aquelesque estedes  interesados no mundo infantil.
Deixovos o enlace dende o que podedes baixalo en formato PDF. Asemesmo axunto o enlace de saposyprincesas.com

PAULA Y EL HADA DE LA FRUTA
saposyprincesas.com

martes, 1 de enero de 2013

LA LUNA

Entrañable curtometraxe dos magos de Pixar. Maxia e poesía en imáxenes; emocións tanto en nenos como en adultos. Moi recomendable.
Máis en --> Psicología emocional