lunes, 7 de enero de 2013

CAMBIOS EDUCATIVOS NO 2013

Mañan comezamos un novo trimestre nun novo ano e gustaríame facer miñas nesta entrada as palabras do compañeiro Francisco José Ruiz Rey, que nos propón unha reflexión sobre o  este novo entorno temporal en relación á tecnoloxía e a educación. Parece que invadennos as tablets, os smartphones, os dispositivos movís, a televisión conectada a Internet, os ebooks, HTML 5, sen esquecer a tecnoloxía da nube. Dende o punto de vista educativo, o futuro deparanos cambios nos que o alumno conectase con dispositivos movís a espacios de interese educativo, usa redes sociais e utiliza espazos na nube nos seus procesos de ensino-aprendizaxe. Neste contexto, podemos falar de aprendizaxe por proxectos, avaliación de competencias reais para a resolución de problemas concretos, lugares de aprendizaxe basados na rede, materiais educativos que van máis alá dos libros de texto tradicionais, en definitiva, unha educación dixital e autodidacta. O futuro en educación pasa pola converxencia coa tecnoloxía, integrándoa de forma adecuada nos procesos. Por outra parte, non debemos esquecer que os colexios actuais rixense por horarios e espazos relacionados coa producción en cadena propia da sociedade industrial, pero no futuro próximo este modelo social será reemprazado por novos modelos nos que aparecerán profesións especializadas relacionadas con dispositivos tecnolóxicos que se quedan obsoletos en pouco tempo. Estamos a falar dun modelo enormemente dinámico no que o concepto de alfabetización será sensiblemente distinto ao actual, pois estará relacionado co manexo de información da rede, a habilidade para traballar con dispositivos táctiles e o manexo da intelixencia artificial, xunto coa realidade virtual. Quizáis, haberá que reemprazar o modelo educativo actual e non só transformalo. Desfrutemos con ilusión dos cambios que se aproximan e adquiramos a motivación suficiente para alfabetizarnos como bos profesionais ante estes apasionantes retos. Feliz ano a todos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario